A alolactosa é un disacárido formado por D-galactosa e D-glicosa unidas por enlace O-glicosídico β1-6 [1][2], polo que o seu nome sistemático é D-galactopiranosil (1→6)-D-glicosa [3]. É similar á lactosa, pero esta ten enlaces β(1-4). Pode orixinarse pola transglicosilación ocasional da lactosa catalizada polo encima β-galactosidase.

Alolactosa.

A función biolóxica principal da alolactosa é a de ser un indutor do operón lac da bacteria Escherichia coli [4]. A alolactosa actúa uníndose a unha subunidade do represor lac tetramérico [5][6], o cal, cando pode funcionar normalmente, reprime o funcionamento do operón uníndose ao operador lac, pero cando a lactosa se une a el sofre cambios conformacionais que reducen a súa afinidade co operador do operón, polo que se disocia do operador e non pode reprimir o operón. Esta ausencia de represor activo causada pola alolactosa fai que o operón poida transcribir os seus xenes, polo que a alolactosa funciona como un indutor do operón.

Un análogo non hidrolizable da alolactosa é o isopropil β-D-1-tiogalactopiranósido (IPTG)[7], que se usa en bioloxía molecular para inducir o operón lac.

Notas editar

  1. PubChem
  2. ChemSpider
  3. CHEBI
  4. François Jacob; Jacques Monod (1961). "Genetic regulatory mechanisms in the synthesis of proteins". Journal of Molecular Biology 3 (3): 318–56. PMID 13718526. doi:10.1016/S0022-2836(61)80072-7. 
  5. lac repressor Arquivado 12 de setembro de 2009 en Wayback Machine. by David S. Goodsell.
  6. Lewis, M. The lac repressor. PMID 15950160}}
  7. Hansen LH, Knudsen S, Sørensen SJ (1998). "The effect of the lacY gene on the induction of IPTG inducible promoters, studied in Escherichia coli and Pseudomonas fluorescens". Curr. Microbiol. 36 (6): 341–7. PMID 9608745. doi:10.1007/s002849900320. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2000. Consultado o 30 de outubro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar