Anacleto Ortueta Azcuenaga, nado en Olabeaga, o 26 de decembro de 1877, e finado en Bilbao o 7 de novembro de 1959, foi un historiador e un político vasco de ideoloxía nacionalista.[1]

Infotaula de personaAnacleto Ortueta
Nome orixinal(es) Anacleto Ortueta Azcuenaga Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1877 Editar o valor em Wikidata
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , político , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco
Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traballou como facultativo de minas. Militou na Mocidade Vasca bilbaína, onde foi vogal da súa xunta directiva (1904). En 1908 entrou no Consello rexional do PNV, e dez anos despois foi nomeado deputado por Gernika-Lumo en representación dese partido. Foi neutral durante a división do partido entre o grupo Aberri e a Comunidade Nacionalista Vasca. Durante a ditadura de Primo de Rivera dirixiu o diario Euskadi. En 1930 asinou o Manifesto de San Andrés, que se convertería no manifesto fundacional de Acción Nacionalista Vasca, xunto con outras personalidades, destacándose Luís Urrengoetxea, Justo Gárate e Tomás Bilbao. Posteriormente centrouse no seu labor historiográfica, residindo longas tempadas en Cataluña. Durante a Guerra Civil foi xefe da policía interior das Milicias Vascas. Despois da guerra foi detido e xulgado polos franquistas, perdendo todos os seus bens.

Obras editar

Como historiador, centrouse principalmente no Reino de Navarra. Publicou as seguintes obras:

  • Nabarra y la unidad política vasca (1931)
  • Vasconia y el imperio de Toledo (1935)
  • Sancho el Mayor, rey de los vascos (1963)

Notas editar