Andrew Bynum

baloncestista estadounidense

Andrew Lee Bynum, nado o 27 de outubro de 1987 en Plainsboro, Nova Jersey, é un xogador norteamericano de baloncesto que actualmente é axente libre.

Andrew Bynum
Axente libre
Posición Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 27 de outubro de 1987 (36 anos)
Plainsboro, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 129 kg (285 lb)
Información da carreira
Instituto St. Joseph e West Windsor-Plainsboro High School North
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por Los Angeles Lakers
Carreira dende 2005
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2005-2012)
Cleveland Cavaliers (2013-2014)
Indiana Pacers (2014)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2009, 2010)
NBA All-Star (2012)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Instituto editar

Bynum asistiu ao Instituto West Windsor-Plainsboro en Plainsboro, pero foi transferido ao Instituto Solebury en New Hope, Pensilvania, tras o seu ano "freshman". Máis tarde, o seu último destino sería o Instituto St. Joseph en Metuchen, Nova Jersey. No seu ano sénior, Bynum fixo unha media de 22 puntos, 16 rebotes e 5 tapóns por partido.

NBA editar

Aínda que principalmente tiña planeado ir á Universidade de Connecticut, Bynum presentouse ao Draft da NBA de 2005, sendo seleccionado polos Lakers na décima posición. Bynum converteuse no xogador máis novo na historia da NBA en ser drafteado, superando a Jermaine O'Neal, quen foi escollido por Portland Trail Blazers en 1996. Á hora da súa elección, Bynum contaba con 17 anos, 8 meses e 2 días. O 2 de novembro de 2005, Bynum xogou seis minutos no partido que lles enfrontaba a Denver Nuggets, e inmediatamente converteuse no xogador máis novo en xogar un encontro oficial da NBA, con 18 anos e 6 días. No partido, Bynum fallou os dous tiros que tentou, pero colleu dous rebotes e dous tapóns.

Memorable foi tamén o seu incidente con Shaquille O'Neal no partido ante Miami Heat do 16 de xaneiro de 2006, cando O'Neal machucou na cara do rookie, desprazándolle ao chan. Na seguinte posesión, Bynum recibiu o balón, e tras superar a defensa de O'Neal, realizou un mate, devolvéndolle a xogada. Bynum celebrouno e regresou ao seu campo para defender, á vez que empuxou a O'Neal, quen se revolveu golpeando no peito ao mozo dos Lakers. Ambos os xogadores recibiron unha técnica polo incidente.

Tras a súa selección no draft, os Lakers contrataron ao mítico Kareem Abdul-Jabbar como asistente especial dos xogadores interiores do equipo, en especial de Bynum. Cos pivotes Chris Mihm e Kwame Brown lesionados ao comezo da tempada 2006-07, Bynum comezou a campaña como o pivote titular do equipo, sorprendendo a moitos pola rapidez que desenvolvera as súas novas habilidades. En 82 partidos, 53 de titular, Bynum tivo unha media de 7,8 puntos e 5,9 rebotes, axudando aos Lakers a clasificarse para playoffs. Esta tempada está a ser unha xogador clave no grande inicio do seu equipo, cuns números de All-Star e demostrando que é o futuro pivote da segunda franquía máis laureada da historia da NBA, aínda que o mozo pivote sufriu recentemente unha lesión que o mantivo fóra das canchas durante tres meses, estando preparado a tempo para os playoffs.

Na tempada 2011-12, foi escollido por primeira vez para disputar o All-Star Game da NBA. Foi elixido coma o pivote titular da Conferencia Oeste.

O 10 de agosto de 2012, foi traspasado ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre catro equipos que levou a Dwight Howard ós Lakers.[1]

O 19 de xullo de 2013, asinou cos Cleveland Cavaliers.[2]

O 7 de xaneiro de 2014, os Cavaliers traspasaron a Bynum ós Chicago Bulls xunto a varias futuras eleccións do Draft a cambio de Luol Deng.[3] O mesmo día, os Bulls cortaron a Bynum.[4]

O 1 de febreiro de 2014, Bynum asinou cos Indiana Pacers un contrato para o resto da tempada.[5]

Notas editar

  1. "Dwight Howard traded to Los Angeles Lakers - ESPN". Espn.go.com. 2008-01-01. Consultado o 2012-08-11. 
  2. "Cavaliers Sign Andrew Bynum". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de xullo de 2013. Consultado o 19 de xullo de 2013. 
  3. "Bulls acquire multiple draft picks for Deng". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 7 de xaneiro de 2014. 
  4. "Bulls waive center Andrew Bynum". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 7 de xaneiro de 2014. 
  5. "Pacers Sign Andrew Bynum". NBA.com. 1 de febreiro de 2014. Consultado o 1 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar