André Rieu

violinista neerlandés

André Rieu, nado en Maastricht o 1 de outubro de 1949, é un violinista, director de orquestra e compositor neerlandés.

André Rieu
Nome completoAndré Léon Marie Nicolas Rieu
Data nacemento1 de outubro de 1949
Nado enMaastricht
OcupaciónViolinista, director, compositor
Instrumento(s)Violín
Na rede
http://www.andrerieu.com/es/
IMDB: nm1035947 Twitter: andrerieu Youtube: UCAaX9NjMCos_Qwz3n41eUgg Spotify: 3hJv5p2HwekJysNB2NDnEC iTunes: 2617780 Last fm: André+Rieu Musicbrainz: 0eaa4a38-6bc3-46aa-91be-563f1fa86e16 Songkick: 537148 Discogs: 287377 Allmusic: mn0000819535 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Iniciou a súa carreira musical sendo neno e pertenceu a diversas orquestras ata que en 1987 fundou a propia, co nome neerlandés de "Johann Strauss Orkest". A partir do ano seguinte empezou a súa carreira por todo o mundo, comezando pola súa propia patria, e converténdose nunha das grandes estrelas da música ao nivel dos máis prestixiosos artistas de pop ou de rock, á vez que gañou multitude de adeptos e afeccionados á súa música.

Co seu característico estilo de difundir a música clásica, que anteriormente parecía reservada ás clases de elite ou acomodadas, André Rieu decidiu pola ao servizo dun público novo e naqueles lugares que devanditos mozos adoitan frecuentar, ben sexan de lecer ou culturais, tales como prazas públicas e estadios deportivos. E conseguiuno con grande éxito, pois gañou diversos premios como o Top 10 ou o Top 100, este último ostentando un número un.

O violín que utiliza na actualidade é un Stradivarius, construído en 1667 polo luthier do mesmo nome.[1]

A Orquestra Johann Strauss editar

Véxase tamén: Orquestra Johann Strauss.

A Orquestra comezou en 1987 con 12 membros, dando o seu primeiro concerto o 1 de xaneiro de 1988. Ao longo dos anos expandiuse extraordinariamente, actuando actualmente con entre 80 e 150 músicos.

Rieu e a súa orquestra presentáronse en toda Europa, América do Norte e do Sur, Xapón e Australia. O tamaño e os ingresos dos seus percorridos só rivalizan cos maiores actos de música pop e rock. En 2008, a extravagante xira de Rieu incluíu unha reprodución en tamaño completo do Castelo da Emperatriz Sisi, o maior escenario da historia.[2]

Rieu grava o seu repertorio tanto en DVD como en CD nos seus propios estudos en Maastricht, nunha ampla gama de música clásica, popular e folclórica, así como música temática de bandas sonoras coñecidas e teatro musical. As súas animadas presentacións orquestrais, en tándem cunha mercadotecnia eficaz, atraeron a audiencias de todo o mundo a este subxénero emerxente de música clásica.

Ademais de dous premios da música do mundo, as gravacións de Rieu gañaron discos de ouro e platino en moitos países, destacando nos Países Baixos, onde obtivo 8 veces o disco de platino.

A televisión é tamén un punto importante para Rieu e a súa orquestra. Os seus concertos anuais de Ano Novo de Viena convertéronse nunha tradición de vacacións nas estacións de radiodifusión públicas. Durante dúas semanas en 2013, unha das canles do grupo BSkyB, Sky Arts 2 no Reino Unido, foi renomeado como "Sky Arts Rieu". Entre o 30 de marzo e o 14 de abril de 2013 Sky Arts Rieu retransmitiu concertos e documentais de Rieu 24 horas ao día.[3]

Honras editar

Discografía editar

  • (Decembro de 2017) – coa Orquestra Johann Strauss
  • Un amour à Venise (novembro de 2014)
  • Lles mélodies du bonheur (maio 2014)
  • Love Letters (febreiro de 2014)
  • André Rieu Celebrates ABBA - Music of the Night (2013)
  • Nuits magiques (novembro de 2013)
  • Live in Maastricht VI (outubro 2013) – 25th anniversary
  • Home for Christmas (11 de decembro de 2012)
  • Live in Brazil (2012)
  • And the Waltz Goes On (2011)
  • Moonlight Serenade (novembro de 2010) – Australian Albums: n.º 17
  • Live in Maastricht IV (setembro de 2010)
  • My African Dream (agosto de 2010)
  • You Raise Me Up – Songs for Mum (maio de 2010) – Australian Albums: n.º 8
  • Forever Vienna (2009) - UK: #2, IRE: #4
  • The Best of André Rieu (2009) – Australian Albums: #23
  • Masterpieces (2009) – Australian Albums: #9
  • You'll Never Walk Alone (2009) – Australian Albums: #2
  • Live in Australia (2008) – Australian Albums: #14
  • Waltzing Matilda (2008) – Australian Albums: #1
  • The 100 Most Beautiful Melodies (2008) – Australian Albums: #2
  • Live In Dresden: The Wedding at the Opera (2008)
  • In Wonderland (2007)
  • Live in Vienna (2007)
  • Auf Schönbrunn (2006)
  • New York Memories (2006)
  • Songs from My Heart (2005)
  • Christmas Around the World (2005)
  • Live in Tuscany (2004)
  • The Flying Dutchman (2004)
  • New Year's Eve in Vienna (2003)
  • André Rieu at the Movies (2003)
  • Live in Dublin (2003)
  • Romantic Paradise (2003)
  • Maastricht Salon Orkest – Serenata (2003)
  • Love Around the World (2002)
  • Dreaming (2002)
  • Live at the Royal Albert Hall (2001)
  • Musik Zum Träumen (2001)
  • A Vie Est Belle (2000)
  • Fiesta! (1999)
  • 100 Years of Strauss (1999)
  • Romantic Moments (1998)
  • Waltzes (1998, reeditado en novembro de 1999)
  • The Christmas I Love (1997)
  • The Vienna I Love (1997)
  • In Concert (1996)
  • Strauss gala (1995)
  • D'n blauwen avond (1995)
  • Hieringe biete 1 & 2 (1995)
  • Strauss & Co (1994)
  • Hieringe biete (1993)
  • Merry Christmas (1992)

Notas editar

  1. "Web oficial de André Rieu". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2007. Consultado o 30 de maio de 2018. 
  2. "Andre Rieu is top 10 Touring act". Andrerieu.com. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  3. "Andre Rieu Concerts, Documentaries And Pictures". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar