André Schürrle

futbolista alemán

André Horst Schürrle, nado en Ludwigshafen, Renania-Palatinado, o 6 de novembro de 1990, é un futbolista internacional alemán que xoga como dianteiro para o FC Spartak de Moscova.

André Schürrle
Información persoal
Nome André Horst Schürrle
Nacemento 6 de novembro de 1990 (33 anos)
Lugar de nacemento Ludwigshafen am Rhein
Altura 1,84 m
Posición Dianteiro / Extremo
Información de club
Club actual Spartak de Moscova
Número 20
Carreira xuvenil
1996–2006 Ludwigshafener SC
2006–2009 Mainz 05
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2011 Mainz 05 66 (20)
2011–2013 Bayer Leverkusen 65 (18)
2013–2015 Chelsea 44 (11)
2015–2016 Wolfsburg 43 (10)
2016– Borussia Dortmund 33 (3)
2018–2019Fulham (cedido) 24 (6)
2019–Spartak de Moscova (cedido) 13 (1)
Selección nacional
2008–2009 Alemaña Sub-19 11 (4)
2009 Alemaña Sub-20 1 (1)
2009–2010 Alemaña Sub-21 4 (3)
2010– Alemaña 57 (22)
Na rede
http://www.andre-schuerrle.de/
Facebook: andre.schuerrle Twitter: Andre_Schuerrle Instagram: andreschuerrle FIFA: 306548 UEFA: 250005337 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 8 de decembro de 2019.
Selección: actualizado a 26 de marzo de 2017.editar datos en Wikidata ]

Trayectoria editar

Schürrle uniuse ao 1. FSV Mainz 05 en 2006, xogando nas categorías inferiores até principios de 2009. En xullo de 2009 convértese en futbolista profesional, facendo o seu debut na Bundesliga pouco despois: debutaría na máxima categoría do fútbol alemán no empate 2-2 ante o Bayer Leverkusen. Pouco despois, o 19 de setembro de 2009, anota os seus dous primeiros goles na vitoria por 3-2 ante o VfL Bochum, finalizando a tempada con cinco goles. Pouco despois de comezar a tempada 2010-11, nun partido contra Bayer 04 Leverkusen, o propio club anuncia a súa fichaxe pouco tempo despois para a tempada 2011-12.

O 13 de xuño do 2013 anúnciase a súa fichaxe polo Chelsea FC por medio da páxina oficial do club londiniense, nun traspaso que roldou os 25 millóns de euros.. O 25 de xuño do 2013, foi presentado oficialmente polo club, o cal lle daría un contrato por 4 anos, dándolle o dorsal 14,[1]. O xogador declarou: "Estou tan feliz agora que asinei e é unha honra para min xogar para este club, con este equipo e estes grandes fans. Estou moi entusiasmado con iso". Foi a primeira fichaxe da segunda era José Mourinho como adestrador principal do club londiniense. Debutou o 17 de xullo do 2013, na vitoria do seu equipo nun partido amigábel ante as estrelas de Tailandia. O xogador alemán marcou o seu primeiro tanto o 4 de agosto do 2013, na vitoria do Chelsea FC ante o AC Milan por 2-0. Debutou na Premier League, o 18 de agosto do 2013, no primeiro partido de Liga para o Chelsea FC.

Notas editar

  1. The Telegraph, ed. (25 de xuño de 2013). "German striker Andre Schurrle becomes Jose Mourinho's first signing in his second stint as Chelsea manager" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar