Alexandre I de Escocia

rei de Escocia de 1107 a 1124

Alexandre I de Escocia (en gáelico medieval: Alaxandair mac Maíl Coluim; en gáelico escocés: Alasdair mac Mhaol Chaluim), nado na Abadía de Dunfermline, a finais de 1077 e finado no castelo de Stirling o 23 de abril de 1124. Foi rei de Escocia.

Alexandre I
Rei de Escocia

Reinado8 de xaneiro de 1107
a 23 de abril de 1124
Nome completoAlaxandair mac Maíl Coluim
Nacementoc.1077
Dunfermline, Escocia
Falecemento23 de abril de 1124
Stirling, Escocia
PredecesorEdgardo
SucesorDavid I
Cónxuxe/sSibila de Normandía
ProxenitoresMalcolm III de Escocia
Margarida de Wessex

Na rede
WikiTree: Dunkeld-32 Find a Grave: 8412147 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Alexandre foi o quinto fillo de Malcolm III de Escocia e a súa segunda dona, Margarida de Escocia.

Reinado editar

Alexandre sucedeu ao seu irmán, o rei Edgardo de Escocia. Os territorios da coroa, segundo o testamento deste, foron divididos entre Alexandre (a coroa e Escocia ao norte de Forth de Clyde) e David (distrito sur e condado de Cumbria). Cumbria era unha terra que, ademais de ser parte de Cumberlandia, incluía ao Sur, con excepción da rexión de Lothian.

Foi un rei forte, apoiou a Igrexa, e fundou unha abadía na illa de Inchcolm, no estuario de Forth. Fundou ademais outras abadías e algúns bispados, construíu catedrais e igrexas. Aínda que era mecanicamente vasalo de Inglaterra, disuadiu aos bispos escoceses de aceptar a autoridade de York, e nomeou o biógrafo da súa nai, Rugot, como San Andrés

Os seus restos están na abadía de Dunfermline.

Ao morrer sen herdeiro lexítimo, foi sucedido polo seu irmán David I de Escocia.

Matrimonio editar

Casou en 1107 con Sibila de Normandía (1092-1122), filla de Sibila Corbet, como se dicía na época, e de Henrique I, mais non tiveron descendencia.

O seu fillo bastardo Malcom Macheth (1110-1168) foi nomeado primeiro conde de Ross en 1157.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Edgardo de Escocia
 
Rei de Escocia

11071124
Sucesor:
David I de Escocia