Ammodytes tobianus

O areeiro ou bolo pequeno[3] (Ammodytes tobianus) é unha especie de peixe actinopeterixio mariño, da familia dos ammodítidos.[4][5][6]

A súa pesca é habitual e moi comercial. Ademais de para alimentación humana é utilizado como carnada para a pesca de peixes maiores.[5]

Morfoloxía editar

De corpo moi alongado e delgado co lombo tipicamente de cor marrón-area, cunha lonxitude máxima descrita de 20 cm.[5] Non teñen espiñas nas aletas, cuns 49 a 58 raios brandos na aleta dorsal e 24 a 32 na anal; con escamas na liña media anterior á aleta dorsal e sobre a musculatura na base da aleta caudal; as marxes das aletas dorsal e anal son rectas con raios de igual lonxitude; liña lateral de poros aliñados en ringleira ao longo de canles non ramificadas.

Existen dous grupos de desova distintivos pero a miúdo simpátricos na súa área de distribución, pero non se lles deu o status de subespecie, aínda que os grupos reprodutores difiren no número de vértebras (o de outono maior que o da primavera), coa estrutura dos otólitos e probablemente debido aos hábitats.[5]

Bioloxía editar

Son peixes territoriais, que alternan entre agocharse soterrados no substrato areoso e nadar en cardume na masa de auga.[7][5] Os adultos aliméntanse de zooplancto e algunhas diatomeas grandes. Hiberna no inverno enterrado na area a profundidades de 20 a 50 cm.[8]

Distribución e hábitat editar

Distribúese polas costas do océano Atlántico nordeste, desde Murmansk até España, incluíndo Islandia e o mar Báltico, así como polo mar Mediterráneo.[9][10] Son peixes mariños de augas tépedas de comportamento demersal, que prefiren profundidades entre 1 m e 96 m.[11] O seu hábitat son as augas costeiras, especialmente as baías areentas e as praias, así como tamén a zona intermareal e os estuarios. É raro atopalo en mar aberto.[5]

Notas editar

  1. Collette, B., Fernandes, P. e Heessen, H. "Ammodytes tobianus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Linnaeus, C., 1758. «Systema Naturae per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, Tomus I». Editio decima, reformata. Holmiæ: impensis direct. Laurentii Salvii. i–ii, 1–824 pp
  3. "Definicións da palabra bolo". academia.gal. Consultado o 2021-01-16. 
  4. Crespo, J., J. Gajate e R. Ponce, 2001. «Clasificación científica e identificación de nombres vernáculos existentes en la base de datos de seguimiento informático de recursos naturales oceánicos». Instituto Español de Oceanografia, Madrid, España. 414 p.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Bauchot, M.-L., 1987. «Poissons osseux». p. 891-1421. En W. Fischer, M.L. Bauchot e M. Schneider (eds.) Fiches FAO d'identification pour les besoins de la pêche. (rev. 1). Méditerranée et mer Noire. Zone de pêche 37. Vol. II. Commission des Communautés Européennes and FAO, Roma.
  6. Nelson, J.S. (1994). Fishes of the world (en inglés) (3ª ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. pp. 600. 
  7. Arias, A. e P. Drake, 1990. «Estados juveniles de la ictiofauna en las caños de las salinas de la bahía de Cádiz». Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía. CSIC.
  8. Muus, B.J. e J.G. Nielsen, 1999. «Sea fish». Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene, Dinamarca. 340 p.
  9. Reay, P.J., 1986. «Ammodytidae». p. 945-950. En P.J.P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen e E. Tortonese (eds.) Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. UNESCO, París. Vol. 2.
  10. Riehl, R., 1978. «Zur Fischfauna von Ibiza, Balearen». Senckenbergiana biol. 59:173-182.
  11. Ocean Biogeographic Information System, 2006. OBIS-extracted Depth Data. Harvested by E.Agbayani July 2006 at www.iobis.org.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar