Alpes

cadea de montañas situada en Europa Central

Os Alpes (alemán: Alpen; italiano: Alpi; francés: Alpes; grego: Αλπεις; occitano: Aups/Alps; romanés: Alps; eslovaco. Alpe) son o sistema de montañas máis altas e extensas situadas totalmente en Europa.[1] Exténdense dende Francia ó oeste ata Austria e Eslovenia ó leste, e dende Alemaña o norte ata Italia e Mónaco no sur así mesmo tamén atravesa a meirande parte de Suíza e Liechtenstein.[2] O seu pico máis alto é o Mont Blanc con 4.810,45 metros de altitude[3], situado na fronteira franco-italiana ou moi preto dela, xa que a masiva demarcación da fronteira nunca foi consensuada. Os Alpes forman unha barreira de 1 200 quilómetros entre o Mediterráneo e o Danubio

Alpes
Foto por satélite dos Alpes
Mapa orográfico da cordilleira.
Localización
Continente/sEuropa
País/esAustria Austria
Francia
Alemaña Alemaña
Suíza Suíza
Italia Italia
Eslovenia Eslovenia
Liechtenstein Liechtenstein
RexiónEuropa Central
Coordenadas45°50′1.0″N 6°51′54.0″L / 45.833611, -6.865000Coordenadas: 45°50′1.0″N 6°51′54.0″L / 45.833611, -6.865000
Datos
SubsistemaAlpes Occidentais, Centrais e Orientais
Principais cumesMont Blanc
Cota4.810 m msnm
Superficie190.000 km2
Lonxitude1200 km
Ancho300 km
Orientaciónleste/oeste
TipoOroxenia Alpina
RíosRío Rin
Río Ródano
Río Po

Debido á súa importancia de abastecemento dos caudais de ríos importantes europeos, como o Po ou o Rin, regando ricas terras de cultivo, ó seu redor situáronse desde a prehistoria diversos pobos, principalmente celtas como os borgoñóns, leucos, longobardos, helvecios e posteriormente, xermánicos no noroeste ou pobos itálicos logo da conquista da Gallia Cisalpina por Xulio César.

Hai unha organización especial para a protección dos Alpes chamado o Convenio dos Alpes.

Etimoloxía editar

Non se sabe de certo se foron os celtas, os romanos ou os xermanos quen bautizaron os altos picos alpinos, existindo varias etimoloxías posibles, por exemplo:

  • Os pobos celtas foron uns dos primeiros poboadores da zona, xa que preto de alí desenvolveron a súa primeiras manifestacións culturais, coñecidas como La Tène, antes de estenderse polo resto de Europa. Estes pobos denominaban alpe en xeral a toda montaña escarpada.
  • A palabra Alpes puido formarse a partir de albus, termo latino para definir branco, ou a partir de alb, termo celta equivalente, sendo en ambos os casos unha alusión á intensa coloración branca que presentan os cumes nevados desta cordilleira.
  • Na mitoloxía antiga dos xermanos, Alp era un espírito aéreo que moraba no cume das montañas máis escarpadas baixando de cando en vez a perturbar a tranquilidade dos habitantes das poboacións próximas.
  • Outra etimoloxía relaciona a palabra Alpes co significado de val, o que poñería de relevo que cando foron bautizados non interesaban as cimas, senón os pastos altos.
 
Vista do Mont Blanc desde Aiguille du Midi.

Descrición física editar

Son numerosas as montañas de máis de catro mil metros.

Con criterios xeolóxicos e xeográficos pódense dividir en tres sectores diferenciados:

  • Occidentais, que irían desde as primeiras elevacións cerca do mar Mediterráneo ata o Valais. Os Alpes Marítimos e o macizo do Mont Blanc son os bloques máis importantes.
  • Centrais, desde o Valais ata os Grisóns. Todo o Valais co macizo máis importante dos Alpes, o Monte Rosa e o Oberland.
  • Orientais, que abarcan o resto da cordilleira cara ao leste e o sur. O Tirol, os Alpes Xulianos e os Dolomitas son as formacións máis importantes. As últimas elevacións nesta dirección chegan ata as primeiras doutro gran macizo: os Cárpatos.

Véxase tamén os Alpes italianos.

Xeografía editar

 
Os Alpes esténdense desde Francia no oeste ata Eslovenia no leste, e desde Italia no sur ata Alemaña no norte.

Os Alpes están situados na Europa central e teñen a forma característica dunha media lúa que se estenden en forma de arco ao longo de 800 quilómetros de leste a oeste e cun máximo de 200 km de ancho, a altura media do pico das montañas e de 2,5 km. Conten numerosos picos que superan os 4.000 metros de altitude.

Con criterios xeolóxicos e xeográficos pódense dividir en tres sectores diferenciados:

  • Os Alpes Occidentais, que irían desde as primeiras elevacións preto do Mediterráneo ata o Valais. Os Alpes Marítimos, o macizo da Vanoise, o dos Écrins e o macizo do Mont Blanc son os bloques máis importantes.
  • Os Alpes Centrais, desde o Valais ata os Grisóns. Todo o Valais co macizo máis importante dos Alpes, o Monte Rosa, o Oberland e o grupo do Bernina.
  • Os Alpes Orientais, que abarcan o resto da cordilleira cara ao leste e o sur. O Tirol e os Dolomitas son as formacións máis importantes. As últimas elevacións nesta dirección chegan ata as primeiras doutro gran macizo: os Cárpatos.

O macizo dos Alpes é un sistema de cordilleiras que se estende ao longo de máis dun milleiro de quilómetros, desde a Bocchetta di Altare en Italia, ata Viena, en Austria. Oito estados comparten este conxunto montañoso: Italia, Francia, Mónaco, Suíza, Austria, Liechtenstein, Alemaña, e Eslovenia. Con numerosos picos de máis de 4.000 metros, con ausencia de grandes pasos e invernos rigorosos, estas montañas constituíron e seguen constituíndo unha importante barreira natural. Con todo o macizo é dos máis poboados e industrializados do mundo, grazas á súa posición xeográfica no corazón da Europa da Revolución Industrial.

Límites xerais editar

 
Foto tomada por Copernicus Sentinel 3A

A cadea alpina presenta unhas delimitacións máis ou menos claras alí onde as montañas perden altura:

  • Como fronteira entre os Alpes e os Apeninos adóitase tomar á Bocchetta di Altare, a 459 msnm. Este límite esténdese ao longo do percorrido da autoestrada A6.
  • O mar Mediterráneo baña os contrafortes do sueste dos Alpes Occidentais, nas provincias de Imperia e Savona na Liguria, e o departamento dos Alpes Marítimos, a Provenza-Alpes-Costa Azul.
  • Os vales escavados polos ríos Argens, Verdon e Durensa separan os Prealpes meridionais doutros macizos máis marítimos como o de Mouros, o da Santa Bauma ou o Monte Venturi.
  • O val do río Ródano supón a marcada separación en sentido sur-norte entre os Alpes Occidentais e o Macizo Central Francés ata onde recibe as augas do río Isère. A partir de aquí o Isère segue os límites alpinos ata o cóbado de Voiron, onde unha liña sur-norte dunha trintena de quilómetros enlaza de novo o Ródano á altura da desembocadura do Guiers. Neste punto e ata o lago Léman na beira dereita do Ródano atópase a cordilleira do Xura.
  • Unha paisaxe pouco accidentada a uns 500 msnm enlaza en trinta quilómetros o lago Lemán co de Neuchâtel, a partir do cal o río Aar fai de fronteira dos Alpes e o Xura ata que desemboca no Rin.
  • A Selva Negra queda separada dos Alpes polo Rin e o lago Constanza, pero a delimitación exacta é posiblemente máis ao leste, ao sur de Baviera, onde a cordilleira alpina perde progresivamente altura ata converterse nunha grande extensión de outeiros coñecida como os Prealpes bávaro.
  • Unha vez en Austria o Danubio transcorre polo norte dos Alpes e sepáraos da maior parte da Selva de Bohemia, aínda que algunhas pequenas zonas ao sur do Danubio pertencen xeoloxicamente ao macizo bohemio. A Selva de Viena, no suroeste da cidade, supón o extremo nororiental dos Alpes xa que na outra beira do Danubio, a unha cincuentena de quilómetros de Viena, atópanse os Pequenos Cárpatos.
  • A plana Panónica constitúe a fronteira oriental dos Alpes entre Viena e Eslovenia.
  • A parte máis suroriental da cadea alpina atópase en territorio esloveno, onde os vales que enlaza a autoestrada A1 pódense tomar de referencia de división entre os últimos macizos alpinos e os primeiros dos Alpes Dináricos.
  • Dentro da Península Itálica, as chairas Furlan, veneciana e Plana padana contrastan claramente coas elevacións dos Alpes e sepárano dos Apeninos.

Esta delimitación dos Alpes é subxectiva e aberta a discusión, xa que responde a criterios xeolóxicos, altimétricos, históricos ou políticos, segundo as zonas. Coa mesma subxectividade pódese dividir a cordilleira en Alpes Occidentais, Centrais e Orientais.

Orixe editar

A formación desta cordilleira é complexa, produto dunha serie de movementos tectónicos producidos durante o Mesozoico (era Secundaria, 245 a 65 millóns de anos) e o Cenozoico (na súa primeira parte, da era Terciaria), que abarcaron desde o Magreb ata os Urais. A existencia de grandes fosos mariños nestas rexións e a súa posterior pechadura debida á converxencia das placas continentais africana e europea provocou enormes pregamentos, en sentido norte e oeste primeiro, e despois en sentido sur e leste.

Estes pregamentos foron a causa de que as placas sedimentarias de superficie fosen desprazadas nas mesmas direccións que os pregamentos. Aínda así, en tempos posteriores aos movementos de compresión, déronse pregamentos de extensión, por flexión das zonas levantadas, cousa que deu lugar á difícil orografía actual dos Alpes.

Descrición física editar

Son numerosas as montañas de máis de catro mil metros.

Con criterios xeolóxicos e xeográficos pódense dividir en tres sectores diferenciados:

  • Os Alpes Occidentais, que irían desde as primeiras elevacións cerca do mar Mediterráneo ata o cantón suízo de Valais. Os Alpes Marítimos e o macizo do Mont Blanc son os bloques máis importantes.
  • Os Alpes Centrais, desde o Valais ata os Grisóns. Todo o Valais co macizo máis importante dos Alpes, o Monte Rosa e o Oberland.
  • Os Alpes Orientais, que abarcan o resto da cordilleira cara ao leste e o sur. O Tirol, os Alpes Xulianos e os Dolomitas son as formacións máis importantes. As últimas elevacións nesta dirección chegan ata as primeiras doutro gran macizo: os Cárpatos.

Véxase tamén os Alpes italianos.

Xeoloxía e oroxenia editar

Os Alpes forman unha parte dun cinto oroxénico do Terciario de cadeas montañosas, chamada cinto Alpide, que se estende polo sur de Europa e Asia dende o Atlántico ata chegar ao Himalaia. Este cinto de cadeas montañosas formouse durante a oroxenia Alpina. Un oco nesas cadeas en Europa central separa os Alpes dos Cárpatos cara ao leste. A oroxenia produciuse de forma continua e o afundimento tectónico é o culpable das brechas existentes no medio.

Os Alpes xurdiron como resultado da colisión das placas tectónicas africana e europea. Exerceuse unha enorme tensión sobre os sedimentos da conca do océano Tetis, que se atopaba ao leste das placas, e os seus estratos do Mesozoico e principios do Cenozoico foron empurrados cara á estable masa terrestre de Eurasia pola masa do norte de África. A meirande parte deste proceso ocorreu durante as épocas do Oligoceno e o Mioceno. A presión formou grandes pregos recostados, que xurdían do que era o océano Tetis que foi empurrado cara ao norte, acotío rempéndose e deslizándose as unhas sobre as outras ata formar xigantescos acabalgamentos. As rochas cristalinas do fondo, que están ao descuberto nas rexións centrais máis altas, son as rochas que formaron o Mont Blanc, o Matterhorn e os picos máis altos dos Alpes Peninos o do Hohe Tauern.

Os catromiles dos Alpes editar

Artigo principal: Catromiles dos Alpes.
 
A Barre des Écrins, 4.101 m, macizo des Écrins.
 
Gran Paradiso, 4.061 m, Grupo do Gran Paradiso.
 
O Mont Blanc é o cume máis alto dos Alpes.
 
As Aiguilles du Diable "Agullas do Diaño", un grupo de cinco agullas do macizo do Mont Blanc nos contrafuertes orientais do mont Blanc du Tacul. Son, da menos á máis elevada e de noroeste a sueste: L'Isolée, (4.114 m); la pointe Carmen (4.109 m); o pointe Médiane (4.097 m); o pointe Chaubert (4.074 m) e o Corne du Diable (4.064 m).
 
Monte Cervino / Matterhorn, 4.478 m, Alpes Peninos ou de Valais.
 
Dom, 4.545 m, Alpes Peninos ou de Valais.
 
Finsteraarhorn, 4.273,9 m, Alpes Berneses.
 
Piz Bernina, 4.049,1 m, Grupo do Bernina.

Así como nos Andes a elevación das montañas máis importantes pasa os seis mil metros e no Himalaia os oito mil, os Alpes como cordilleira explícase como unha sucesión de montañas de máis de catro mil metros.

Está claro que o seu número pode variar en función dos criterios con que se determine se unha elevación ou outra é un cume independente ou non. En 1994 a UIAA publicou unha lista oficial dos catromiles dos Alpes, combinando tres criterios, topográfico, morfolóxico e alpinístico. Resultou así unha lista "oficial" UIAA dos catromiles dos Alpes con 82 cimas. A UIAA aclara que a lista pretende ser principalmente para montañeiros. Polo tanto, non se basea só en criterios topográficos (que son, en calquera caso, o elemento principal), senón tamén en criterios complementarios, máis subxectivos, que poderían cambiar durante a evolución do alpinismo. Hai puntos topográficos que superan os 4.000 msnm e que, con todo, non se reputan cimas independentes porque, por exemplo, a súa prominencia é inferior aos 30 m., por iso se excluirón da lista "oficial". Así, excluíronse Il Roc (4026 msnm) cun desnivel de 28 m ou o Pic Eccles (4041 msnm) con desnivel de ao redor de 20 m. Esa lista de 82 cimas é a que se toma como referencia no alpinismo. Por exemplo cando o alpinista esloveno Miha Valič fixo as 82 cumes en solitario e no inverno en 102 días do 27 de decembro de 2006 ao 7 de abril de 2007.[4]

A lista oficial da UIAA é a seguinte

1. Macizo des Écrins: 2

2. Grupo do Gran Paradiso: 1

3. Macizo do Mont Blanc: 28

4. Alpes Peninos o do Valais: 41

5. Alpes Berneses: 9

6. Grupo do Bernina: 1

Separadamente desta lista oficial de 82 cimas, hai unha lista ampliada doutras 46 cimas por encima dos 4.000 msnm que non satisfacían os criterios de selección, ata sumar un total xeral de 128 cimas. Nela atópanse, por exemplo, Rochers de la Topurnette (4677 m) no macizo do Mont Blanc ou o Ostspitze (4632 m) dos Alpes Peninos.

Glaciares editar

Artigo principal: Glaciares dos Alpes.

Os glaciares alpinos actuais son restos da gran glaciación cuaternaria e continúan, ademais, en constante e rápido retroceso. Pese a isto, con datos do final do século XX, pódense contar moitos glaciares, repartidos por toda a cordilleira. Os máis extensos, de leste a oeste, son:

 
O glaciar Aletsch con piñeiros que crecen nas ladeiras
  • O glaciar Aletsch (Aletschgletscher), co Konkordiaplatz, que forma un conxunto de 130 quilómetros cadrados de superficie. A súa lingua esténdese durante unha lonxitude de 27 quilómetros. É o glaciar máis extenso da Europa continental.
  • O glaciar de Gorner (Gornergletscher), no Valais, cunha extensión de 68 quilómetros cadrados e un percorrido de 12 quilómetros. O clima seco daquela zona aféctalle moito e é un dos glaciares no que se aprecia mellor o fenómeno de recesión.
  • O glaciar Argentière, perpendicular ao val de Chamonix por encima do pobo de Argentière no departamento da Alta Savoia; xa no macizo do Mont Blanc, co conxunto de glaciares que o forman, ocupa 24 quilómetros cadrados e ten un percorrido de cinco quilómetros. Este glaciar tivo durante o último século espectaculares movementos de avance, provocados pola acumulación na súa parte media de neve caída das cristas laterales, e chegou a afectar no seu movemento algunhas instalacións da estación de esquí que hai á zona. De todos os xeitos, e pese a estes avances, desde o 1900 a súa zona de fusión subiu uns 400 metros.
 
Zona do Mont Blanc, Mer de Glace ("Mar de Xeo") no primeiro plano.
  • A Mer de Glace (Mar de xeo), en Vallée Blanche, tamén no macizo do Mont Blanc, con seis quilómetros de percorrido. Desde o comezo do século XX (en 1908) e como un atractivo turístico pódese visitar -a súa base- co ferrocarril de Montenvers, que sae de Chamonix. Cando se construíu este ferrocarril, a estación de chegada quedaba a uns cincuenta metros do nevoeiro, e hoxe queda case a trescentos.
  • Glaciar des Bossons (Bossonsgletscher). O xeo que o formou baixa -en parte polo menos- desde o pico do Mont Blanc e ten unha forte pendente media, duns 45º, o que fai que sexa unha dos glaciares alpinos de máis rápido desprazamento, uns 190 metros anuais. Só outros glaciares alpinos máis pequenos e empinados superan esta velocidade.
  • Morteratsch , situado na Alta Engadina , no cantón dos Grisóns . Este glaciar é a máis longa da Suíza occidental. Orixínase no Piz Bernina e percorre 7 km.

Flora editar

Nos Alpes, os hábitats veñen determinados pola altitude; así, ata os 600 ou 800 metros de altura, alí onde foi posible, as terras dedicáronse aos cultivos: alfalfa, millo, trigo, uva, patacas e árbores froiteiras son os cultivos máis frecuentes.

A continuación as zonas boscosas: faias, carballos e coníferas de moitas especies, das cales hai algunhas de folla caduca que chegan, nos lugares adecuados, ata dous mil metros de altitude. En xeral, con todo, por encima dos 1.500 metros, alí onde se formou terra suficiente para soportalo, dominan os prados de herba e os pastos.

O piñeiro sen dúbida predomina nas zonas de bosque e alta montaña. Hai varias especies destes, como o piñeiro manso ou o piñeiro rubio.

Fauna editar

 
Rebezo.
 
Aguia real.
 
Salamántiga.

Os Alpes teñen unha fauna salvaxe diversa e variada que se adaptou ao relevo accidentado e ás altitudes extremas destes lugares. Desde o pé dos Alpes ata o pico máis alto que é o Mont Blanc, a fauna varía segundo a altitude. Esta cadea de montañas, no corazón de Europa, é a cordillera máis importante e máis urbanizada do mundo, pero aínda así é moi rica en biodiversidade. Algunhas especies están confinadas a ambientes de alta montaña, outras vironse obrigadas pola presión exercida polo ser humano a permanecer nos seus hábitats orixinais.

Mamíferos editar

Aves editar

Réptiles e anfibios editar

  • Salamántiga alpina (Salamandra atra)
  • Tritón alpino (Mesotriton alpestris)
  • Cobra de colar (Natrix natrix)
  • Áspide (Vipera aspis)
  • Víbora cornuda (Vipera ammodytes)

Clima editar

O clima varía dependendo das zonas altitudinais (pisos térmicos). Polo xeral, ata os 1.000 m predomina un clima temperado cunhas precipitacións de entre 500–800 mm ao ano e unhas temperaturas medias de -3 °C e 5 °C no inverno e entre 16 °C e 22 °C no verán.

A partir dos 1.000 metros de altitude as temperaturas baixan aínda máis e as precipitacións soben situándose por encima dos 1.000 mm anuais, as temperaturas medias de verán están ao redor de 10 °C no verán e entre os -10 °C e os -3 °C no inverno e as precipitacións son maioritariamente de neve de novembro a abril.

A 1.800 m debido aos efectos da altitude o clima alpino é aínda máis extremo, as precipitacións están ao redor dos 2.000 mm anuais, mentres que as temperaturas están normalmente baixo cero entre 6 e 9 meses ao ano oscilando entre os 3 °C e os 9 °C no verán e por baixo dos -8 °C no inverno, e a neve cóbreo todo de outubro a xuño.

Por encima dos 3.000 m está a zona dos glaciares e a neve perpetua con temperaturas medias mensuais case sempre por baixo dos 2 ou 0 °C.

A orientación do relevo editar

Nos Alpes, a orientación do relevo resulta un factor modificador do clima de enorme importancia. Como as montañas e serras e como a Cordilleira dos Alpes en xeral, oriéntanse de leste a oeste, as vertentes ou ladeiras que se orientan ao sur teñen climas moito máis cálidos e asollados (vertente de solaina) que as do norte (vertentes de avesío).

O home nos Alpes editar

A ocupación humana na cordilleira é relativamente moderna. Considérase que fai só uns cinco mil anos que empezaron a instalarse as primeiras poboacións permanentes. Os grandes glaciares, no seu retroceso, liberaron grandes extensións de terras chairas, cubertas co paso do tempo por sedimentos fértiles, nas dúas vertentes da cordilleira, que no seu momento serían ocupadas polo ser humano, no seu proceso de expansión.

Non é ata a época da conquista romana que se teñen datos históricos sobre a poboación humana nos Alpes. Naqueles momentos atopar habitadas por tribos de orixe celta como os nantuates, veragros, sedunos, os retianos, os salasos ou os lepontinos. As invasións romanas desde o sur e as xermánicas (longobardos) desde o norte empuxaron grupos de poboación a ocupar vales dun ou outro lado da cordilleira, atravésando os elevados portos de montaña, cousa que explica a alternancia das diversas culturas idiomáticas.

Consecuencia dos movementos de poboación son as linguas que actualmente se falan: o italiano, en pártea sur, o esloveno no sueste, o francés que domina en exclusiva a parte nor-oeste, o alemán en pártea norte e en Suíza e no Tirol.

O romanche (ou retorromano) é a lingua común na zona dos Grisóns e a parte alta do val do Rin. Esta lingua ten, ademais, numerosos dialectos, pero entre todos son apenas utilizados por unhas cincuenta mil persoas. O ladino dolomita fálase en Italia, aínda que está restrinxido practicamente á zona dos Dolomitas, e aos vales do sueste suízo. En forma de dialectos, moi mesturado co romanche e sen a categoría de lingua escrita, fálase en zonas do Tirol.

Durante todo o século XX e tamén actualmente, os Alpes convertéronse nun destino mundial de primeira orde do turismo. Co fondo paisaxístico que os caracteriza, construíronse un número importante de estacións invernais para a práctica do esquí alpino. Algunhas son moi importantes, outras só teñen un pequeno remonte, sito -é o caso de pequenos pobos nas zonas rurales de Austria- en ocasións ao mesmo patio da escola pública da localidade.

A práctica do alpinismo atrae cada verán a miles de practicantes, que permanecen, en moitos casos, a tempada enteira. De igual xeito, os amantes do sendeirismo e do trekking danse cita cada verán nos Alpes nun crecente número de practicantes. Pobos como Chamonix convértense no punto de partido de treks como o Tour do Mont Blanc ou o Tour das Agullas Vermellas.

Así mesmo, na primavera, as ascensións e travesías de esquí de montaña dan vida a pobos e refuxios remotos, en vales apartados, a miúdo fóra das correntes turísticas máis importantes.

Todas estas actividades deron lugar a unha verdadeira industria da montaña, que ademais se está levando a cabo cun notable respecto pola contorna, excepto naturalmente no caso das estacións de esquí. Esta industria está sendo moi contestada durante as últimas décadas: limitáronse as novas instalacións e retiráronse aquelas que por calquera razón quedaban fóra de servizo.

Son numerosos os grupos de carácter conservacionista e que teñen unha considerable influencia á sociedade, que velan por impedir a desnaturalización da cordilleira.

 
Vista panorámica.

Adscrición política editar

Artigo principal: Países alpinos.

Actualmente os Alpes están administrativamente repartidos entre catro estados: Francia, Suíza, Austria e Italia, polo menos con respecto aos grandes macizos, posto que tamén Mónaco, Eslovenia, Alemaña e Liechtenstein teñen dentro das súas fronteiras algúns contrafortes da importante cordilleira.

Notas editar

  1. Helicon, ed. (2014). "Alps". The Hutchinson unabridged encyclopedia with atlas and weather guide. Abington, United Kingdom. (require subscrición (?)). 
  2. "Alpine Convention" Arquivado 29 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Alpine Conferences. Consultado o 3 de agosto de 2012
  3. "Mont Blanc shrinks by 45cm in two years" (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  4. "Todos los Cuatromiles de los Alpes... en invierno y solitario". Montañismo y exploración (en castelán). 18 de abril de 2007. 
  5. As cotas que indica a UIAA fíxanse en base aos seguintes criterios:
    1) para as cimas situadas no territorio dunha nación úsanse as cotas da cartogtrafía máis recente da mesma nación;
    2) para as cimas sobre a liña de fronteira con cotas diversas, indícanse as cotas das dúas nacións limítrofes.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar