Ananke (ou en grego Ανάγκη) é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Seth Barnes Nicholson no Observatorio do Monte Wilson en 1951[3] e recibiría o nome mitolóxico de Ananke, nai das Moirae (parcas) xunto con Zeus.

Ananke
Descubrimento
Descuberta por S. B. Nicholson
Descuberta no 28 de setembro de 1951
Designación alternativa Xúpiter XII
Características orbitais
Raio orbital medio 21 280 000 km[1]
Periapse 12 567 000 km
Apoapse 29 063 500 km
Excentricidade 0,24[1]
Período orbital 610,45 d (1,680 a)[1]
Inclinación 148,89° (respecto da eclíptica)
149,9° (respecto do ecuador de Xúpiter)[1]
Velocidade orbital 2,367 km/s
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio 14 km[2]
Área superficial ~2.500 km²
Volume ~11.500 km3
Masa ~3,0 x 1016 kg
Densidade media 2,6 g/cm3 asumida
Gravidade superficial ~0,010 m/s2 (0,001 g)
Velocidade de escape ~0,017 km/s
Albedo 0,04 (asumido)[2]
Temperatura ~124 K

Ananke non recibiría o seu nome oficial[4] ata o ano 1975;[5] antes simplemente era coñecida coma Xúpiter XII. Foi chamada tamén "Adrastea"[6] entre os anos 1955 a 1975. Subliñar que hoxe en día o nome de Adrastea pertence a outra das lúas de Xúpiter.

Ananke dálle o seu nome o grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares retrogradas que orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 19,3 e 22,7 Gm, con inclinacións próximas a 150°.[2]

Órbita editar

 
Satélites irregulares retrógrados de Xúpiter.

Ananke orbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Foron descubertos oito satélites dende o ano 2000 que seguen órbitas semellantes.[2] Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000,[1] pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter. O diagrama ilustra a órbita de Ananke en relación a outros satélites irregulares de Xúpiter. Os segmentos amarelos representan a excentricidade orbital que se estenden dende o pericentro ó apocentro. A lúa de galileo máis exterior, Calisto, foi posta coma referencia.

Dados este elementos orbitais e as características físicas coñecidas ata o de agora, pensase que Ananke podería se-lo vestixio máis grande[7] do posible corpo que se esnaquizou para forma-lo grupo de satélites Ananke.[8][9]

Características físicas editar

No espectro visible, Ananke aparece neutro pero tirando algo ó vermello (índices de cor B-V=0.90 V-R=0.38).[9]

O espectro no infravermello é semellante ós asteroides tipo P pero cun posible indicador de presenza de auga.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson, R. A. (2000). "The orbits of outer Jovian satellites". Astronomical Journal 120: 2679–2686. doi:10.1086/316817. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Sheppard, S. S., Jewitt, D. C., Porco, C.; Jupiter's Outer Satellites and Trojans, in Jupiter: The Planet, Satellites and Magnetosphere, edited by Fran Bagenal, Timothy E. Dowling, William B. McKinnon, Cambridge Planetary Science, Vol. 1, Cambridge, UK: Cambridge University Press, ISBN 0-521-81808-7, 2004, pp. 263-280
  3. Nicholson, S. B. (1951). "An unidentified object near Jupiter, probably a new satellite". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 63 (375): 297–299. doi:10.1086/126402. 
  4. Nicholson, S.B. (abril de 1939). "S. B. Nicholson declines to name the satellites of Jupiter he has discovered". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 51 (300): 85–94. doi:10.1086/125010. 
  5. Marsden, B. G. (7 de outubro de 1974). "Satellites of Jupiter". IAUC Circular 2846. 
  6. Payne-Gaposchkin, Cecilia; Katherine Haramundanis (1970). Prentice-Hall, ed. Introduction to Astronomy. Englewood Cliffs, N.J. ISBN 0-134-78107-4. 
  7. Sheppard, S.S.; Jewitt, D.C. (2003). "An abundant population of small irregular satellites around Jupiter" (PDF). Nature 423 (6937): 261–263. PMID 12748634. doi:10.1038/nature01584. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2003. Consultado o 20 de xullo de 2010. 
  8. Nesvorný, D.; Beaugé, C.;Dones, L. (2004). "Collisional Origin of Families of Irregular Satellites". The Astronomical Journal 127: 1768–1783. doi:10.1086/382099. 
  9. 9,0 9,1 Grav, Tommy; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; Aksnes, K. (2003). "Photometric survey of the irregular satellites". Icarus 166: 33–45. doi:10.1016/j.icarus.2003.07.005. 
  10. Grav, Tommy; Holman, Matthew J; Holman, Matthew J. (2004). "Near-Infrared Photometry of the Irregular Satellites of Jupiter and Saturn". The Astrophysical Journal 605: L141–L144. doi:10.1086/420881. 
  1. Efemérides IAU-MPC NSES

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar