Andréy Konstantínovich Gueim (en ruso Андрей Константинович Гейм), nado en Sochi (Unión Soviética) o 21 de outubro de 1958, é un físico holandés de orixe alemá do Volga de Rusia.

Andre Geim
Datos persoais
Nacemento21 de outubro de 1958
LugarSochi (Unión Soviética)
ResidenciaInglaterra
NacionalidadeHolandesa e rusa
CónxuxeIrina Grigorieva
Actividade
CampoFísica
Alma máterInstituto de Física e Tecnoloxía de Moscova
Contribucións e premios
Coñecido porTraballos sobre o grafeno xunto con Konstantin Novoselov.
PremiosPremio Nobel de Física (2010)
editar datos en Wikidata ]
Unha ra viva en levitación magnética. Por este experimento, Andre Gueim da Universidade de Nimega e Sir Michael Berry da Universidade de Bristol gañaron no ano 2000 o Premio Ig Nobel da física.

Traxectoria editar

É coñecido polo seu traballo no grafeno,[1][2] o desenvolvemento da cinta de geco e demostracións de levitación diamagnética. O 5 de outubro de 2010, foi galardoado co Premio Nobel de Física xunto con Konstantín Novosiólov. Previamente, no ano 2000 gañou un Ig Nobel por conseguir facer levitar unha ra con imáns,[3] converténdose na primeira persoa en gañar un Premio Nobel e un premio Ig Nobel.[4]

Notas editar

  1. "22 de outubro 2004: O descubrimento do grafeno" (en inglés). outubro de 2009. Consultado o 6 de outubro de 2010. 
  2. Novoselov, K.S. et al. Electric Field Effect in Atomically Thin Carbon Films. Science 306, 666 (2004) doi 10.1126/science.1102896
  3. "2010 Nobel Prize in Physics announcement". Nobelprize.org. Consultado o 05-10-2010. 
  4. "Geim convértese no primeiro gañador do Nobel e do Ig Nobel". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar