Ana do Palatinado-Veldenz

política alemá

Ana de Veldenz, nada o 12 de novembro de 1540 e finada o 30 de marzo de 1586, foi unha condesa do Palatinado-Veldenz e, por matrimonio, margravina de Baden-Durlach. Dende 1577 até 1584 viuse involucrada na tutela e rexencia de Baden-Durlach.

Infotaula de personaAna do Palatinado-Veldenz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1540 Editar o valor em Wikidata
Morte30 de marzo de 1586 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Graben-Neudorf Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMargrave Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Wittelsbach Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCarlos II de Baden-Durlach (pt) Traducir (1558 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosErnesto Frederico de Baden-Durlach (pt) Traducir, Dorothea Ursula von Baden-Durlach (en) Traducir, Anna Marie von Baden-Durlach (en) Traducir, Jorge Frederico de Baden-Durlach (pt) Traducir, Jaime III, Margrave de Baden-Hachberg (pt) Traducir, Elizabeth von Baden-Durlach (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRoberto do Palatinado-Veldenz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ursula of Salm-Kyrburg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGeorge John I, Count Palatine of Veldenz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Von_Pfalz-Veldenz-2

Traxectoria editar

Ana era a filla máis vella do conde palatino Roberto de Veldenz (1506-1544) do seu matrimonio con Úrsula (1515-1601), filla de Xoán VII de Salm-Kyrburg.

Casou con Carlos II de Baden-Durlach o primeiro de agosto de 1558 en Heidelberg; era o segundo matrimonio para el. Como o seu marido, Ana profesou a fe luterana e os fillos de ambos os matrimonios foron tamén criados como luteranos.

Cando o seu marido morreu, os seus fillos eran aínda menores de idade. Por isto, actuou como gardiá e rexente dende 1577 ata que o seu fillo Ernesto Federico alcanzou a maioría de idade en 1584. Gobernaron con ela o elector palatino Lois VI e o duque Lois "o Piadoso" de Wurtemberg. En 1584, Baden-Durlach foi dividido: o seu fillo máis vello Ernesto Frederico recibiría a parte máis grande e converteuse en margrave de Baden-Durlach. O seu segundo fillo, Xacobe recibiu Baden-Hachberg e situou a súa residencia en Emmendingen. Converteuse ó catolicismo en 1590 e devolveu o seu territorio á fe católica. Porén, pouco despois, morreu de envelenamento por arsénico e Baden-Hachberg pasou ó seu irmán Ernesto Federico.

Cando Ernesto Federico morreu en 1604, todas as partes de Baden reuníronse en mans do seu irmán Xurxo Federico.

O novo capelán da margravina Ana, John Zehender, foi responsable do coidado pastoral que ela desenvolveu nos últimos días da súa vida, e pronuncio o seu sermón funeral o 5 de abril de 1586.