Aleksandr Vinokurov

ciclista kazajo
Alexander Vinocurov

Información persoal
Nacemento Alexander Vinocurov
16 de outubro de 1973 (50 anos)
Petropavl, Casaquistán
Nacionalidade Casaquistán
Equipo
Último equipo Astaná
Equipo(s) como afeccionado
1997EC Saint-Étienne-Loire
Equipo(s) Pro
1998-1999
2000-2003
2004-2005
2006
2007
Casino
Deutsch Telekom
T-Mobile
Liberty-Seguros / Astaná
Astaná
Principais vitorias

Alexander Vinocurov, nado o 16 de setembro de 1973 en Petropavl, Casaquistán, é un ciclista casaco. É un ciclista de talle medio (1,77 m e 68 kg), especializado en probas de estrada por tiradas, e que rende ben en todo tipo de probas: contra o reloxo, montaña...

Traxectoria deportiva editar

Estudou na escola Nacional de Deportes de Alma-Atá en Casaquistán, e en 1997 pasou a formar parte do equipo afeccionado francés do EC Saint-Étienne-Loire. Fíxose profesional en 1998 no Casino e conseguiu vencer nos 4 días de Dunkerque e na Dauphiné Libéré do ano seguinte. Logo en 2000 ficha polo Deutsche Telekom, que muda de nome en 2004 polo de T-Mobile, e durante esta época figura como gregario de Jan Ullrich. Dentro deste conxunto consegue a París-Nisa (2002) e unha caída faino abandonar cando marchaba de líder na Volta a Suíza.

Pero a dopaxe comeza a aparecer na súa carreira, apartando a Jan Ullrich e converténdose el en líder do conxunto alemán en 2003. Como tal, consegue a París-Nisa dese ano, a Amstel Gold Race, a Volta a Suíza e obtén a terceira praza no Tour de Francia 2003.

Non acudiu ao Tour de Francia 2004 por lesión, pero no de 2005 obtén dúas vitorias de tirada, unha en Briançon e outra na última, a máis valiosa, nos Campos Elisios de París. Remata quinto na xeral e obtén o premio á combatividade, pero a súa rivalidade persoal con Ullrich lévao a deixar o equipo, e muda na tempada de 2006 para o Liberty Seguros.

 
Vinocurov no Tour de Francia 2007, na contra o reloxo con final en Albi que vencería el.

Pero a Operación Puerto desenvolvida pola Garda Civil española contra a dopaxe no ciclismo céntrase fundamentalmente nese novo conxunto. Ducias de corredores son implicados, o patrocinador retírase, e o equipo remodélase e pasa a chamarse Astaná, un espónsor casaco. Pero as pescudas xudiciais proseguen e, cando todo está disposto para a súa participación no Tour de 2006, a organización da rolda gala recibe unha lista de ciclistas que poderían estar implicados e onde figuran cinco nomes do Astaná. Eses corredores non poden tomar a saída, pero os outros tres non lle abondan a Vinocurov para formar equipo, e queda definitivamente fóra da proba aínda sen demostrarse a existencia da dopaxe. Pero si que pode competir na Vuelta a España uns meses despois, onde obtén a súa maior vitoria por diante de Alejandro Valverde.

En 2007 regresa ao Tour, onde vence na contra o reloxo longa e na proba de montaña pirenaica que remata en Loundevielle, pero onde encadea unha serie de resultados irregulares no resto de tiradas que dificultan a súa progresión na clasificación xeral. O 24 de xullo, durante a xornada de descanso, é expulsado da carreira e do equipo Astaná por dar positivo nun control antidopaxe. O positivo foi producido por unha transfusión de sangue homóloga (doutra persoa) recibida na xornada que venceu na contra o reloxo. O corredor negou que se dopase.

Principais vitorias editar

Medallas olímpicas
Prata ciclismo en estrada Sydney

Vida persoal editar

Vive en Mónaco coa súa muller Svetlana Vinocurova e os seus tres fillos. Era un grande amigo de Andrei Quivilev, ciclista tamén casaco que faleceu dunha caída na París-Nisa de 2003.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar