Alforfa

especie de planta

Para a planta cultivada forraxeira chamada alforfa, véxase artigo alfalfa.

Alforfa
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Trifolieae
Xénero: Trigonella
Especie: T. foenum-graecum
Nome binomial
'Trigonella foenum-graecum'
L.
Sinonimia
  • Foenugraecum sativum Medik. 1787
  • Foenugraecum officinale Moench 1794
  • Buceras odoratissima Medik. 1787
  • Telis foenum-graecum (L.) Kuntze 1891
  • Medicago foenum-graecum (L.) E.H.L.Krause in Sturm 1900
  • Folliculigera foenum-graecum (L.) Pasq. 1867
  • Buceras foenum-graecum (L.) All.
  • [1]

A alforfa[1] (Trigonella foenum-graecum) é unha planta fabácea, planta con flor, anual de entre 20 e 50 cm de altura con follas compostas de tres partes oblongas.

Florece en primavera. As súas follas son vilosas, as flores brancas e o froito é unha vaíña longa con sementes amarelas, duras e de aroma agradábel.

Medra salvaxe polo sur de Europa, mais a súa orixe establécese no suroeste asiático, lugar onde existen plantacións hoxe en día, aínda que se cultiva en todo o mundo como penso, ademais de ser un ingrediente importante da cociña da India e Tailandia, e ter propiedades tales como ser un dixestivo ou aumentar o leite materno.

Usos editar

O uso desta planta nas actividades humanas é moi antigo, sábese que era unha das plantas empregadas polos exipcios nos procesos de embalsamado (talvez polo seu peculiar aroma). Os usos desta planta foron moi diversos e pode dicirse que acompaña a humanidade desde os seus comezos. Un exemplo disto último pode encontrarse na interconexión do árabe no que a alforfa exprésase mediante a palabra hulba mentres que no chinés mandarín a palabra é hu lu ba.

Culinario editar

Debido ás calidades aromáticas da alforfa emprégase como especia na cociña dalgúns países e no seu uso culinario tómanse tanto as follas como as sementes procedentes do seu froito en forma de vaiña e que adoita conter entre dez e vinte sementes, cun aspecto duro e cadrado.

As sementes na gastronomía da India tómanse desecadas enteiras e ás veces lixeiramente torradas para realzar o seu sabor, ou moídas, pero para iso hai que poñelas en remollo antes. O emprego das sementes enteiras son un dos ingredientes da halawa. As sementes hai que usalas con moderación xa que ten un lixeiro sabor amargo, non obstante se se torran, débese facer con precaución xa que se se pasan potenciase o amargor.

As follas verdes en Tailandia son tomadas crúas en ensaladas. No Iemen empréganse as follas como condimento principal no prato denominado saltah. A alforfa emprégase na cociña de Irán na receita do qormeh sabzi.

Medicina editar

Na medicina tradicional asocióuselle a propiedade de facilitar a dixestión, é ideal no tratamento de sinusites, conxestión pulmonar, reduce a inflamación e combate as infeccións (http://www.theepicentre.com/Spices/fenugree.htmlArquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.). A semente da alforfa úsase amplamente como galactogogo (axente produtor de leite) por nais lactantes. Asociouse tamén co incremento do tamaño de mamas. Pódese encontrar en presentación de cápsulas en tendas nutricionais (http://commons.wikimedia.org/wiki/Trigonella_foenum-graecum). Tamén incrementa o apetito e úsase no tratamento da anorexia, posúe tamén un efecto anabólico pola súa composición química, aumentando, a masa corporal, o apetito, a saúde mental e mellorar os ciclos de sono.

Os suplementos de alforfa demostraron reducir os niveis de colesterol, triglicéridos e lipoproteínas de baixa densidade en persoas, así como en modelos experimentais de hipercolesterolemia e hipertrigliceridemia (Basch et al., 2003). Algunhas probas en humanos demomstraron que os efectos antidiabéticos das sementes de alforfa aminoran moitos dos síntomas asociados con diabetes tipo I e II, tanto en humanos como en modelos animais (Bash et as., 2003; Sinnivas, 2005). A alforfa encóntrase comercialmente en forma encapsulada e recoméndase como suplemento dietético para o control da hipercolesterolemia e diabetes na medicina alternativa.

Notas editar

  1. Nome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009

Véxase tamén editar

Outros artigos editar