Anaxímenes de Mileto

filósofo presocrático



Anaxímenes de Mileto (en grego Άναξιμένης), nado cara ao 585 a.C. e finado no 528 a.C., foi un filósofo presocrático.

Infotaula de personaAnaxímenes de Mileto

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀναξιμένης Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 585 a. C. Editar o valor em Wikidata
Mileto Editar o valor em Wikidata
Mortec. 525 a. C. Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Mileto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónHilemorfismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e actividade literaria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , escritor , astrónomo , prosista Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor em Wikidata
MovementoPresocráticos e Escola de Mileto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAnaximandro de Mileto Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Concordaba con Anaximandro en relación ao ápeiron, e coas características dese principio apuntadas por Anaximandro. Non obstante Anaxímenes postulou que ese ápeiron fose o ar.

El di que as cousas sólidas son ar condensado e que as menos densas son ar máis raro (así como a auga para Tales, o ar debería ser soamente unha metáfora do ar, para Anaxímenes). E dá como exemplo o ar que sae da boca: se sopramos cos labios máis apertados (facendo beizo) o ar sae frío, mentres que se sopramos coa boca aberta, sae quente.

"A variación cuantitativa de tensión da realidade orixinaria dá orixe a todas as cousas" é unha forma de dicir que todas as cousas son diferentes "formas" de ar orixinal. Iso é semellante á teoría das supercordas, que di que os quarks (partículas que forman todas as outras, inclusive electróns, protóns e neutróns) son como que vibracións de enerxía: as diferentes partículas serían máis ou menos como frecuencias diferentes da vibración da enerxía (máis ou menos como as notas musicais son vibracións diferentes dun fío; a cuarta corda do violón, tócase mentres se aperta na primeira casa, fai un dó, na segunda casa, un re, e así sucesivamente, porque canto máis próxima a casa estiver do corpo da cítola, maior vai ser a frecuencia da vibración da corda).

Se a teoría das supercordas fose certa, Anaxímenes tamén estaba no certo, pois, se chamarmos o ar de enerxía, e sabendo que "quente" e "frío" son estados producidos pola vibración dos electróns (canto máis vibran os electróns, máis quente está o que eles compoñen), el describiu a teoría hai moito tempo, utilizando expresións e imaxes diferentes, como nunha analoxía.