Andecha Astur (AA) é un partido político nacionalista asturiano de esquerdas. O secretario xeral do partido foi Arturu Xosé Bermeyu dende a súa formación ata o 2007. O secretario actual é Daniel Cueli.

Andecha Astur
MocidadesDarréu (ata decembro de 2014)[1]
Filiación internacionalAgora Repúblicas
Historia
Fundación1990
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo asturiano, socialismo e republicanismo
Outros datos
SedeXixón
Na rede
www.andecha.org
Facebook: AndechaAstur Twitter: andechaastur Instagram: andecha_astur Editar o valor em Wikidata
"Asturina". Bandeira nacionalista asturiana que emprega habitualmente Andecha Astur

Historia editar

Fundado en 1990, aínda que até agora non ten acadada representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias en ningunha lexislatura das 3 ás que se presentaron. Nas eleccións municipais de 2003 tiveron 4.250 votos (0,7%) e conseguiron dous concelleiros, un en Riosa e outro en Carreño. Nas autonómicas tiveron 3.821 votos (0,63%).

En 2004 presentouse ás eleccións ó Parlamento Europeo dentro da coalición Europa dos Pobos e tivo 1.677 votos (0,38%). Nas eleccións xerais de 2004 conseguiu 1.970 votos (0,28%). En 2007 presentouse ás eleccións municipais e autonómicas, onde obtén 2.100 e 2.727 votos, respectivamente e ningún concelleiro nin deputado.

Andecha Astur presentouse de novo coa coalición Europa dos Pobos nes eleccións europeas de 2014, xunto a Esquerra Republicana de Catalunya, Puyalón e BNG. En maio de 2015 AA tivo unha rifa con Adriana Lastra, quen dixo que este partido era un "partido nacionalista de extrema esquerda" nun programa de La Sexta pola noite. Andecha respondeu acusándoa de "criminalizar" a Andecha e de ser "unha forma secundaria de Podemos".[2] O 24 de maio de 2015, Andecha denunciou a retirada das súas papeletas nos colexios electorais mentres se producían as eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2015.[3]

Andecha non se presentou nas eleccións xerais de España de 2015 e 2016 mais volveu presentarse nas de abril de 2019 e nas de novembro de 2019. Tamén se presentou ás eleccións autonómicas d'Asturies de 2019, mellorando os seus resultados aínda que sen acadar representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias. Tamén se presentaron ás eleccións europeas de 2019, dentro da coalición soberanista Agora Repúblicas, e o seu candidato foi Paulo Arboleya.[4] A coalición obtivo tres eurodeputados, mais ningún de Andecha Astur.

Durante as eleccións xerais de España de abril de 2019, un apoderado de Andecha increpou un policía por ter unha arma nun colexio electoral de Oviedo. O apoderado foi o candidato desta formación ao Senado, Arturu Xosé Bermeyu. Foi denunciado pola Confederación Española de la Policía (CEP).[5][6]

O 19 de outubro de 2019, nun mitin de Vox, o voceiro parlamentario deste partido na Xunta Xeral do Principado de Asturias, Ignacio Blanco, pediu a ilegalización de Andecha porque "Andecha di que Asturias é unha nación e que o asturiano é a lingua nacional".[7] Logo de presentarse en ocasións anteriores sen conseguir representación, nas eleccións xerais de España de 2023 non se presentaron.[8]

Ideoloxía editar

Andecha Astur é unha organización política nacionalista de esquerdas. Entre as súas bases ideolóxicas atópanse:

Postura respecto ó galego de Asturias editar

Andecha Astur non recoñece que no occidente de Asturias se fale galego e periodicamente denuncia agresións da TVG, do goberno galego e do Bloque Nacionalista Galego nunha suposta política de imposición do galego sobre unha fala que eles consideran que pertence en exclusiva á cultura asturiana,[9] baixo o lema Asturies: un pueblu, una llingua.

Resultados electorais editar

Eleccións á Xunta Xeral[10]
Ano Votos % Deputados +/-
1991 1.137 0,21
0 / 45
Novo
1995 1.948 0,30
0 / 45
=
1999 2.206 0,36
0 / 45
=
2003 3.821 0,63
0 / 45
=
2007 2.770 0,47
0 / 45
=
2011 Dentro de Conceyu Abiertu
0 / 45
=
2012 674 0,14
0 / 45
=
2015 990 0,19
0 / 45
=
2019 1.584 0,30
0 / 45
=
2023 1.196 0,23
0 / 45
=
Eleccións xerais de España[11]
Ano Congreso dos Deputados Senado
Votos % Deputados Votos a candidatos Senadores
1993 787 0,11
0 / 9
1.345 899 824
0 / 4
2000 2.036 0,31
0 / 9
3.549 2.397 1.877
0 / 4
2004 1.970 0,28
0 / 8
3.059 2.404 2.202
0 / 4
2008 1.299 0,19
0 / 8
2.085 1.514 1.365
0 / 4
2011 1.087 0,17
0 / 8
2.104 1.454 1.182
0 / 4
2019 (I) 932 0,15
0 / 7
2.550 1.739 1.311
0 / 4
2019 (II) 887 0,16
0 / 7
2.262 1.239 1.017
0 / 4
Eleccións ao Parlamento Europeo[11]
Ano Candidatura España Asturias
Votos % Deputados Votos %
1999 Propia 7.321 0,03
0 / 64
1.467 0,24
2004 Europa dos Pobos 380.709 2,45
1 / 54
1.677 0,38
2009 Propia 2.255 0,01
0 / 54
806 0,19
2014 Os Pobos Deciden 326.464 2,08
1 / 54
1.392 0,37
2019 Agora Repúblicas 1.252.139 5,58
3 / 54
1.902 0,36
Eleccións municipais[11]
Ano Votos % Rexedores
1991 291 0,05
0 / 1.006
1995 1.630 0,25
1 / 994
1999 2.647 0,43
1 / 974
2003 4.250 0,70
2 / 958
2007 2.100 0,36
0 / 948
2011 1.397 0,23
1 / 946
2015 400 0,07
2 / 942
2019 597
1 / 928

Notas editar

  1. "DARRÉU : Darréu cellebro’l so V Conceyu Nacional". DARRÉU. 22 de decembro de 2014. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  2. La Nueva España. "Adriana Lastra, el nuevo azote de los emergente.". Consultado o 15 de maio de 2015. 
  3. "Andecha Astur denuncia la retirada de sus papeletas de varios colegios eleutorales". El Comercio. Consultado o 4 de abril de 2024. 
  4. "Arboleya sal escoyíu secretariu xeneral d’Andecha, que va dir a les Europees con Agora Repúbliques.". Consultado o 4 de abril de 2024. 
  5. "Denunciado un apoderado de Andecha Astur por increpar a los policías en un colegio eleutoral". La Voz de Asturias. Consultado o 4 de abril de 2024. 
  6. "Incidente en un colegio ovetense entre un apoderado de Andecha Astur y la Policía, por llevar armas". La Nueva España. Consultado o 4 de abril de 2024. 
  7. "Vox pide illegalizar Andecha Astur". El Comercio. Consultado o 4 de abril de 2024. 
  8. Ardura, Juan A. (19 de xuño de 2023). La Nueva España, ed. "Andecha Astur renuncia a presentarse a las elecciones generales del 23J" (en asturiano). Consultado o 2 de novembro de 2023. 
  9. astura.org (ed.). "Dimisión d'Ana Rosa Migoya y Carlos Madera". Archived from the original on 13 de marzo de 2007. Consultado o 4 de abril de 2024. 
  10. Xunta Xeral do Principado de Asturias (ed.). "Resultados electorales" (en castelán). Consultado o 2020-02-22. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Ministerio do Interior de España (ed.). "Consulta de resultados electorales" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2019-10-17. Consultado o 2020-02-17. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar