Alexander Graham Bell

Alexander Graham Bell, nado en Edimburgo o 3 de marzo de 1847 e finado en Baddeck, Canadá, o 2 de agosto de 1922, foi un científico e inventor escocés. Está considerado, non sen polémica, o primeiro inventor do teléfono.[1] Bell foi tamén responsable de avances importantes na tecnoloxía da aviación.

Infotaula de personaAlexander Graham Bell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1847 Editar o valor em Wikidata
Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1922 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Beinn Bhreagh, Canadá (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Diabetes mellitus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBeinn Bhreagh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do consello directivo Instituto Smithsoniano
24 de xaneiro de 1898 – 20 de febreiro de 1922
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBrodhead-Bell-Morton Mansion (en) Traducir (1883–1889) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1882–1922)
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (1847–1882) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Royal High School, Bath (en) Traducir
University College de Londres
Royal High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura183 cm Editar o valor em Wikidata
Peso111 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPatologias da fala, linguagem e auditivas (pt) Traducir e telefonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , empresario , inventor , enxeñeiro , enxeñeiro eléctrico , catedrático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto Smithsoniano Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua de sinais e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMabel Gardiner Hubbard (1877–1922) Editar o valor em Wikidata
FillosElsie May Grosvenor, Marian Fairchild (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlexander Melville Bell Editar o valor em Wikidata  e Eliza Bell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1745080 Musicbrainz: 9dd93d09-24b4-41f1-a48b-ef48b07499c3 WikiTree: Bell-115 Find a Grave: 2125 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Profesor na Universidade de Bostón,[2] e coa axuda do seu colaborador Thomas Watson, e o patrocinio dos pais de George Sanders e Mabel Hubbard (con quen casaría o 11 de xullo de 1877), inventou o teléfono, un aparello para transmitir o son a longas distancias, grazas á transformación do son en impulsos eléctricos, patentado o 7 de marzo de 1876.[2]

En 1880, Bell recibiu o premio Volta da Academia Francesa de Ciencias. Investiu o diñeiro obtido con este premio (50 mil francos) no desenvolvemento dun novo proxecto, o fotófono, en colaboración con Charles Sumner Tainter. O invento intentaba transmitir o son utilizando un raio de luz, un precursor da fibra óptica. Tamén traballou nun dos primeiros sistemas de gravación de sons coñecido, baseado en imprimir un campo magnético para reproducir sons. A idea foi abandonada ao non poderse construír un prototipo; con todo, os principios básicos atoparían aplicacións prácticas case un século máis tarde, nas cintas magnéticas e as computadoras.

En 1882, Bell obtivo a cidadanía dos Estados Unidos por naturalización. Foi fundador, en 1888, da National Geographic Society, da que foi o seu segundo presidente.

Notas editar

  1. A este repecto, existen diverxencia de opinións, con xente demandando que o italiano Antonio Meucci fora o inventor verdadeiro; así, en xuño de 2002, a Cámara de Representantes dos Estados Unidos aprobou un acordo simbólico que recoñecía oficialmente a Meucci polas súas contribucións á invención do teléfono. Amais, outro sector reclama esa honra para Elisha Gray, o fundador da Western Electric Manufacturing Company. Cada un destes homes inventou pola súa conta un teléfono.
  2. 2,0 2,1 "Alexander Graham Bell Laboratory Notebook, 1875-1876". World Digital Library. 1875-1876. Consultado o 2013-07-23. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar