Andrea Mantegna

pintor do Renacemento italiano

Andrea Mantegna, nado en Vicenza c. 1431 e finado en Mantua o 13 de setembro de 1506 foi un pintor e gravador italiano do Renacemento. Foi o primeiro grande artista da Italia setentrional.

Infotaula de personaAndrea Mantegna

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1431 Editar o valor em Wikidata
Isola Mantegna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de setembro de 1506 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Mantua Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Sant'Andrea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pintor de cámara Luís III Gonzaga (pt) Traducir
1468 –
Pintor de cámara Luís III Gonzaga (pt) Traducir
1460 – 1506 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCasa del Mantegna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRepública de Venecia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo italiano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Venecia
Pisa
Roma
Florencia
Padua
Mantua
Verona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , escultor , debuxante , iluminador , gravador de cobre , gravador Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPintura de historia, arte sacra, alegoria (pt) Traducir, pintura de animais (pt) Traducir, pintura mitolóxica, retrato e pintura relixiosa Editar o valor em Wikidata
MovementoRenacemento italiano e Renacemento Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFrancesco Squarcione Editar o valor em Wikidata
AlumnosGaspare da Padova (pt) Traducir e Bernardino Mantegna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNicolosia Bellini (en) Traducir (1453 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosFrancesco Mantegna (pt) Traducir, Ludovico Mantegna (pt) Traducir, Bernardino Mantegna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGentile Bellini (pt) Traducir (cuñado)
Giovanni Bellini (cuñado)
Jacopo Bellini (sogro) Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 5912ad97-58fd-4179-b3f7-1d5602af40f0 Discogs: 2250238 Editar o valor em Wikidata
Detalle dos frescos do Cuarto dos esposos, en Mantua

Traxectoria editar

Primeiros traballos editar

Mantegna naceu na illa de Cartura, preto de Vicenza, segundo fillo do carpinteiro Biagio. Aos once anos comezou como aprendiz de Francesco Squarcione, un pintor de Padua, cuxa vocación inicial de alfaiate foi substituída pola súa paixón pola arte clásica e antiga. Como o seu compatriota Petrarca, Squarcione estaba moi interesado na antiga Roma, viaxando por Italia e talvez por Grecia recadando obras de arte e deseñándoas e pasando os seus estudos aos 137 alumnos que pasaron polas súas mans. Mantegna, o seu pupilo favorito, estudou fragmentos de esculturas romanas e tamén perspectiva. Aos 17 anos deixou o mestre, reclamando despois non recibir a súa parte nas obras realizadas.

Padua era atractiva para artistas novos tanto do Véneto como da Toscana, como Paolo Uccello, Fra Filippo Lippi e Donatello. Así, a carreira de Mantegna estivo fortemente marcada polos traballos da Escola Florentina. O seu primeiro traballo foi unha peza, hoxe perdida, para o altar da igrexa de Santa Sofía, en 1448. O mesmo ano, xunto con Nicolo Pizolo, traballou na decoración da capela Ovetari, da igrexa dos Eremitas. Estas obras perdéronse tamén durante bombardeos na segunda guerra mundial, en 1944, sobrevivindo só algúns estudos feitos para o fresco San Xerónimo ordena súa execución. Pode verse que aínda que o pareza, non é unha copia de ningunha obra clásica romana. Mantegna tamén adoptou o drapeado característico grecorromano nas roupas das súas figuras, aínda que a tensión e a interacción se deba a Donatello. Os deseños preparatorios proban que se empregaron figuras núas na concepción dos traballos. Usaba tamén un punto de vista chamado “ollo do verme”, que alargaba e ampliaba a escena, como se ve en Santísima Trindade coa Virxe e San Xoán.

Mentres o mozo proseguía os seus estudos, caeu baixo a influencia de Jacopo Bellini, pai dos celebrados pintores Gentile e Giovanni Bellini e da moza Nicolosia, con quen Mantegna casou en 1453. Ao mesmo tempo desentendeuse co seu antigo mestre Squarcione, que o criticou, levándoo a deixar Padua, pasando o resto da súa vida entre Verona, Mantua, Roma e probabelmente Venecia. En Verona pintou unha Madona con anxos e santos para o altar da igrexa de San Zeno Maior.

Mantua editar

 
A corte dos Gonzaga, escena do Cuarto dos esposos, Mantua

O marqués Ludovico Gonzaga de Mantua convidou a Mantegna en 1460 para ser o artista da corte polo alto salario para a época de 75 liras mensuais, converténdose no primeiro artista eminente que residiu en Mantua. A súa obra maior do período foi pintada nun apousento do castelo, hoxe coñecido como Cuarto dos esposos, unha serie de frescos que incluían retratos de membros da familia Gonzaga, terminada probabelmente en 1474. Os anos que seguiron non foron felices, a morte do seu fillo Bernardino, de Ludovico, do seu sucesor Federico, que o nomeara cavaliere, e o seu carácter irritábel trouxéronlle amarguras. Non obstante, a elección de Francisco II Gonzaga trouxo novo alento aos artistas. Mantegna comprou unha casa espazosa preto da igrexa de san Sebastián e decorouna cun exceso de pinturas e tamén obras da época do Imperio Romano.

Mantegna foi convidado en 1488 polo papa Inocencio VIII a pintar frescos para a capela do Belvedere, no Vaticano. A serie de frescos, incluíndo un Bautismo de Cristo, foi destruída por orde do papa Pío VI en 1780. O papa Inocencio VIII tratou a Mantegna con menos liberalidade que a corte de Mantua, mais mesmo así a relación, que durou ata 1500, foi satisfactoria para ambos. El aproveitou para estudar os monumentos antigos, mais enfadouse coa cidade. Volveu para Mantua en 1490 cunha visión máis literaria e amarga da antigüidade, e tivo unha forte conexión intelectual coa nova marquesa, a culta e intelixente Isabella d'Este. Trouxo consigo nove pinturas en témpera, Triunfo de Cezar que probabelmente comezara en Roma e terminou en 1492. Estas sempre foron consideradas entre os seus mellores traballos, mais infelizmente, foron danadas por pésimas restauracións.

A despeito da súa saúde declinante, continuaba activo. Outras obras dese período inclúen Madona da caverna, San Sebastián e o famoso Lamentación sobre Cristo Morto, probabelmente pintado para a súa propia capela funeraria. Tamén a Madona da Vitoria, hoxe no Louvre é desa etapa. Pintou A Batalla de Fornovo, onde a vitoria de Francesco Gonzaga aparecería como unha conquista italiana; a igrexa onde a obra estaba orixinariamente tamén foi construída con deseño de Mantegna.

Dende 1497 recibira de Isabella d'Este a tarefa de ilustrar as paredes dos seus apousentos privados no palacio ducal con escenas mitolóxicas inspiradas nos poemas do poeta da corte Paride Ceresara, obras dispersadas os anos seguintes.

Últimos anos editar

 
Lamentación sobre o Cristo Morto, Pinacoteca de Brera, Milán

Trala morte da súa esposa, Mantegna aínda foi pai, en idade avanzada, dun fillo natural, Giovanni Andrea. Tivo tamén varios problemas como o exilio do seu fillo Francesco, que incorreu na ira da marquesa. Finalmente morreu en setembro de 1506. Os seus fillos erixiron un monumento sobre a súa tumba na igrexa de Santo André, onde executara o altar da capela mortuaria. O forro da capela foi decorado por Correggio como unha homenaxe ao gran mestre.

Gravados editar

Aínda que a súa obra como pintor sexa magnífica, Mantegna non foi menor como gravador, aínda que, por non asinar os seus traballos (con excepción dun único en 1472), esta parte da súa obra sexa máis historicamente escura. O que chegou foi que comezou a gravar as súas placas en Roma, baixo a influencia de Baccio Baldini e Sandro Botticelli, mais parece que xa en Padua traballaría so a tutela dun famoso ourive chamado Niccoló. Supostamente existen preto de cincuenta placas, unhas trinta indiscutíbeis como obra súa, grandes, ben estudadas, con moitas figuras. As principais serían Triunfos romanos, Bacanais, Hércules e Antaeus, Deuses mariños, Judit coa cabeza de Holofernes, Descendemento da cruz, Ressurrección e Madona da gruta. A súa técnica caracterízase polas formas fortemente marcadas e as sombras oblicuas e formais. Os gravados executábanse en follas de cobre e as edicións eran tiradas en dúas formas, suave, con presión manual, e usando prensa, onde a tinta é máis forte.

Legado editar

 
San Xerónimo penitente no deserto, Museo de Arte de São Paulo, São Paulo
 
Judit e Holofernes, National Gallery of Art, Washington, D.C.

Aínda que substancialmente relacionada co século XV, a influencia de Mantegna está ben marcada no estilo e as tendencias da arte italiana da súa época. Giovanni Bellini nos seus primeiros traballos obviamente seguiu os pasos do seu cuñado. Albrecht Dürer foi influenciado polo seu estilo durante as súas dúas viaxes a Italia. Leonardo da Vinci tomou de Mantegna o uso da decoración con festóns e froitas. Mais o maior legado é considerado a introdución dun ilusionismo espacial, sexa en frescos ou en pinturas sacras; a súa tradición de decorar forros foi seguida durante tres séculos. Inspirándose no Cuarto dos esposos, Correggio produciu a súa obra maior do domo da catedral de Parma baseado na pescuda de Mantegna sobre a perspectiva.

Obras editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar