Anel

Tipo de adorno de xoiería

O anel é un símbolo que se utiliza na celebración dunha voda. Simboliza o compromiso entre os noivos. Tamén recibe o nome de Alianza.

Intercambio de aneis entre os noivos

Rito matrimonial editar

O costume establece que os noivos deben entregarse mutuamente aneis como símbolo de alianza matrimonial, colocándollos na cerimonia nupcial. O anel matrimonial colócase tradicionalmente na man esquerda, no dedo anular.

Con todo, trátase simplemente dun costume que non é esencial na celebración do matrimonio: a súa ausencia non invalida o consentimento dado na cerimonia e, polo tanto, o matrimonio celebrado sen o intercambio dos aneis sería perfectamente válido.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar