Andrea de Adamich
Andrea Lodovico de Adamich[1] nado en Trieste o 3 de outubro de 1941 é un expiloto de carreiras de Italia. Participou en 34 Grandes Premios do Mundial de Fórmula Un, facendo a súa debut o 1 de xaneiro de 1968. Anotou un total de 6 puntos de campionato. Tamén participou en numerosas carreiras de Fórmula Un fóra do Campionato.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1941 (82 anos) Trieste |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , piloto de automobilismo , presentador de televisión , piloto de Fórmula Un |
Lingua | Lingua italiana |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
De Adamich naceu en Trieste, pero a familia era orixinaria de Fiume onde o seu devanceiro Andrea Lodovico de Adamich fora un comerciante rico e poderoso.[2] Andrea de Adamich foi un impecable corredor de autos deportivos e de turismo que mostrouse sólido cando se lle pediu que correse na F1, onde foi un dos poucos pilotos de competición que usaban lentes para correr.
Gañou o Campionato de Europa de Coches de Turismo de 1966 no comezo dunha longa relación con Alfa Romeo e fixo a súa debut nun Gran Premio na carreira suráfricana onde o seu Ferrari trompeou nunha mancha de aceite. Máis adiante nesa mesma tempada gañou un torneo suramericano de F2 co Ferrari pero non foi renovado polo xigante italiano e volveu a Alfa Romeo cando volveron á F1 subministrando motores a un terceiro McLaren oficial. De Adamich só terminou unha vez en 1970 no McLaren-Alfa e non tivo máis sorte ao ano seguinte cando Alfa pasou a subministrar motores a March.
En 1972 De Adamich uniuse ao equipo Surtees e terminou nun bo 4º posto no GP de España no Jarama. En 1973 repetiu posto no GP belga en Zolder nun Brabham pero non puido terminar a tempada debido ás feridas sufridas nunha montoneira no Gran Premio do Reino Unido de 1973
De Adamich retirouse ao ano seguinte e converteuse nun respectado xornalista deportivo de televisión na súa Italia natal. Entre 1978 e 2012 dirixiu o programa de televisión "Grand Prix" en Italia.
Posteriormente foi o vicepresidente de N.Technology, que prepara os coches de carreira para Alfa Romeo.
Rexistro de carreiras editar
Resultados completos na Fórmula Un editar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1968 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312/67 | Ferrari 242 3.0 V12 | RSA Ret |
ESP | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | ITA | CAN | USA | MEX | NC | 0 | |||
1970 | Bruce McLaren Motor Racing | McLaren M7D | Alfa Romeo T33 3.0 V8 | RSA | ESP NSC |
MON NSC |
BEL | FRA NC |
GBR NTS |
NC | 0 | |||||||||
McLaren M14D | NED NSC |
ALE NSC |
AUT 12 |
ITA 8 |
CAN Ret |
USA NSC |
MEX | |||||||||||||
1971 | STP March | March 711 | Alfa Romeo T33 3.0 V8 | RSA 13 |
ESP Ret |
MON | NED | FRA Ret |
GBR NC |
ALE Ret |
AUT | ITA Ret |
CAN | USA 11 |
NC | 0 | ||||
1972 | Ceramica Pagnossin Team Surtees | Surtees TS9B | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ARX Ret |
RSA NC |
ESP 4 |
MON 7 |
BEL Ret |
FRA 14 |
GBR Ret |
ALE 13 |
AUT 14 |
ITA Ret |
CAN Ret |
USA Ret |
17º | 3 | |||
1973 | Ceramica Pagnossin Team Surtees | Surtees TS9B | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ARX | BRA | RSA 8 |
16th | 3 | ||||||||||||
Ceramica Pagnossin MRD | Brabham BT37 | ESP Ret |
BEL 4 |
MON 7 |
SWE | FRA Ret |
||||||||||||||
Brabham BT42 | GBR Ret |
NED | ALE | AUT | ITA | CAN | USA |
Resultados nas carreiras de Fórmula 1 fóra de campionatos editar
(Chave) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1967 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312 | Ferrari 242 3.0 V12 | ROC | SPC | INT | SYR | OUL | ESP Ret |
1968 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312 | Ferrari 242 3.0 V12 | ROC NTS |
INT | OUL | |||
1969 | TS Research & Development Ltd | Surtees TS5 | Chevrolet V8 | ROC | INT | MAD | OUL 3 |
||
1972 | Team Surtees | Surtees TS9B | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ROC | BRA | INT | OUL | REP 2 |
VIC 3 |
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans editar
Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1970 | Autodelta SpA | Piers Courage | Alfa Romeo 33/3 | P 3.0 |
222 | Ret | Ret |
1972 | Autodelta SpA | Nino Vaccarella | Alfa Romeo 33/3 | S 3.0 | 307 | 4º | 4º |
Notas editar
- ↑ FIA Year Book of Automobile Sport 1975. Patrick Stephens Ltd. white p. 34. ISBN 0-85059-195-3.
- ↑ Avakumovic, Ivan. “An Episode In The Continental System in the Illyrian Provinces”, The Journal of Economic History, Vol. 14. No 3 (Summer, 1954), pp. 254-261.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrea de Adamich |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas editar
- Profile on Historic RacingArquivado 01 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.