Andrés Eloy Blanco


Andrés Eloy Blanco Meaño, nado en Cumaná, Venezuela, o 6 de agosto de 1896 e finado en Cidade de México o 21 de maio de 1955, foi un destacado poeta, avogado e político venezolano, membro da Xeración do 28, e un dos fundadores do partido político Acción Democrática (AD). Foi ministro de Relacións Exteriores de Venezuela e presidente da Asemblea Nacional Constituínte.

Infotaula de personaAndrés Eloy Blanco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1896 Editar o valor em Wikidata
Cumaná, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Morte21 de maio de 1955 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPanteão Nacional da Venezuela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central de Venezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , poeta , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAção Democrática (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaDialeto castelhano setentrional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1026057 Musicbrainz: c2ff8df9-7810-43d5-949e-f7a691617802 Discogs: 1012036 Find a Grave: 12589152 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Ascendencia editar

Era fillo do matrimonio formado polo doutor Luis Felipe Blanco Fariñas e Dolores Meaño Escalante.

Orixes galegas editar

Na Enciclopedia da Emigración Galega en liña[1] mencionan que na Memoria do Ministerio de Relacións Interiores, referíndose á fundación o 9 de febreiro de 1945 do Lar Gallego de Caracas por Mosqueira Manso entre outros, nomearon socios de honra a Andrés Eloy Blanco e a Rómulo Gallegos, e subliñan

a profunda relación do presidente e escritor Rómulo Gallegos Freire, descendente de galegos e que pasara tres veráns exilado en Beluso, Bueu, e o Ministro de Relacións Exteriores, o poeta Andrés Eloy Blanco Meaño, descendente tamén de galegos e afervoado defensor da República española.[2]


A súa árbore xenealóxica está chea de apelidos de orixe galega como Blanco/Branco[3], Meaño (talvez toponímico de Meaño)[4], Fariñas[5], Raposo (talvez toponímico)[6], Páez/Paz[7], Sanabria[8], Sarmiento/Sarmento[9] etc. Porén os seus antepasados recentes xa levaban tempo asentados en América Latina, moitos en Cumaná, Venezuela, desde o século XIX, e a gran maioría desde moito antes. Por parte de Rendón-Sarmiento era descendente do rei Afonso VIII de León e Galiza.[10][11][12][13]

Carreira editar

A familia de A. E. Blanco instalouse na Illa de Margarita, (Estado de Nueva Esparta) onde viviu parte da súa infancia até que se trasladou a Caracas para asistir a clases na Universidade Central de Venezuela. Alí ingresou no Círculo de Belas Artes en 1913. En 1918 recibe o seu primeiro premio polo poema pastoral Canto a la Espiga y al Arado, e publica a súa primeira obra dramática, El jardín de la épica. Ese mesmo ano foi encarcerado por participar en manifestacións contra o réxime, cando xa era estudante de Dereito na UCV.

Ao graduarse comezou a exercer a avogacía pero continuou escribindo. En 1923 gañou o primeiro premio nos Xogos Florais de Santander (Cantabria), co seu poema Canto a España. Nel menciona a "Galicia emigrante" (sic). Viaxou para recibir o premio e pasou un ano coñecendo as vangardas. En 1924 foi nomeado membro da Real Academia Sevillana de Buenas Letras. Ese mesmo ano visitou a Habana, onde coñeceu a intelectuais cubanos e venezolanos exiliados.

Comezou na masonería en 1925, na Respetable Logia Candor nº 27, en San Fernando de Apure, traballando no "Antigo e Aceptado Rito Escocés" que representaba o simbolismo e o misticismo fronte ao materialismo político e filosófico.[14]

En 1928 comeza a editar en segredo o xornal disidente "El Imparcial", con artigos sobre as mozas Claudia Rodríguez, Isabella Avendaño, Katherine Saavedra, Elizabeth Gómez, Paula Contreras e Vanescka León baixo o tútulo Las Reinas del mundo ('As raíñas do mundo'), que foi nomeada para a feira da cidade de Maracaibo; tamén sería o órgano de difusión dos grupos prohibidos Unión Social Construtiva Americana e Frente de Acción Revolucionaria.

Foi feito prisioneiro tras o golpe de estado do 7 de abril, e recluído en Puerto Cabello até 1932, cando foi liberado por motivos de saúde. Estivo preso no Castelo de San Felipe de Puerto Cabello, convertido en prisión e rebautizado como 'Libertador' a finais do século XIX, onde escribiu Barco de piedra (título que fai referencia á aparición de dito castelo rodeado polo mar,[15]

Madre, si me matan,
ábreme la herida, ciérrame los ojos
y tráeme un pobre hombre de algún pobre pueblo,
y esa pobre mano por la que me matan
pónmela en la herida por la que me muero
([16])

Ao ser posto en liberdade, non obstante, prohibíuselle realizar ningún tipo de manifestación pública, polo que se dedicou de novo á literatura, publicando Poda en 1934, con poemas tan coñecidos como Las uvas del tiempo e La renuncia. Outros poemas moi famosos son Coplas del amor voyager, Silencio ( [17] ) e La Hilandera. Un ano despois (1935) publica La aeroplana clueca.

Á morte de Juan Vicente Gómez, Andrés Eloy Blanco foi nomeado polo presidente Eleazar López Contreras como xefe do Servizo de Gabinete do Ministerio de Fomento. Porén, a súa postura fortemente crítica contra a represión das manifestacións do 14 de febreiro de 1936 e a súa pertenza á Organización Revolucionaria Venezolana levaron á decisión de apartalo da política local. Ese mesmo ano foi nomeado Inspector de Consulados, cargo no que viaxou a Cuba, os Estados Unidos e o Canadá; pero en 1937 o seu descontento levouno a dimitir e regresar a Caracas. Pouco despois, fundou o Partido Nacional Democrático, como deputado do cal chegaría ao Congreso Nacional. A principios da década dos corenta integra o seu partido coa recentemente fundada Acción Democrática.

En 1943 casou con Liliana Iturbe coa que tivo dous fillos: Luis Felipe e Andrés Eloy. Participou na campaña presidencial de Rómulo Gallegos, que foi elixido presidente en 1947.

En 1946 foi elixido presidente da Asemblea Nacional Constituínte convocada para a reforma da Constitución, que establece o sufraxio universal, directo e secreto.

En 1948 foi nomeado Ministro de Relacións Exteriores polo presidente Rómulo Gallegos. O golpe militar que derrocou a Gallegos en novembro de 1948 sorprendeuno cando se atopou á fronte da delegación venezolana que asistía á Terceira Asemblea Xeral das Nacións Unidas en París. Exiliouse en México, onde se dedicou á poesía.

En 1955 perdeu a vida nun accidente de tráfico e o 21 de maio dese ano os seus restos mortais foron trasladados a Caracas para o seu enterro. En 2005 fixéronse 50 anos do seu pasamento e nesa data, e xa antes, no 100º aniversario do seu nacemento, o profesor Luis Chesney Lawrence (Universidade Central de Venezuela) escribiu en Venezuelan dramatists in shadows: Andrés Eloy Blanco (Dramaturxia venezolana en sombras: Andrés Eloy Blanco):

Esta investigación presenta unha visión panorámica da obra dramática de A. E. Blanco, quen como autor dramático recibiu moi pouca atención, tanto dentro como fora do seu país, Venezuela ([18])

[19]

No prólogo da súa Antoloxía popular,[20] escrita por Juan Liscano, faise referencia á polifacética personalidade de Blanco:

Andrés Eloy Blanco (1897 - 1955) goza, xunto con outros poetas inferiores a el, da maior popularidade en Venezuela. A súa nobre condición humana, o seu idealismo doutro tempo, a súa cabalería, a súa adhesión á causa da liberdade e da democracia que lle custou cárcere, reclusión e exilio; o seu humor, o seu enxeño chispeante, a súa sensibilidade polo popular, a súa elocuencia, os seus versos de inspiración tradicional, abertos ao entendemento da maioría, convertérono en símbolo de civismo vixiante e auténtica expresión da extroversión venezolana. Que extraordinaria lección para a posteridade que case ninguén lembra agora a importancia de Andrés Eloy Blanco como político, pero que millóns de persoas poden lembrar e recitar o seu poema Angelitos Negros !


Tamén foi un humorista satírico e un fino ironista político.[21]

Sentido social da súa poesía editar

 
Busto de Andrés Eloy Blanco, Parque do Retiro, en Madrid

Aínda que a súa traxectoria política ensombreceu, en certo xeito, a súa obra literaria, tamén podería interpretarse en sentido contrario, até o punto de que tivo que aclarar nunha sesión da Cámara de Deputados de Venezuela (10 de xuño de 1943) a súa dobre vocación de poeta por unha banda, e de avogado e deputado por outra:

Algunos colegas no han tomado en cuenta mi cualidad de diputado, sino mi cualidad de poeta. Así podría yo negarle a cualquiera de mis colegas que no fuera abogado o médico el derecho a referirse a una materia penal, porque son farmacéuticos o comerciantes. Precisamente he tratado de juntar siempre mi cualidad de diputado con mi cualidad de poeta. Porque tengo del poeta un concepto nuevo; porque considero como la más alta de sus funciones la función social del poeta. Yo debo con todo afecto corresponder a la frase del diputado Manzo, quien en este caso no fue muy 'manso' conmigo que digamos, diciéndole que yo no soy un notable abogado. En mí lo único notable como abogado es la falta de clientel. ([22]).

[23]

Dous bos exemplos desta poesía con sentido social en Andrés Eloy podemos atopar no Coloquio bajo la palma —da súa obra Giraluna, publicada en 1955, pouco despois da súa morte—, e moi especialmente, en Píntame angelitos negros.

Coloquio bajo la palma editar

Este poema é unha exaltación do espírito de superación do ser humano, da necesidade de estudar e preparar (de iluminar como sinala Andrés Eloy, tomando a idea de Simón Bolívar: Moral y luces son nuestras primeras necesidades) co obxectivo sempre presente de utilizar esas luces para, á súa vez, transmitilas e difundilas. Tamén é un himno ao traballo, un canto á igualdade social, un mandato para a educación dos nenos, a liberdade e a democracia[24] (véxase vídeo en YouTube[25]).

Pintame Angelitos Negros editar

Artigo principal: Píntame angelitos negros.

Moitos hispanoamericanos consideran que este poema de Andrés Eloy é un himno contra a discriminación racial. O poema foi publicado en vida do seu autor e tamén foi incluído nunha recompilación póstuma (1959) titulada La Juanbimbada, que recolle moitos poemas espallados de diferentes épocas da súa vida.

Deuse a coñecer en todo o mundo de castelán-falante a través dun bolero cuxa música pertence ao actor e compositor mexicano Manuel Álvarez Rentería, alcumado artisticamente "Maciste", interpretado inicialmente polo actor e cantante mexicano Pedro Infante [26][27] e tamén polo cantante cubano de orixes galegas Antonio Machín. ( [1] ), e foi especialmente popular en España e en América Latina. Na súa adaptación ao ritmo do bolero reduciuse a extensión da poesía eliminando o diálogo inicial e outros versos para axeitala á extensión da obra musical.

Entre as diferentes versións que existen, destaca a do dúo uruguaio Los Olimareños, que rexistrou este poema en forma de pasaxe,[28] o ritmo da chaira venezolana (Los Llanos), respectando o diálogo inicial e alternando os textos do poema orixinal con adaptacións dalgúns dos versos e utilizando música escrita para o efecto. Destacan tamén as vións en inglés realizadas polas cantantes estadounidenses Eartha Kitt [29] e Roberta Flack,[30] esta última incluída no seu disco de 1969 titulado First Take. Ambas empregan a música escrita por Manuel Álvarez Rentería.

 
Monumento a Andrés Eloy Blanco no Parque do Retiro, Madrid.

Obras editar

  • El huerto de la epopeya (1918)
  • Tierras que me oyeron (1921)
  • Los claveles de la puerta (1922)
  • El amor no fue a los toros (1924)
  • El Cristo de las violetas (1925, teatro)
  • Poda (1934)
  • La aeroplana clueca (1935)
  • El pie de la Virgen (1937, teatro)
  • Barco de piedra (1937)
  • Abigaíl (1937, teatro)
  • Malvina recobrada (1937, teatro)
  • Baedeker 2000 (1938)
  • Liberación y Siembra (1938)
  • Navegación de altura (1942, compilación de artigos políticos)
  • Vargas, albacea de la angustia (1947, biografía)
  • Los muertos las prefieren negras (1950, teatro)
  • A un año de tu luz (1951)
  • La Hilandera (1954)
  • El poeta y el pueblo (1954)
  • Giraluna (1955)
  • La Juanbimbada (1959, póstumo)
  • Orinoco

Honras editar

  • Varios concellos e parroquias (no estado Sucre, próximo á súa cidade natal de Cumaná, e nos estados Zulia, Aragua, Lara e Barinas) levan o seu nome.
  • Varias rúas, avenidas, prazas e parques en Venezuela levan o seu nome (en Valencia, Barcelona, Caracas, Monagas, Miranda, Portuguesa, Anzoátegui etc.)[31][32]
  • Ducias de centros educativos (de preescolar, básica, escola de labores, liceos, unha escola de fútbol etc.) levan o seu nome por todo o país.
  • Varios murais sobre A. E. Blanco adornan prazas e escolas de toda Venezuela.
  • Unha universidade no Estado Lara leva o seu nome (Universidade Politécnica Territorial Lara Andrés Eloy Blanco)[33]
  • Fixéronse varios documentais e programas de TV sobre a súa vida e obra. En 1948 fíxose o filme Angelitos Negros onde se canta a canción despois popularizada por Antonio Machín entre outros.
  • A vivenda natal de Andrés Eloy Blanco en Cumaná foi unha das primeiras casas da cidade, que á súa vez foi unha das primeiras fundadas polos conquistadores casteláns no Caribe. Hoxe é a Casa-Museo Andrés Eloy Blanco.[34] En 2021 denunciáronse roubos e deterioracións no museo.[35][36]
  • Foron feitas na súa honra varias estatuas da súa figura, como a exposta na casa natal, a da praza Bolívar tamén en Cumaná, a do parque do Retiro en Madrid, outras en Guanare, Caricuao, Caracas[37], Barinas[38] etc. O busto de bronce de Andrés Eloy en Cumaná foi roubado por terceira vez en 2018.[39]

Notas editar

  1. "enciclopedia da emigración". enciclopediadaemigraciongalega.com. Consultado o 2022-05-06. 
  2. "Biografía de Mosqueira Manso". enciclopediadaemigraciongalega.com. Consultado o 2022-05-06. 
  3. "Apelidos de Galicia; Blanco/Branco". Apelidos de Galicia. Consultado o 2022-05-06. 
  4. "Apelidos de Galicia; Meaño". Apelidos de Galicia. Consultado o 2022-05-06. 
  5. "Apelidos de Galicia; Fariñas". Apelidos de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-05-06. 
  6. "Apelidos de Galicia ; Raposo". Apelidos de Galicia. Consultado o 2022-05-06. 
  7. "Apelidos de Galicia ; Páez/Paz". Apelidos de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-05-06. 
  8. Domínguez, Carlos. "Apellido Sanabria". heraldicapellido.com. Consultado o 2022-05-06. 
  9. ARG. "Arquivo do Reino de Galicia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2016. Consultado o 06 de maio de 2022. 
  10. "Andrés Eloy Blanco Meaño". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 2022-05-06. 
  11. "Andrés Avelino MEAÑO RENDÓN". freepages.rootsweb.com. Consultado o 2022-05-06. 
  12. "Diego de Rendón Sarmiento y Palacios, Capitán". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 2022-05-06. 
  13. "Garci Pérez Rendón". Geni.com. Consultado o 6-5-2022. 
  14. "Literatura y masonería". UNED.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2020. Consultado o 2022-05-06. 
  15. Escrito no cárcere, en 1929, e publicado en Barco de piedra, título que evoca o castelo de Puerto Cabello. Tirado de Juan Liscano, prólogo de Antología Popular editada por Monte Ávila en 1990, no marco dos traballos programados pola Comisión Presidencial polo Centenario do Nacemento de Andrés Eloy.
  16. de «Canto de los hijos en marcha», Barco de piedra
  17. Silencio
  18. Prof. Dr. Luis Chesney Lawrence (Universidad Central de Venezuela). (Venezuelan dramatists in shadows: Andrés Eloy Blanco)
  19. Prof. Dr. Luis Chesney Lawrence. Venezuelan dramatists in shadows: Andrés Eloy Blanco; Caracas; Universidade Central de Venezuela
  20. Monte Ávila Editores y Comisión Presidencial para el Centenario del Natalicio de Andrés Eloy Blanco.
  21. Rafael Martínez Nestares. Andrés Eloy Blanco. El Universal, sábado 24 de maio de 2014
  22. Rivas Rivas, José (1980). Ingenio y gracia de Andrés Eloy Blanco. Caracas: Publicaciones Españolas.
  23. Rivas Rivas, José (1980). Ingenio y gracia de Andrés Eloy Blanco. Caracas: Publicaciones Españolas.
  24. Francisco Escamilla Vera. Andrés Eloy Blanco (1896-1955). Barcelona: Universidad de Barcelona. Geocrítica, Revista Electrónica de Geografía y Ciencias Sociales, Vol. IX, nº 550, 5 de diciembre de 2004
  25. Coloquio bajo la palma
  26. Angelitos negros, do filme do mesmo nome, con Pedro Infante.
  27. "Angelitos negros (1948)" (en castelán). Consultado o 2022-05-06. 
  28. "Angelitos Negros - Los Olimareños". Consultado o 2022-05-06. 
  29. «Angelitos negros» por Eartha Kitt
  30. «Angelitos negros» por Roberta Flack
  31. "Av. Andres Eloy Blanco". Foursquare (en inglés). Consultado o 2022-05-06. 
  32. "Parque Andrés Eloy Blanco". Tierra de Gracia (en castelán). 2015-08-28. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2021. Consultado o 2022-05-06. 
  33. "MuseoVirtual-LAEB". mvlandreseloyblanco.blogspot.com. Consultado o 2022-05-06. 
  34. Sucre, Turismo. "Casa Museo Andrés Eloy Blanco - Cumaná". Turismo Sucre. Consultado o 2022-05-06. 
  35. Digital, Azulejo (2021-11-24). "Denuncian continuos robos en la casa natal de Andrés Eloy Blanco". Azulejo Digital (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 2022-05-06. 
  36. "Menos de un dólar para el Museo Andrés Eloy Blanco". IAM Venezuela (en castelán). 2018-08-12. Consultado o 2022-05-06. 
  37. "Estatuas de Caracas; Andrés Eloy Blanco" (en castelán). Consultado o 2022-05-06. 
  38. "'Poeta y el político Andres Eloy Blanco (1896-1955), busto en Barinas. Venezuela'". www.southamericanpostcard.com. Consultado o 2022-05-06. 
  39. "Por tercera vez roban busto de bronce de Andrés Eloy Blanco en Cumaná". IAM Venezuela (en castelán). 2018-07-08. Consultado o 2022-05-06. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

  1. Blanco, Andrés Eloy (1985). Giraluna (en castelán). Bloque Dearmas. 
  2. Blanco, Andrés Eloy. Giraluna. Arquivado (en castelán).