Allvar Gullstrand

Allvar Gullstrand, nado en Landskrona o 5 de xuño de 1862 e finado en Estocolmo o 28 de xullo de 1930, foi un oftalmólogo sueco.

Infotaula de personaAllvar Gullstrand
Nome orixinal(sv) Allvar Gullstrand Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1862
Landskrona () Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1930, 68 anos
Estocolmo (Suecia)
Lugar de sepulturaCemitério do Norte (pt) Traducir, Kvarter 15E, gravnummer 32 (1931–) 59°21′22″N 18°01′27″L / 59.3562, 18.0242 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSuecia
País de nacionalidadeSueca
EducaciónUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballooftalmoloxía
Ocupaciónoftalmólogo , médico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEdvin Gullstrand (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Medicina (1911)

WikiTree: Gullstrand-8 Find a Grave: 8889 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciou os seus estudos en Landskrona para logo inscribirse na facultade de medicina da Universidade de Uppsala e graduarse na Universidade de Estocolmo en 1888. En 1891, obtivo o nomeamento como profesor docente na área de Oftalmoloxía no Instituto Karolinska, en 1894 a xefatura de Oftalmoloxía na Universidade de Uppsala. Abandonou a cirurxía oftalmolóxica en 1914, para dedicarse á investigación sobre instrumentos ópticos como Profesor de Fisioloxía Óptica na mesma universidade.

Gullstrand contribuíu cumpridamente á oftalmoloxía clínica e á cirurxía oftalmolóxica mediante as súas teorías e investigacións: Deseñou a lámpada de hendidura e o oftalmoscopio libre de reflexo, desenvolveu técnicas cirúrxicas para o tratamento do simbléfaron e unhas lentes correctoras para empregar despois das intervencións de cataratas e redefiniu a teoría da acomodación.

Foi galardoado co Premio Nobel de Medicina en 1911 polas súas investigacións matemáticas sobre a refracción da luz a través do medio transparente do ollo vivo. Gullstrand foi o único individuo que rexeitou e aceptou un premio Nobel o mesmo ano. Ademais de ser un oftalmólogo clínico, tamén foi un brillante investigador.