Unha alucinación[1] é unha percepción que non corresponde a ningún estímulo físico externo. Con todo, a persoa sente esa percepción como real. Por iso, a alucinación é considerada como unha pseudo-percepción dada a ausencia dun estímulo externo. Nese sentido é distinta da ilusión, que é unha percepción distorsionada dun estímulo externo efectivamente existente.

Alucinación
Clasificación e recursos externos
Os meus ollos no intre das aparicións por August Natterer, un artista alemán que creou varios debuxos das súas alucinacións.
ICD-10R44
ICD-9780.1
DiseasesDB19769
MedlinePlus003258
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Descrición editar

As alucinacións poden ocorrer en calquera modalidade sensorial: visual, auditiva, olfactiva, gustativa, táctil, proprioceptiva, equilibrioceptiva, nociceptiva, termoceptiva ou varias mesturadas.

Jean Étienne Dominique Esquirol foi o primeiro psiquiatra que empregou o termo co seu significado actual na década de 1830, aínda que se empregaba dende o século XVI para designar a «unha mente que divaga».[2]

Etioloxía editar

A alucinación como experiencia é de interese para varias ciencias como a neuroloxía, a psicoloxía e a psiquiatría. Como tal, a alucinación é unha verba recorrentemente nomeada en trastornos como algunhas variantes da esquizofrenia, aínda que tecnicamente aparece tamén mencionada en experiencias místico-relixiosas, e así tamén como parte do consumo de drogas e estupefacientes do mesmo xeito que a presenza de cancro e tamén nos trastornos do soño.

Por exemplo existen as alucinacións floridas que se asocian usualmente co uso de drogas, ó alcoholismo (ver Delírium trémens) privación do soño ou trastornos neurolóxicos.

Porén, hai estudos que mostran que as experiencias alucinatorias son comúns na poboación xeral (nos Estados Unidos). Informouse que preto do 10% da poboación experimenta alucinacións leves ou sutís.[3] Unha enquisa máis recente e moito máis completa e ampla cun número de persoas próximo a 13.000 revelou que o 39% das persoas afirman experimentar experiencias alucinatorias vívidas e severas, non necesariamente vinculadas co uso de drogas.[4] As alucinacións acústicas ou auditivas tamén existen.

Existen diferentes aproximacións teóricas á causa das alucinacións. O maior peso téñeno teorías de orde biolóxica que postulan deficiencias no funcionamento normal do cerebro e das conexións sinápticas entre células ciliadas e os presentes no talo encefálico e nos lóbulos occipital-temporal. Pénsase que é de particular importancia o neurotransmisor dopamina nestas disfuncións.[5]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alucinación.
  2. (Sacks 2012, p. 9)
  3. Sidgewick, H., Johnson, A, Myers, FWH et al (1894) Report on the census of hallucinations.
  4. Ohayon MM. (2000) Prevalence of hallucinations and their pathological associations in the general population.
  5. Kapur S. (2003) Psychosis as a state of aberrant salience: a framework linking biology, phenomenology, and pharmacology in schizophrenia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Johnson FH (1978). The Anatomy of Hallucinations. Chicago: Nelson-Hall Co. ISBN 0-88229-155-6.
  • Bentall RP, Slade PD (1988). Sensory Deception: A Scientific Analysis of Hallucination. London: Croom Helm. ISBN 0-7099-3961-2.
  • Aleman A, Larøi F (2008). Hallucinations: The Science of Idiosyncratic Perception. American Psychological Association (APA). ISBN 1-4338-0311-9.
  • Sacks O (2012). Hallucinations. Nova York: Alfred A. Knopf. ISBN 978-0307957245