Alessandro Farnese (duque de Parma)

xeneral español e duque de Parma

Alessandro Farnese, nado en Roma o 27 de agosto de 1545 e finado en Arras (Francia) o 3 de decembro de 1592, foi un xeneral español e duque de Parma.

Alessandro Farnese
Nacemento27 de agosto de 1545
Lugar de nacementoRoma
Falecemento3 de decembro de 1592
Lugar de falecementoArras
SoterradoSanctuary of Santa Maria della Steccata
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade de Alcalá
Ocupaciónmilitar, diplomático e militante
PaiOctávio Farnésio
NaiMargarida de Parma
CónxuxeMaria de Portugal, Duquesa de Parma e Piacenza
FillosRanuccio I Farnésio, Margarida Farnésio e Eduardo Farnésio
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro
Na rede
WikiTree: Farnese-13
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Margarida de Parma e polo tanto neto de Carlos I. Estudou na Corte española e casou con María de Portugal. En 1571 destacou na batalla de Lepanto como man dereita de Juan de Austria. No 1574 ordénaselle dirixi-los terzos españois en Italia, cos que se dirixiu a Flandres para defende-los intereses da coroa. No 1578 seguindo a recomendación do seu fillo Xoán, Filipe II nomeouno gobernador dos Países Baixos.

Durante o seu goberno tomou Maastricht e confirmou a vixencia do Edicto Perpetuo, tratado polo cal Filipe II era recoñecido como único monarca lexítimo dos Países Baixos e a católica como a única relixión. Nos seguintes anos, combatendo contra a Unión de Utrecht comandada por Guillerme de Orange, Farnesio tivo que ceder algunhas prazas importantes: Cambrai, Antuerpen... Pero cos asasinatos do duque de Anjou e de Guillerme de Orange, líderes da Unión de Utretch, os terzos españois recuperaron Bruxelas, Gante e Antuerpen (1585).

No 1587 defende Flandres contra a invasión inglesa comandada polo duque de Leicester.

En 1590 entra en Francia para defende-los intereses da Liga Católica e derrota a Henrique IV na batalla de Ligny. Logo liberou vilas como Nimega e Rúan, e venceu a Henrique IV unha vez máis na batalla de Aumale. Falecería de febre tras recibir unha bala nunha das batallas en Francia.

Un terzo da Lexión Española leva na súa honra o seu nome.