Andreas Libavius, nado en Halle en 1550 e finado en Coburgo o 25 de xullo de 1616, foi un médico e químico alemán.

Infotaula de personaAndreas Libavius

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1555 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Halle (Saale) Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 1616 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Coburgo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Jena Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina, química, filosofía e historia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , profesor universitario , médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Jena Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua alemá Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Libavius-2

Traxectoria editar

O seu nome era Andreas Libau, pero coñécese co seu apelido latinizado. Traballou como profesor en Ilmenau e Coburgo, e foi profesor en Jena en 1588. En 1597, escribiu o primeiro libro sistemático de química, Alchemia,[1] que incluía instrucións para a preparación de diversos ácidos fortes. Algunhas das súas obras publicounas baixo o pseudónimo de Basilius de Varna.

Realizou importantes achegas á química. Descubriu a propiedade do óxido de ouro de dar cor vermella ao vidro e tamén o cloruro de estaño, que despois se coñeceu co nome de licor de Libavius.

 
Réplica do laboratorio en Rothenburg ob der Tauber.

Escribiu Neo-Paracelsica, Tractatus duo physici, Alchemia (1597),[2] Schediasmata medica et phylosophica, Commentationum metallicarum libri IV (1597),[3] Epitome metallica e Praxis alchimio, entre outras obras.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Comentario sobre Alchemia Arquivado 13 de xuño de 2010 en Wayback Machine., Universidade de Illinois (en inglés).
  2. Alchemia reprodución completa da obra, Universidade Complutense.
  3. Commentationvm Metallicarvm Libri Qvatvor, reprodución íntegra, Herzog August Bibliothek.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hannaway, Owen (1986): "Laboratory Design and the Aim of Science: Andreas Libavius versus Tycho Brahe" in Isis, 77, páxs. 584-610.