Amparo López Jeán

activista galeguista
(Redirección desde «Amparo López Jean»)

Rita Amparo López Jean, nada en Vilaboa (Culleredo) o 30 de outubro de 1885 e finada en Montauban (Francia) o 12 de novembro de 1942, foi unha activista galeguista, presidenta da Agrupación Republicana Femenina da Coruña.

Amparo López Jeán
Nome completoAmparo López Jean
Nacemento30 de outubro de 1885
Lugar de nacementoVilaboa
Falecemento12 de novembro de 1942
Lugar de falecementoMontauban
Soterradacemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica e suffragette
CónxuxeCésar Alvajar
FillosAmparo Alvajar, Ana María Alvajar L. Jean, María Teresa Alvajar e Javier Alvajar López
Na rede
Find a Grave: 239672466 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla de Adela Jeán Toca e de Sabino María López, avogado e secretario do concello de Culleredo, criouse en Vilaboa, onde a súa nai era mestra. Anos máis tarde trasladouse coa nai, xa viúva, á Coruña. Nesta cidade matriculouse no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña e posteriormente estudou Maxisterio. Ao mesmo tempo estudou canto e piano baixo a dirección de Xosé Baldomir e pintura con Máximo Ramos. Casada co coñecido político republicano César Alvajar, tivo un papel moi destacado na Agrupación Republicana Femenina entre 1933 e 1936, da que foi secretaria e presidenta. En 1935 ingresou no Partido Galeguista.

 
Tumba de Amparo López Jean no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Co triunfo da Fronte Popular trasladouse a Soria, onde o seu home fora nomeado Gobernador Civil. Durante a guerra civil o matrimonio viviu en Madrid, Valencia e Barcelona. En Barcelona foi nomeada Secretaria Xeral do Grupo Feminino Galeguista.

Rematada a guerra, exiliouse en Francia, na localidade de Vimoutiers, e tras a ocupación nazi viviu en Vichy e Montauban. Morreu en 1942. Os seus restos foron trasladados ao cemiterio de Santo Amaro no 2006.

Foi a nai de Amparo, Ana María, Javier e María Teresa Alvajar López.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar