Ameixa asiática

especie de molusco
Corbicula fluminea

Ameixa asiática mostrando o típico desgaste do umbo.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Subclase: Heterodonta
Orde: Veneroida
Suborde: Sphaeriacea
Superfamilia: Corbiculoidea
Familia: Corbiculidae
Xénero: Corbicula
Especie: C. fluminea
Nome binomial
'Corbicula fluminea'
(O. F. Müller, 1774)

A ameixa asiática é unha variedade de molusco, semellante a unha ameixa, propia de augas doces. Identifícase como Corbicula fluminea e considérase como especie invasora dos ecosistemas nos que se instala.

Área de distribución editar

Foi detectada no río Miño por vez primeira na Península Ibérica, a finais dos anos oitenta, e bautizada como ameixa xaponesa de auga doce ou ameixa asiática.

A área natural de distribución é o sueste asiático, onde se utiliza para consumo. De aí pasou ós Estados Unidos en 1924, onde fora introducida por inmigrantes chineses. A chegada a España pode explicarse por importacións de ameixa xaponesa desde Portugal, pero tamén cabe a posibilidade de que viñese adherida ós cascos dos barcos, como aconteceu con outras especies invasoras, como foi o caso do mexillón cebra (Dreissena polymorpha).

En España xa foi atopada en Cataluña, Aragón, Andalucía e Estremadura. En Galicia pode atoparse con preocupante frecuencia nos fondos areosos do curso do Miño desde Salvaterra a Tui (Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández, 2004) e tamén noutros ríos galegos, así como na lagoa de Antela no Vilar de Santos ou no regato Pontiñas, en Lalín.

Morfoloxía editar

A cuncha é de cor marrón. Presenta unhas estrías concéntricas moi apertadas e marcadas, alcanzando tamaños de ata 4–5 cm de lonxitude, normalmente menores (ó redor dos 2 cm). Resulta característico o desgaste do umbo (vértice apical que sobresae da articulación ou charnela)

Impacto ambiental editar

Posúe unha elevada capacidade reprodutora, polo que alcanza altísimas densidades, de ata 20.000 individuos por metro cadrado, e pode causar importantes danos nas infraestruturas hidráulicas, así como en centrais hidroeléctricas. Provoca tamén importantes alteracións na cadea trófica e chega a desprazar ós bivalvos autóctonos.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar