A Alta Bretaña (Haùtt-Bertaèyn en galó, Breizh-Uhel en bretón e Haute-Bretagne en francés) é a parte oriental da Bretaña histórica.

Modelo:Xeografía políticaAlta Bretaña

Localización
Mapa
 48°N 2°O / 48, -2Coordenadas: 48°N 2°O / 48, -2

Mapa coa Alta Bretaña representada en cor branca e gris segundo os límites lingüísticos do galó e o bretón en 1950. Os diferentes tons de gris representan a perda progresiva do emprego da lingua bretoa en favor do galó. Nótese que os límites entre a Baixa e a Alta Bretaña fóronse desprazando pouco a pouco cara ó oeste.

Tradicionalmente, correspóndese coa parte da Bretaña que perdeu o bretón en favor do galó. Neste extremo este, o bretón é moi pouco falado, mesmo nas áreas rurais. A lingua propia é o galó, que na actualidade está case totalmente desprazado polo francés.

Extensión editar

Comprende os actuais departamentos de Ille e Vilaine e Loira Atlántico, así como tamén as partes máis orientais de Morbihan e Côtes-d'Armor. Segundo a división histórica da Bretaña, abranguería os "países" Bro Zol, Bro Sant Malou, Bro Roazhon, Bro Naoned e Bro Sant Brieg.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar