Alfonso Piñón

comerciante e xornalista galego

Alfonso Piñón Teijido, nado en Ferrol, foi un comerciante e xornalista galego.

Infotaula de personaAlfonso Piñón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoFerrol Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , comerciante Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioBernardino de Lamas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1914 trasladouse a Coruña.[1] Colaborou en El Correo Gallego, Vida Gallega e El Pueblo Gallego, onde asinaba co pseudónimo Bernardino de Lamas. Formou parte da Sociedade de Amigos do Campo da Coruña, que programaban excursións. Amigo de Xaime Quintanilla Martínez e Felipe Bello Piñeiro, entre 1924 e 1932 filmou imaxes documentais de Galicia, rodando cen películas de entre un minuto e minuto e medio de duración.[2] Fundou o grupo alpinista Abrente. Foi o promotor con Manuel de Pedre do Monumento ao camiñante descoñecido de Barallobre inaugurado o 1 de xullo de 1934.

 
Inauguración do monumento ao camiñante descoñecido.

Vida persoal editar

Casou en Vigo con Rosa Vázquez López en 1941.[3]

Notas editar

  1. El Correo Gallego, 9-2-1914, p. 1.
  2. "Películas gallegas", La Voz de Galicia, 20-1-1928, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 22-3-1941, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar