Alpha Tauri (α Tauri / α Tau), ou máis coñecida coma Aldebarán é a estrela máis brillante da constelación do Touro. O seu nome deriva do árabe al debaran, que significa o seguidor, pola forma na que a estrela segue ás Pléiades. Visualmente, Aldebarán semella ser a máis brillante dun grupo de estrelas coñecidas como Hyades, pero de feito Alderabán está situada a medio camiño entre a Terra e as Hyades.

Comparación do tamaño entre Alderabán e o Sol

Aldebarán é unha estrela K5 III, isto é, de cor laranxa, grande e que se afastou da secuencia principal despois de usar todo o hidróxeno. Ten como compañeira unha diminuta anana vermella, difícil de ver. Aldebarán ten un diámetro de aproximadamente 5.3 × 107 km, ou 38 veces o diámetro do Sol, a unha distancia de 65'1 anos luz e a súa luminosidade é 150 veces a do Sol.É a 13ª estrela máis brillante do ceo.

En 1997 anunciouse a posibilidade da existencia dun gran planeta, equivalente a 11 veces Xúpiter