Anastasio Somoza Debayle
Anastasio Somoza Debayle, nado en León (Nicaragua) o 5 de decembro de 1925 e finado en (Asunción) Paraguai, o 17 de setembro de 1980, foi un político e militar nicaraguano, presidente do seu país entre 1967 e 1972, e entre 1974 e 1979. Como xefe da Garda Nacional, mantivo o poder efectivo durante o período intermedio. Foi o último membro da familia Somoza que exerceu o poder, tras o seu pai e o seu irmán, unha dinastía de ditadores que comezou en 1934.
Biografía | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1925 León | ||||||||||||||
Morte | 17 de setembro de 1980 (54 anos) Asunción | ||||||||||||||
Causa da morte | Asasinato premeditado (RPG-2 (en) ) | ||||||||||||||
Lugar de sepultura | Caballero Rivero Woodlawn Park North Cemetery and Mausoleum (en) | ||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||
Presidente de Nicaragua | |||||||||||||||
Período | 1 de maio de 1967 - 1 de maio de 1972 | ||||||||||||||
Antecesor | Lorenzo Guerrero Gutiérrez | ||||||||||||||
Sucesor | Triunvirato de goberno | ||||||||||||||
Presidente de Nicaragua | |||||||||||||||
Período | 1 de decembro de 1974 - 17 de xullo de 1979 | ||||||||||||||
Antecesor | Triunvirato de goberno | ||||||||||||||
Sucesor | Francisco Urcuyo Maliaños | ||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||
País de nacionalidade | Nicaragua | ||||||||||||||
Educación | Academia Militar dos Estados Unidos (pt) | ||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||
Ocupación | militar e político | ||||||||||||||
Partido político | Partido Liberal Nacionalista | ||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa | ||||||||||||||
Carreira militar | |||||||||||||||
Rama militar | Guarda Nacional (Nicarágua) (pt) | ||||||||||||||
Rango militar | Xeneral | ||||||||||||||
Conflito | Revolución Sandinista | ||||||||||||||
Obra | |||||||||||||||
Obras destacables
| |||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||
Familia | Família Somoza (pt) | ||||||||||||||
Cónxuxe | Hope Portocarrero | ||||||||||||||
Parella | Dinorah Sampson (en) | ||||||||||||||
Fillos | Anastasio Somoza Portocarrero (pt) () Hope Portocarrero (en) | ||||||||||||||
Pais | Anastasio Somoza García e Salvadora Debayle | ||||||||||||||
Irmáns | Luis Somoza Debayle (pt) , José R. Somoza (pt) e Lillian Somoza Debayle (pt) | ||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||
Lista
|
Traxectoria editar
Anastasio Somoza Debayle foi o terceiro fillo de Anastasio Somoza García (chamado "Tacho"), que se converteu en Presidente de Nicaragua en 1936, e de Salvadora Debayle de Somoza. Sendo o máis xove dos Somoza foi educado en Florida e Long Island antes de graduarse na Academia Militar de West Point en 1946. Ao ano seguinte, foi nomeado polo seu pai xefe da Garda Nacional, que era o ente represivo e de sostén do réxime somocista. En decembro de 1950 casa por conveniencia coa súa prima Hope Portocarrero Debayle, con quen tivo cinco fillos: Anastasio, Carolina, Roberto, Carla e Julio.
Tras o asasinato do seu pai en 1956, o maior dos Somoza, Luis Somoza Debayle, accedeu á presidencia. En 1967, pouco despois da morte do seu irmán, Anastasio Somoza foi elixido presidente por primeira vez. Tivo que deixar o cargo en 1972 a causa dunha lei que impedía a reelección inmediata.
O 23 de decembro daquel mesmo ano, un terremoto devastou a capital da nación, Managua, deixando máis de dez mil mortos e practicamente destruíndo o centro da cidade. Declarouse a lei marcial, convertendo a Somoza, en tanto que xefe da Garda Nacional, no dirixente de facto do país. Posteriormente descubriuse que a familia Somoza lucrárase coa maior parte da axuda internacional ofrecida tras o terremoto.
A pesar de todo, Somoza foi elixido presidente nas eleccións de 1974, o seu interese en seguir manténdose no poder e a represión á poboación provocou a perda do apoio dos sectores antes aliados, como a oligarquía, Estados Unidos e a Igrexa católica. A finais dos setenta, grupos defensores dos dereitos humanos denunciaban as violacións destes, cometidas polo seu goberno. De setembro do 1978 ata o 17 de xullo de 1979, el e o seu fillo Anastasio Somoza Portocarrero provocaron unha guerra civil, ordenando o asasinato de civís e o bombardeo con artillaría e avións das cidades principais de Nicaragua que caeran en mans do levantamento popular dirixido polas forzas sandinistas. Baixo o liderado de pai e fillo, a Garda Nacional asasinou a 50.000 cidadáns nicaraguanos.
Fin do réxime de Somoza editar
A madrugada do 17 de xullo de 1979 fuxiron a Miami poñendo fin ao réxime somocista. Pouco tempo despois Anastasio Somoza Debayle conseguiu refuxio en Paraguai grazas ao ditador dese país Alfredo Stroessner. Foi asasinado o 17 de setembro do ano seguinte en Asunción por forzas do Exército Revolucionario do Pobo[Cómpre referencia]. Divorciárase da súa primeira esposa e vivía coa súa amante de moitos anos: Dinorah Sampson.
Presidente de Nicaragua | ||
---|---|---|
Segue a: Lorenzo Guerrero Gutiérrez |
Anastasio Somoza Debayle | Precede a: Triunvirato de Goberno |
Partido Liberal Nacionalista |