Alexandre de Afrodisias

Modelo:Contén texto grego

Alexandre de Afrodisias
Andrea Briosco, Aristóteles e Alexandre de Afrodisias, placa do século XVI, Museo Bode.
Nacementoséculo II
Lugar de nacementoAfrodisias
Falecementoséculo IIxuliano
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónfilósofo
editar datos en Wikidata ]
Parágrafo inicial do tratado Sobre o destino (Pros tus Autokratoras) por Alexandre de Afrodisias. Dunha edición anónima publicada en 1658.

Alexandre de Afrodisias (en grego antigo Ἀλέξανδρος ὁ Ἀφροδισιεύς) foi o máis soado dos comentaristas gregos das obras de Aristóteles. Foi alcumado, grazas á súa preeminencia, «o exéxeta» (ὁ ἐξηγητής). Foi oriúndo da cidade de Afrodisias, en Caria.

Traxectoria editar

Os seus comentarios serviron de fonte e modelo para autores gregos e bizantinos, e foron traducidos ao siriaco, árabe e latín. Atribúeselle a forma do «gran comentario», que será retomado polo peripatetismo árabe. «A exéxese de Alexandre de Afrodisias inspirábase no principio de que hai que explicar Aristóteles mediante Aristóteles. Alexandre buscaba o que Aristóteles dixo, non o que quixo dicir. Recorrendo a pasaxes paralelas da obra do Estaxirita ou doutras fontes, tentaba comprendelo. Cando non o conseguía, sinalaba as diferentes interpretacións posíbeis e propuña a que lle parecía máis conveniente; cando aquelas eran claras contentábase con emitir breves observacións»[1].

Vida editar

Chegou a Atenas cara a finais do século II. Non hai máis datos sobre a datación da súa vida que a dedicación da súa obra De fato a Septimio Severo e a Caracalla, o que indica que foi escrita entre os anos 198 e 209[2]. Chegou a dirixir o Liceo[Cómpre referencia] e a dar clases sobre filosofía peripatética.

Tivo como mestres a Herminio, a Sosíxenes o Peripatético e a Aristocles de Mesene.

Pensamento editar

 
Commentaria in Analytica priora Aristotelis, 1549

O obxectivo da súa obra foi liberar a doutrina do sincretismo de Amonio e reproducir a doutrina pura de Aristóteles. Sostivo que a razón sen desenvolver do home é material (nous ulikos) e inseparábel do corpo. Argumentou vehementemente contra a doutrina de inmortalidade. Identificou o intelecto activo (nus poietikos), grazas a cuxa acción o intelecto potencial do home convértese en real, con Deus.

Os seus comentarios ás obras de Aristóteles gozaron de enorme estima entre os árabes, quen traduciron moitos deles.

Durante o Renacemento a súa doutrina da mortalidade da alma foi adoptada por Pietro Pomponazzi, e polo seu sucesor Cesar Cremonini, (contra os tomistas e os averroístas).

Obras editar

Consérvanse comentarios de Alexandre sobre as seguintes obras de Aristóteles:

  • Primeiros analíticos (ou Analytica Priora) I.
  • Tópicos (ou Topica).
  • Meteorolóxicos (ou Meteorologica).
  • Sobre o sentido e o sensibel (ou De sensu et sensato).
  • Metafísica I-V, xunto cunha recompilación do que escribiu sobre os demais libros.

Non se conservan os comentarios que escribiu a outras obras de Aristóteles: Physica, Analytica Priora II, Analytica Posteriora, De caelo, De generatione et corruptione, e outras. Coñécese que comentou estas obras por referencias doutros autores.

Consérvanse varios escritos orixinais (non comentarios) de Alexandre. Os máis importantes son De fato (‘sobre o destino’), onde argumenta contra a doutrina estoica da necesidade, e De anima (‘sobre a alma’).

Non hai entre os especialistas unanimidade en canto á cronoloxía das obras de Alexandre[3].

En 2007 atribuíronse a Alexandre pasaxes achadas nunha copia do século XIII dun misal, o Palimpsesto de Arquímedes, escrita por un escriba chamado Ioannes Myronas[4].

Edicións editar

Varias das obras de Alexandre foron publicadas na edición de Aldo Manucio de Aristóteles (Venecia, 1495-1498)[5]. Os seus De fato e De anima foron impresas xunto ás obras de Temistio en Venecia (1534)[6]. Esta obra, que fora traducida ao latín por Grocio, foi editada por J. K. von Orelli (Zúric, 1824), e os seus comentarios sobre a Metafísica por H. Bonitz (Berlín, 1847)[7][8].

Notas editar

  1. Marie-Dominique Richard, L'enseignement oral de Platon, pp. 91-92
  2. Sharples, R. W. Alexander of Aphrodisias - On fate. Londres: Duckworth. ISBN 9780715617397. 
  3. Bergeron, Martin & Dufour, Richard. Introduction à Alexandre d'Aphrodise - De l'âme'. París: J. Vrin. ISBN 9782711619733. 
  4. "Text reveals more ancient secrets". 26 de abril de 2007. Consultado o 5 de setembro de 2007. 
  5. Manucio, A. (ed.). Opera Graece. Venecia. OCLC 8797426. 
  6. Temistio, Alexandre de Afrodisias. Omnia Themistii opera, hoc est Paraphrases, et Orationes. Alexandri Aphrodisiensis libri duo De anima, et De fato vnus. Venecia: In aedibus haeredum Aldi Manutii, Andreae Asulani. OCLC 43131205. 
  7. Alexandre de Afrodisias, Grocio. Alexandri Aprodistiensis, Ammonii Hermiae filii, Plotini, Bardesanis Syri, et Georgii Gemisti Plethonis De fato quae supersunt Graece. Zúrich: Typis Orellii. OCLC 24930961. 
  8. Aristóteles, Alexandre de Afrodisias. Alexandri Aphrodisiensis Commentarivs in libros metaphysicos Aristotelis. Berlín: G. Reimer. OCLC 10582065. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  •  Varios autores (1910-1911). «Alexander of Aphrodisias». En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and Xeneral information (en inglés) (11.ª edición). Encyclopædia Britannica, Inc.; actualmente en dominio público
  • Frede, D. (13 de octubre de 2003). Universidad de Stanford, ed. Alexander of Aphrodisias. Consultado o 5 de setembro de 2007. 
  • Merlan, Philip (1970). Alexander of Aphrodisias 1. Nueva York: Charles Scribner's Sons. pp. 117–120. ISBN 0-684-10114-9. 
  • Apelt, A. (1886). "Die Schrift d. Alex. v. Aphr.". Philolegus (xlv). 
  • Ruelle, C. (1892). "Alex. d'Aphr. et le pretendu Alex. d'Alexandrie". Rev. des etudes grecques (v). 
  • Zeller (1922). Outlines of the history of Greek philosophy. Londres, Nueva York: Longmans, Green & co. OCLC 16772309. 
  • Gili. La sillogistica di Alessandro di Afrodisia. Sillogistica categorica e sillogistica modale nel commento agli Analitici Primi di Aristotele. Hildesheim, Zuerich, Nueva York: Georg Olms. OCLC 740549218. 
  • Alejandro de Afrodisias. Acerca del alma. Acerca del destino. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-3669-3. 
  • Alejandro de Afrodisias. Sobre el destino. México: UNAM. ISBN 978-607-02-0655-9. 

Ligazóns externas editar

  • Alexandre de Afrodisias: Acerca do destino (Περι ειμαρμενεσ).