Almada Negreiros

artista portugués

José Sobral de Almada Negreiros, nado en Trindade (San Tomé) o 7 de abril de 1893 e finado en Lisboa o 15 de xuño de 1970, foi un artista multidisciplinar, pintor, escritor, poeta, ensaísta, dramaturgo e novelista portugués vinculado ao grupo modernista ou vangardista. Tamén foi un dos principais colaboradores da revista Orpheu.

Almada Negreiros
Nome completoJosé Sobral de Almada Negreiros
Nacemento7 de abril de 1893
Lugar de nacementoIlla de San Tomé
Falecemento15 de xuño de 1970
Lugar de falecementoLisboa
NacionalidadePortugal
Ocupaciónpoeta, pintor, escritor, dramaturgo, deseñador gráfico e actor
PaiAntónio Lobo de Almada Negreiros
CónxuxeSarah Afonso
PremiosGran oficial da Orde militar de Santiago da Espada
Na rede
Discogs: 1848252 WikiTree: Sobral_Almada_Negreiros-1 Find a Grave: 243793342 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Almada Negreiros naceu na Roça da Saudade, freguesía da Trindade, San Tomé e Príncipe, o 7 de abril de 1893. Foi o primeiro fillo de António Lobo de Almada Negreiros, tenente de cabalaría natural de Aljustrel, administrador do Concello de San Tomé, e da súa muller Elvira Sobral de Almada Negreiros, unha mestiza con fortuna paterna natural desa illa e que morreu en 1896. Os primeiros anos da súa infancia pasounos en San Tomé. En 1900 o seu pai foi nomeado encarregado do Pabillón das Colonias na Exposición Universal de París; Almada e o seu irmán António foron internados no Colexio Xesuíta de Campolide, Lisboa, onde estarán ata 1910, despois de que en outubro de 1910 coa revolución republicana a escola foi pechada e Almada entrou na Escola Internacional, tamén en Lisboa.

En 1913 tivo a súa primeira exposición individual, mostrando 90 debuxos. En 1915, xunto con Fernando Pessoa e Mário de Sá-Carneiro, publicou poemas e textos no Orpheu revista artística, que introduciu a arte e literatura vangardista en Portugal. Este ano mesmo Almada Negreiros escribiu o famoso Manifesto Anti-Dantas e por extensión, un humorístico ataque contra o máis tradicional e burgués da xeración máis vella. De 1915 é O Sonho da Rosa, .

En 1917, co obxectivo de presentar ao público portugués a estética Futurista, Almada Negreiros publicou, xunto con Santa-Rita Pintor, a revista Portugal Futurista, escribindo o Ultimátum Futurista, ("Ultimátum Futurista ás xeracións portuguesas do século "). Promoveu unha conferencia, Sessão Futurista.

Entre os anos 1918 e 1920 viviu en París. Para axudarse traballou como bailarín e como obreiro nunha fábrica. En 1920 regresou a Lisboa. En 1925 produciu dúas pinturas para o famoso café en Lisboa, A Brasileira. En 1927 foi a Madrid onde escribiu para varias publicacións españolas, incluídas Cronica e La Farsa. Neste tempo mesmo escribiu El Uno, tragédia de la Unidad.

Xa en Portugal, nos anos seguintes a súa produción artística foi moi abundante converténdose nun artista clave no vangardismo portugués, influído polo Cubismo e, principalmente, polo Futurismo. A súa función durante o réxime autoritario de António de Oliveira Salazar foi aínda así ambigua, actuando como un artista (facendo murais públicos, pinturas ou carteis de propaganda) e un provocativo crítico da sociedade portuguesa do seu tempo.

En 1934 casou coa pintora Sarah Afonso (13 de maio de 1899 -14 de decembro de 1983). En 1934 a parella tivo o seu fillo único, José Afonso de Almada Negreiros.

Foi tamén un actor e un bailarín, entendendo que todas as formas de arte están intimamente enlazadas.

Proxección editar

Almada Negreiros é unha figura destacada no panorama artístico portugués do século XX. Esencialmente autodidacta (non frecuentou ningunha escola de ensino artístico), a súa precocidade levouno a dedicarse desde moi mozo ao deseño de humor. Mais a notoriedade que adquiriu no inicio de carreira préndese por enriba de todo coa escrita, interventiva ou literaria. Almada tivo un papel particularmente activo na primeira vangarda modernista, con importante contribución para a dinámica do grupo ligado á Revista Orpheu, sendo a súa acción determinante para que esa publicación non se restrinxise á área das letras. Aguerrido, polémico, asumiu un papel central na dinámica do futurismo en Portugal: "Se á introversión de Fernando Pessoa se debe o heroísmo da realización solitaria da gran obra que hoxe se recoñece, ao activismo de Almada débese a vibración espectacular do «futurismo» portugués e doutras oportunas intervencións públicas, en que era preciso dar a cara".[1]

Mais a intervención pública de Almada e a súa obra non marcaron só o primeiro cuarto do século XX. Ao contrario de compañeiros próximos como Amadeo de Souza-Cardoso e Santa-Rita, ambos mortos en 1918, a súa acción prolongouse ao longo de varias décadas, sobrepóndose á da segunda e terceira xeración de vangardistas[2]. A contundencia das súas intervencións iniciais iría despois abrandar, cedendo o lugar a unha actitude máis lírica e construtiva que abriu camiño para a súa obra plástica e literaria da madureza. Eduardo Lourenço escribe: "Estraño arco de vida e arte o que une Almada «Futurista e todo», Narciso do Exipto da provocante xuventude, ao mago hermético correcto de encontrar os anos 40, «a chave» de si e do mundo no «número imanente do universo»".[3]

Almada é tamén un caso particular no modo como se posicionou en termos de carreira artística. Estivo en París, como case todos os demandantes a artista entón facían, mais fíxoo desfasado dos compañeiros de xeración e por un período curto, sen verdadeiramente se inserir co medio artístico parisiense. E se París foi para el pouco máis do que un punto de paso, a súa segunda permanencia no estranxeiro revelouse aínda máis atípica. Residiu en Madrid durante varios anos e o seu regreso ficou asociado á decisión de se centrar definitiva e exclusivamente en Portugal.

Ao longo da vida traballou nunha enorme diversidade de áreas e medios de expresión, deseño e pintura, ensaio, novela, poesía, dramaturxia, até o bailado, que Fernando de Azevedo clasifica de "fulgurante dispersión".[3] Sen se fixar nun dominio único e preciso, o que emerxe é sobre todo a imaxe do artista total, inclasificábel, onde o todo supera a suma das partes. Tamén neste aspeto Almada se diferencia dos seus pares máis notábeis, Amadeo de Souza-Cardoso e Fernando Persoa, cuxa concentración nun territorio único, exclusivo, foi condición necesaria á realización das obras máximas que nos deixaron como legado.

Personalidade incontornábel, a inserción de Almada Negreiros na vida e na cultura nacionais é extremamente complexa; segundo José Augusto França, del fica sobre todo a imaxe de "portugués sen mestre" e, tamén, traxicamente, "sen discípulos".[2]

Exposicións retrospectivas editar

  • Almada – Trinta Anos de Desenho, SPN, Lisboa, xuño de 1941.
  • Almada – a cena do corpo, Centro Cultural de Belém, Lisboa, 27 de outubro de 1993 a 15 de xaneiro de 1994.

Algunhas obras editar

  • 1915 | Frisos, Orpheu vol. 1, pp. 51–59 (prosas) | A Cena do Ódio (poesia) | A Engomadeira (novela) | O Sonho da Rosa (bailado, realización) | Manifesto Anti-Dantas e Por Extenso
  • 1916 | Manifesto em apoio a 1.ª exposição de Amadeo de Souza Cardoso - Liga Naval de Lisboa | Litoral (poesía) | Mima Fataxa Sinfonia Cosmopolita (narración) | Saltimbancos (narración).
  • 1917 | Ultimatum Futurista às Gerações Portuguesas do Século XX (conferencia, publicada na revista Portugal Futurista) | K4, O Quadrado Azul (novela)
  • 1918 | O Jardim da Pierrette (bailado)
  • 1919 | Histoire du Portugal par Coeur (poema en prosa).
  • 1921 | O Menino do Olhos de Gigante (poesía) | A Invenção do Dia Claro
  • 1924 | Pierrot e Arlequim (teatro).
  • 1925 | Nome de Guerra (narración); editado en 1938 | Autorretrato num grupo (pintura).
  • 1926 | A Questão dos Painéis; a história de um acaso de uma importante descoberta e do seu autor (ensaio)
  • 1929 | Decoración murais, Cine San Carlos, Madrid | Deseja-se Mulher / SOS (teatro), 1928-29.
  • 1932 | Direção Única (conferencia).
  • 1933 | Arte e Artistas (conferencia).
  • 1935 | Maternidade (pintura).
  • 1936 | Duplo Retrato (pintura), 1934-36.
  • 1938 | Vitrais para a Igrexa de Nosa SEñora de Fátima, Lisboa, 1934-38.
  • 1940 | Vitrais, Pabillón da Colonización, Exposición do Mundo Portugués, Lisboa.
  • 1942 | Homenagem a Luca Signorelli (pintura).
  • 1947 | Pinturas murais na Gare Marítima de Alcântara, 1945-47.
  • 1948 | Pinturas murais na Gare Marítima da Rocha do Conde de Óbidos, 1946-48.
  • 1950 | Theleon e a Arte Abstrata (palestra) | A chave diz: faltam duas tábuas e meia de pintura no todo da obra de Nuno Gonçalves (ensaio).
  • 1954 | Retrato de Fernando Pessoa (pintura).
  • 1961 | Decoración das fachadas de edificios na Cidade Universitaria de Lisboa: Facultade de Direito; Facultade de Letras; Reitoria, 1957-61.
  • 1969 | Começar, deseño inciso na parede do adro de entrada da sede da Fundación Calouste Gulbenkian, Lisboa, 1968-69.
 
Almada Negreiros en pintura de Bottelho.

Notas editar

  1. Gonçalves, Rui Mário (2005). Almada Negreiros: O menino de olhos de gigante (en portugués). Caminho. ISBN 972-21-1689-4. 
  2. 2,0 2,1 França, José Augusto (1991). A Arte em Portugal no Século XX, 1911-1961 (en portugués). Bertrand Editora. ISBN 972-25-0045-7. 
  3. 3,0 3,1 Lourenço, Eduardo (1982). «"Almada - Mito e Mitos de Almada"». In: A.A.V.V. Os Anos Quartenta na Arte Portuguesa (en portugués). Eduardo. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.