Andreas Jäger, nado en 1660 e finado en 1730, foi un filólogo e relixioso sueco, considerado precursor da indoeuropeística.

Infotaula de personaAndreas Jäger
Biografía
Nacemento1660 Editar o valor em Wikidata
Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte1730 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Son escasas as informacións sobre a vida de Jäger, ata tal punto que mesmo a súa data de nacemento e defunción son aproximadas[1]. Estudou probabelmente na Universidade de Uppsala; as súas ideas non acadaron éxito ningún na comunidade científica do seu tempo, tanto que volveu a Uppsala e converteuse en pastor[2].

Obra editar

A Jäger atribúeselle o diálogo De lingua vetustissima Europae Scytho-Celtica et Gothica (xeralmente abreviado en De lingua vetustissima Europae), publicado en Wittenberg en 1686 e que contén a primeira formulación da existencia dun devanceiro común de gran parte das linguas históricas de Europa e da Asia centro-occidental. Para Jäger, grego, latín, linguas xermánicas, linguas célticas, linguas eslavas e persa eran o resultado da evolución dunha lingua extinta, parlada antigamente nos arredores do Cáucaso e á que lle deu o nome de "escitocéltico"[3]. Segundo Jäger, entre as varias linguas xeneticamente emparentadas que conservaban os caracteres de meirande arcaísmo, e polo tanto de maior proximidade coa lingua perdida común, estaban o persa, ao que chamaba "lingua escita"[2][4].

A atribución a Jäger do De lingua vetustissima Europae é aceptada pola meirande parte dos lingüistas, se ben grazas aos argumentos de George J. Metcalf[2] existe a hipótese de que o verdadeiro autor do diálogo non fose o que responde ás cuestións (Jäger, daquela un xove estudante), senón o que as facía: un profesor, polo tanto, ao que se quere identificar con Georg Caspar Kirchmaier[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 (en alemán) (en inglés) (en francés)"John Considine, Did Andreas Jäger or Georg Caspar Kirchmaier write the dissertation De lingua vetustissima Europae (1686)? (abstract)". Consultado o 3 de outubro de 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 (en inglés)"Eugene McKendry, J.G. Sparwenfeld and the Celtic Linguistic in Seventeenth-Century Sweden, p. 183.". Consultado o 3 de outubro de 2009. 
  3. Francisco Villar, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, pp. 19-33.
  4. Os escitas falaban efectivamente unha lingua pertencente á mesma rama indoirania có persa.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar