Os Alpes do Sur son unha gran cordilleira da rexión oeste da Illa Sur, Nova Zelandia, que forman unha espiña en dirección norte-sur que divide a illa en dous lados.[1] Nos Alpes do Sur localízase o monte Cook, punto máis alto do país.

Alpes do Sur
Southern Alps / Kā Tiritiri o te Moana
Alpes do Sur en inverno
Imaxe de satélite dos Alpes do Sur, Illa do Sur
Localización
Continente/sOceanía
País/esNova Zelandia Nova Zelandia
Coordenadas43°35′44.69″S 170°8′27.75″L / -43.5957472, -170.1410417Coordenadas: 43°35′44.69″S 170°8′27.75″L / -43.5957472, -170.1410417
Datos
Principais cumesAoraki / Monte Cook
Cota3724 msnm
Lonxitude500 km
Orientaciónnorte/sur

A cordilleira recibiu o nome en 1770 polo capitán James Cook, mais xa chamara a atención de Abel Tasman en 1642.

Características editar

Os Alpes do Sur posúen 450 km de lonxitude en dirección norte-sur. O punto máis alto, o monte Cook, posúe 3754 metros de altura, mentres outros 16 lugares superan os 3000 metros de altitude. A rexión tamén está constituída por grandes glaciares e lagos.

A localización dos Alpes permite que a rexión teña un clima extremamente agradable. A localidade de Omarama, no sopé das montañas, recibiu reputación internacional debido ao seu clima, provocado polo vento Föhn.

Fauna e flora editar

Os animais máis habituais na rexión son as aves Xenicus gilviventris e o kea. Tamén existen algúns insectos adaptados ao clima frío e a Apteryx haastii.

A pesar das condicións climáticas, os Alpes son ricos en flora alpina. Preta do 25% das plantas neozelandesas habitan esta rexión. As plantas adaptadas a ese clima rigoroso son dos xéneros Hebe, Dracophyllum, Coprosma, Podocarpus nivalis e Carex.

Áreas protexidas editar

 
As montañas dos Alpes do Sur

Os Alpes do Sur son practicamente inaccesíbeis e polo tanto conservan a súa vexetación orixinal. Con todo, os Alpes están protexidos por varios parques nacionais como:

Notas editar

  1. "Alpes do Sul" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar