Amílcar Lopes Cabral, nado en Bafatá o 12 de setembro de 1924 e finado en Conakry o 20 de xaneiro de 1973, foi un político e escritor, líder da independencia de Cabo Verde e da Guinea-Bisau.

Amílcar Cabral
Nome completoAmílcar Lopes da Costa Cabral
AlcumeAbel Djassi
Nacemento12 de setembro de 1924 e 1924
Lugar de nacementoBafatá
Falecemento20 de xaneiro de 1973
Lugar de falecementoTsévié e Conakry
SoterradoFortaleza de São José da Amura
NacionalidadePortugal e Província ultramarina de Guiné
Alma máterUniversidade Técnica de Lisboa e Institute for African Studies
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro, escritor, agrónomo, politicólogo e poeta
FillosIva Cabral
PremiosOrder of the Companions of O. R. Tambo
Na rede
IMDB: nm3668111 Musicbrainz: d8da1ede-4326-4179-8cf9-371f2864e025 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu na Guinea-Bisau de pais caboverdianos, aos oito anos marchou coa súa familia a Mindelo (Cabo Verde), en 1944 marchou a Praia e en 1945 grazas a unha bolsa de estudo estudou agronomía en Lisboa. En 1952 estableceuse na Guinea-Bisau para traballar para o servizo agrícola, polas súas actividades contrarias ao colonialismo portugués tivo que emigran a Angola. En 1956[1] foi un dos fundadores do PAIGC (Partido Africano para a Independencia da Guinea e Cabo Verde), do que é elixido o seu primeiro secretario xeral e radícase en Conakry onde o partido ten a súa sede central, e dende onde dirixe a loita armada contra as forzas portuguesas no sur da Guinea-Bisau. Morreu asasinado por membros do seu propio partido.

Obra editar

  • Rosa negra, 1949
  • Regresso, 1949
  • Ilha, 1974

Notas editar

  1. William Minter Portuguese Africa and the West. 1974, páxina 62