Alfredo Oscar Saint-Jean
Alfredo Oscar Saint-Jean, nado en Chascomús o 8 de novembro de 1926 e finado no mesmo lugar o 1 de setembro de 1987, foi un militar arxentino que ocupou brevemente a presidencia da Nación durante a última ditadura militar tras a renuncia de Leopoldo Galtieri. Saint-Jean estivera á fronte da secretaría xeral do exército e da carteira de Interior durante o goberno de Galtieri, desde a cal fora responsable da represión policial da manifestación "Paz, pan e traballo".
Alfredo Oscar Saint-Jean | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1926 |
Lugar de nacemento | Buenos Aires |
Falecemento | 2 de setembro de 1987 |
Lugar de falecemento | Chascomús |
Soterrado | Cemiterio de La Chacarita |
Nacionalidade | Arxentina |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Colégio Militar da Nação |
Ocupación | militar e político |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tras a caída de Galtieri o 17 de xuño de 1982, debida á derrota arxentina na Guerra de Malvinas, Saint-Jean padeceu o desprestixio asociado á pobre actuación das forzas terrestres no conflito armado. O disenso interno entre o representante do exército na Xunta Militar, o entón xeral Cristino Nicolaides, e os xefes da armada, Jorge Isaac Anaya e da aviación, Basilio Lami Dozo, permitiulle ocupar interinamente o cargo de Presidente ata o nomeamento o 22 de xuño de Reynaldo Bignone, quen asumiu inmediatamente o cargo, anunciando o inicio do proceso de entrega do poder ás autoridades civís.
Saint-Jean foi procesado pola comisión de 33 delitos nos distintos cargos que ocupou, sobre todo como xefe da Subzona 12, centro e oeste da provincia de Buenos Aires. Quedou en liberdade pola aplicación das leis de Punto Final e Obediencia Debida.
Predecesor: Leopoldo Galtieri (de facto) |
Gobernante de facto, autotitulado presidente 1982 |
Sucesor: Reynaldo Bignone (de facto) |