Andrew de Moray (anglonormando: Andreu de Moray; latín: Andreas de Moravia), tamén coñecido como Andrew Moray, Andrew of Moray ou Andrew Murray,[1] foi un destacado guerreiro Guerras de independencia de Escocia. Liderou o levantamento do norte de Escocia no verán de 1297 contra a ocupación do Rei Eduardo I de Inglaterra, recuperando con éxito o control da área para o seu rei John Balliol. Eventualmente sumou as súas forzas coas lideradas por William Wallace e xuntos acadaron a vitoria na Batalla da ponte de Stirling. Moray foi mortalmente ferido na loita, morrendo nunha data e lugares descoñecidos a finais de 1297.

Infotaula de personaAndrew de Moray
Biografía
Nacemento1265 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Escocia Editar o valor em Wikidata
Morte1297
Escocia
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeescocés
Actividade
OcupaciónComandante nas Guerras de independencia de Escocia
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarcabaleiro Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSir Andrew Murray, señor de Petty e Bothwell, Gardián de Escocia
PaisAndrew Moray Editar o valor em Wikidata  e Lady NN Comyn, of Badenoch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Moray-96

Notas editar

  1. Barrow, Robert Bruce, fourth edition, p.98.