Alianza Democrática (Chile)

A Alianza Democrática foi unha coalición electoral e de goberno chilena que existiu entre 1942 e 1947. Foi formada o 7 de outubro de 1942, conformada polo Partido Radical, Partido Socialista, Partido Comunista, Partido Democrático e o Partido Socialista dos Traballadores (até xuño de 1944, cando se incorporan os seus militantes ao PC). Estivo apoiada pola Confederación de Traballadores de Chile.

É a continuación da Fronte Popular, tras a morte de Pedro Aguirre Cerda. O candidato presidencial, o radical Juan Antonio Ríos, gañou as eleccións de 1942. Este estableceu un goberno que tiña como base os principais partidos da Alianza Democrática, aínda que xa no inicio da administración de Ríos, a alianza ténsase con presións ao goberno repetidamente. Ao morrer Ríos no cargo (1946), a alianza empeza unha rápida deterioración que, non obstante, logra triunfar nas eleccións presidenciais novamente coa candidatura de Gabriel González Videla, mais esta acábase disolvendo a mediados de 1947, derivando posteriormente na ilegalización do Partido Comunista de Chile.