Alfreda Markowska

activista polaca

Alfreda Noncia Markowska, nada o 10 de maio de 1926 e finada o 30 de xaneiro de 2021, foi unha muller polaca de etnia xitana que durante a segunda guerra mundial salvou a vida duns cincuenta nenos xudeus e xitanos do Holocausto e do xenocidio de Porraimos.

Infotaula de personaAlfreda Markowska

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1926 Editar o valor em Wikidata
Galitsia, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xaneiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Gorzów Wielkopolski, Polonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRomani people in Poland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Markowska naceu nun tabor xitano que recorría unha zona de Stanisławów, na rexión de Kresy da Segunda República Polaca. En 1939, a invasión alemá de Polonia sorprendeuna en Lviv (actualmente parte de Ucraína). Despois de que a Unión Soviética invadise tamén Polonia como parte do pacto Ribbentrop-Molotov entre Iosif Stalin e Adolf Hitler, o seu labor trasladouse á parte de Polonia ocupada polos alemáns. En 1941, os alemáns asasinaron a todos os membros da súa familia (entre 65 e 85 persoas), incluídos os seus pais e irmáns, nunha masacre preto de Biała Podlaska, onde ela foi a única supervivente.

Pasou varios días buscando nos bosques locais a fosa común da súa familia. Dirixiuse a Rozwadów, onde en 1942, á idade de 16 anos, casou. Mentres visitaban Stanisławów, ela e o seu home foron capturados nunha redada na rúa pola policía ucraína, que os entregou aos alemáns, pero a parella logrou escapar. Posteriormente, víronse na obriga de trasladarse a guetos xitanos en Lublin, Lodz e Bełżec, pero tamén fuxiron deles e establecéronse en Rozwadów, onde os alemáns organizaran un campo de traballo para xitanos.[1]

Misións de rescate editar

 
Alfreda Markowska na cerimonia de entrega da Orde de Polonia Restituta polo daquela presidente de Polonia, Lech Kaczyński.

En Rozwadów, Alfreda foi contratada no ferrocarril e logrou obter un permiso de traballo (Kennkarte) que lle deu certa protección contra novas detencións. Dedicouse a salvar a xudeus e xitanos, especialmente nenos, da morte a mans dos nazis. Viaxaba a lugares onde se producían masacres de poboacións xudías ou xitanas, e buscaba superviventes. Markowska levábaos á súa casa, agochábaos e obtiña documentos falsos que os protexían dos alemáns. Calcúlase que salvou persoalmente uns 50 nenos.[1] Anos máis tarde, cando se lle preguntou por que non tivera medo de axudar, declarou que naquel momento non esperaba superar a guerra ela mesma, polo que o medo non fora un problema.[2]

En 1944, os soviéticos liberaron a zona. Por mor da política do Exército Vermello de recrutar á forza para as súas filas aos xitanos, Markowska xunto co seu marido e algúns dos nenos que salvara (incluídos algúns nenos alemáns que intentaron fuxir dos soldados soviéticos) fuxiu cara ao oeste, primeiro ao centro de Polonia e logo aos chamados "Territorios Recuperados" na actual Polonia occidental.[1]

Trala guerra, as autoridades comunistas da República Popular de Polonia iniciaron unha campaña para obrigar aos xitanos a asentarse e abandonar o seu estilo de vida tradicional. Como resultado, ela e a súa familia viviron primeiro preto de Poznan, en Przeźmierowo[3] e posteriormente, despois de morrer o seu marido, en Gorzów Wielkopolski.[2]

En outubro de 2006, Alfreda Markowska foi condecorada coa Cruz de Comandante con Estrela da Orde Polonia Restituta por salvar nenos xudeus e xitanos durante a segunda guerra mundial. O daquela presidente de Polonia, Lech Kaczyński, gabouna "polo seu heroísmo e a súa valentía fóra do común, polo seu excepcional mérito ao salvar vidas humanas".[4]

Markowska morreu o 30 de xaneiro de 2021, á idade de 94 anos.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gierliński, K. (outubro de 2006). "Piękne życie Alfredy Markowskiej" (PDF). Romano Atmo (5): 10–11. Archived from the original on 10 de decembro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Szabłowski, Witold (8 de abril de 2013). "Alfreda Markowska zwana Nońcią". pp. 1–3. Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  3. "Wyborcza.pl". www.wysokieobcasy.pl. Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  4. Caban, Agnieszka Mirosława. "Alfreda Markowska: Bohaterka trzech narodów (A Heroine of Three Nations)". Panorama Kultur. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2014. 
  5. "Nie żyje babcia Nońcia". www.radiogorzow.pl. Consultado o 24 de febreiro de 2021.