Analoxía (bioloxía)

A analoxía é un proceso da bioloxía no cal dúas estruturas cumpren funcións semellantes por medios semellantes, sen que se requira que teñan a mesmo orixe evolutiva. Se amais teñen a mesmo orixe evolutiva, á vez que análogas serán homólogas. Por outra banda as estruturas homólogas poden diverxer na súa función para cumprir papeis diferentes.

A converxencia é o fenómeno evolutivo polo que organismos diferentes afastados evolutivamente tenden, baixo presións ambientais equivalentes, a desenvolver características análogas.

Orixe do termo editar

Até a primeira metade do século XIX, o termo homoloxía empregábase para referirse indistintamente ás estruturas que hoxe denominamos análogas e homólogas. Richard Owen foi o primeiro en facer terminoloxicamente explícita esta diferenza: homólogo é "o mesmo órgano en diferentes animais baixo todas as súas variedades en forma e función"; análogo é "unha parte ou órgano nun animal que ten a mesma función que outra parte ou órgano nun animal diferente".[1]

Exemplos editar

Notas editar

  1. Owen, R. (1843). Lectures on the Comparative Anatomy and Physiology of the Invertebrate Animals. Londres: Longman, Brown, Green e Longmans, pp. 379, 374)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar