Andrónico II Paleólogo

Andrónico II Paleólogo (1260 - 13 de febreiro de 1332), emperador bizantino, foi o fillo máis vello de Miguel VIII Paleólogo, a quen sucedeu en 1282. Reinou ata 1328.

Infotaula de personaAndrónico II Paleólogo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀνδρόνικος Παλαιολόγος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1259 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
İznik (Imperio Bizantino) Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 1332 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Byzantine emperor (en) Traducir
11 de decembro de 1282 – 24 de maio de 1328
← Miguel VIII PaleólogoAndrónico III Paleólogo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEmperador Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Paleólogo Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIrene de Monferrato (pt) Traducir (1285 (Gregoriano)–)
Ana da Hungria (pt) Traducir (1273 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosMiguel IX Paleólogo, Constantino Paleólogo (pt) Traducir, Irene Paleologina (en) Traducir, Maria Palaiologina (en) Traducir, Bartholomaios Palaiologos (en) Traducir, Demétrio Paleólogo (filho de Andrônico II) (pt) Traducir, Simonida Paleóloga (pt) Traducir, João Paleólogo (pt) Traducir, Teodoro I de Montferrato, Maria notha Palaiologaina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMiguel VIII Paleólogo Editar o valor em Wikidata  e Teodora Ducaina Vatatzina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMaria Paleóloga (pt) Traducir, Eudóxia Paleóloga (pt) Traducir, Irene Paleóloga (pt) Traducir, Anna Palaiologina (en) Traducir, Teodoro Paleólogo (pt) Traducir e Constantino Paleólogo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Palaiologos-7
Moeda de Andrónico II.

Traxectoria editar

Durante o seu reinado, deixou que a frota, que o seu pai organizara, entrase en decadencia, e deste xeito ao imperio resultoulle máis difícil opoñerse ás demandas de tributo por parte das potencias rivais de Venecia e Xénova.

Na súa época, os turcos otománs baixo Osman I conquistaron case toda Bitinia. Para loitar contra eles, o emperador pediu axuda ao catalán Roger de Flor, capitán dun rexemento de mercenarios aragoneses e cataláns coñecidos como os Almogávares. Os turcos foron derrotados, pero Roger de Flor converteuse nun inimigo de talle similar para o poder imperial. Roger foi asasinado polo fillo de Andrónico e co-emperador (ao que a miúdo se coñece como Miguel IX, aínda que nunca reinou no seu propio nome) en 1305. Os almogávares, mercenarios de Roger de Flor (tamén coñecidos como a Gran Compañía Catalá ou, en catalán, a Companyia Catalá) declararon a guerra a Andrónico e, tras devastar Tracia e Macedonia, conquistaron o Ducado de Atenas e Tebas.

A partir de 1320, o emperador estivo en guerra co seu neto Andrónico. Abdicou en 1328 e morreu en 1332.

En 1274 casou con Ana de Hungría, filla do rei Estevo V, con quen tivo dous fillos:

  1. Miguel IX Paleólogo.
  2. Constantino.

Trala morte desta en 1281, Andrónico casou con Iolanda, filla de Guillerme IX de Montferrato, que tomou o nome de Irene e lle deu catro fillos:

  1. Xoán (h. 1286 - 1308).
  2. Teodoro I, marqués de Montferrato (1291 - 1338).
  3. Demetrio (morreu logo de 1343).
  4. Simonis (1294 - logo de 1336), que casou co rei de Serbia, Estevo II Uroš Milutin.

Tamén tivo, polo menos, dúas fillas ilexítimas:

  1. Irene, esposa de Xoán II, déspota de Tesalia.
  2. María, esposa de Tokhta ou Tojta, khan da Horda de Ouro.
Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel VIII Paleólogo
Andrónico II Paleólogo
Precede a:
Andrónico III Paleólogo
Dinastía Paleólogo