Alto Palatinado

rexión administrativa do estado de Baviera, Alemaña

A Alto Palatinado (en alemán Oberpfalz) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o Estado federado alemán de Baviera.[1]

Modelo:Xeografía políticaAlto Palatinado
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°18′N 12°12′L / 49.3, 12.2Coordenadas: 49°18′N 12°12′L / 49.3, 12.2
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera Editar o valor em Wikidata
CapitalRatisbona Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.098.378 (2016) Editar o valor em Wikidata (113,34 hab./km²)
Xeografía
Superficie9.691,03 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude628 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoKleiner Arber (en) Traducir (1.383,6 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoWalter Jonas (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Código NUTSDE23 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña093 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbezirk-oberpfalz.de Editar o valor em Wikidata

Encóntrase no leste do Estado federal, e limita ao suroeste coa Alta Baviera, ao sur coa Baixa Baviera, ao oeste cona Franconia Media e ao noroeste coa Alta Franconia. Ademais limita ao leste coa República Checa, cuxa fronteira encóntrase aberta desde 2008 grazas ao Acordo de Schengen.

A súa capital administrativa é Ratisbona.

División administrativa editar

A rexión do Alto Palatinado está composta por tres cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e sete distritos rurais (Landkreise):

Cidades-distrito editar

  1. Amberg
  2. Ratisbona
  3. Weiden in der Oberpfalz

Distritos rurais editar

  1. Amberg-Sulzbach
  2. Cham
  3. Neumarkt in der Oberpfalz
  4. Neustadt an der Waldnaab
  5. Regensburg
  6. Schwandorf
  7. Tirschenreuth

Xeografía editar

 
Reserva natural Doost, entre Floß e Neustadt an der Waldnaab

No Alto Palatinado hai algunhas cordillieras, varios esteiros e lagos. En comparación con outras rexións de Alemaña, o Alto Palatinado ten máis ben unha baixa densidade de poboación. Ss rexións máis importantes son:

Historia editar

Historicamente o Alto Palatinado identíficase co Nordgau de Baviera, que era unha parte do vello ducado de Baviera. O nome está directamente ligado ao Palatino (en latín Palatium, en alemán Pfalz), e ao derivado Kurpfalz.

Desde a morte de Lois II de Baviera en 1294, a casa de Wittelsbach dividiuse en dúas ramas, a maior Palatium e a máis nova Baviera. A rama do Palatium gobernaba unha parte do territorio da Baviera do Norte, que máis tarde pasou a chamarse Alto Palatinado en Baviera.

O Baixo Palatinado (Niederpfalz) ou Palatinado Renano (Rheinpfalz) forma parte do Land alemán de Renania-Palatinado e non ten contacto físico co anterior. Ambos os dous constitúen a rexión histórica denominada Palatinado.

Poboación editar

Evolución da poboación do Alto Palatinado editar

1939 694 742
1950 906 822
1961 898 580
1970 963 833
1987 969 868
2002 1 088 929
2019 1 112 102

Transporte editar

Ferrocarril editar

A rexión do Alto Palatinado está atravesada polas seguintes liñas ferroviarias:

Autoestradas editar

  • A 3
  • A 6
  • A 93

Aeroportos editar

Os aeroportos máis achegados son:

Economía e comercio editar

 
As ruínas do forte Flossenbürg son un grande atractivo turístico

A economía do Alto Palatinado sufriu un gran cambio na década de 1994-2004. A taxa de desemprego, tanto no sector primario (agricultura e acuicultura) como na industria, aumentou considerabelmente. Porén, a taxa de emprego no sector de servizos aumentou nun 18,8 %. Hoxe en día a economía rexurdiu e a taxa de desemprego estabilizaouse nun 4,6 %. Segundo o seu PIB (119,3), o Alto Palatinado pertence ás rexións máis ricas da Unión Europea (EU27: 100, Alemaña: 115,8) (ano 2004).

O comercio na rexión distribúese máis que nada nas PEMEs, moitas delas pertencen ás líderes da súa rama. O turismo tamén ten un papel destacado na rexión. A pesar de que a agricultura foi moi importante nos anos anteriores, hoxe en día ten unha importancia menor.

O sector industrial concéntrase sobre todo na "Gran Ratisbona":

  • BMW
  • Krones AG
  • Infineon
  • Continental

Ratisbona é tamén a 5ª cidade na produción de Biotecnoloxía de Alemaña.

O distrito rural de Schwandorf recada a maior cantidade de impostos na rexión. Alí hai máis de 300 empresas industriais que empregan a máis de 16 000 persoas:

  • Meiller direct GmbH
  • Benteler Automobiltechnik GmbH
  • Nabaltec AG en Schwandorf
  • Innovationspark Wackersdorf (BMW)
  • Läpple AG, cuya fábrica se encuentra en Teublitz
  • F.EE GmbH in Neunburg v.W.
  • Heidelberg Cement AG en Burglengenfeld

Política editar

Desde 1999 Rupert Schmid (CSU) é o Presidente do Alto Palatinado. Seus vicepresidentes son Ludwig Spreitzer (CSU) e Norbert Hartl (SPD).

Notas editar

  1. Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. ISBN 978-1-3492-2767-9. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bedeutende Oberpfälzer von Sigfried Färber, Verlag Pustet 1981 ISBN 3-7917-0723-X.
  • Ursula Pfistermeister: Himmlische Ansichten. Oberpfalz im Luftbild, Buch & Kundstverlag Oberpfalz, ISBN 3-924350-69-8

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar