Aleksandr Dovzhenko

Aleksandr Petrovich Dovzhenko (ruso: Алекса́ндр Петро́вич Довже́нко, Aleksandr Petrovich Dovzhenko; ucraíno Олександр Петрович Довженко, Oleksandr Petrovych Dovzhenko), nado en Sosnytsia (actual Ucraína) o 10 de setembro de 1894 e finado en Peredelkino (actual Rusia) o 25 de novembro de 1956 foi un director e produtor soviético de orixe ucraína. Adoita ser citado como un dos máis importantes cineastas soviéticos, con Sergei Eisenstein e Vsevolod Pudovkin, ademais dun pioneiro da teoría soviética da montaxe.

Infotaula de personaAleksandr Dovzhenko

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(uk) Олександр Петрович Довженко Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1894 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Sosnytsia, Ucraína (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular de Ucraína
Imperio Ruso
República Socialista Soviética de Ucraína
Hetmanato
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónKyiv National Economic University named after Vadym Hetman (en) Traducir
Hlukhiv National Pedagogical University of Oleksandr Dovzhenko (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , montador , diplomático , escritor , guionista , produtor de cinema , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1914 Editar o valor em Wikidata - 1956 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto Gerasimov de Cinematografía (1955–) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Borotbista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeYuliya Solntseva (pt) Traducir (1928–1956) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0235590 Allmovie: p88158
Find a Grave: 23847786 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dovzhenko naceu no distrito de Viunyshche en Sosnytsia, actualmente no óblast de Chernihiv (Ucraína), fillo de Petro Semenovych Dovzhenko e de Odarka Ermolaivna Dovzhenko. Os seus devanceiros por vía paterna eran cosacos que se estableceron en Sosnytsia no século dezaoito, chegados da provincia veciña de Poltava. Aleksandr foi o sétimo de catorce fillos, pero debido á alta taxa de mortalidade infantil aos once anos converteuse no maior dos irmáns (só Aleksandr e a súa irmá Polina sobreviviron).

Aínda que os seus pais eran analfabetos, o semi-ilustrado avó de Dovzhenko animouno a estudar, chegando a ser mestre aos dezanove anos. Evitou o servizo militar durante a primeira guerra mundial e a Revolución Rusa a causa dunha doenza cardíaca, pero uniuse ao Partido Comunista a principios da década de 1920. Mesmo foi axudante do embaixador en Varsovia e en Berlín. Cando volveu á URSS en 1923 comezou a ilustrar libros e realizar debuxos en Khárkiv.

En 1926 comezou no cinema ao chegar a Odesa. A súa ambición fixo posible a produción do seu segundo guión, Vasya the Reformer, que tamén codirixiu. Conseguiu un grande éxito con Zvenigora en 1928, que o estableceu cun dos grandes cineastas do seu tempo. A súa "Triloxía de Ucraína" (Zvenigora, Arsenal, e Zemlya), aínda que menosprezada por algúns críticos soviéticos contemporáneos (que atopaban o seu realismo contrarrevolucionario), é o seu traballo máis coñecido en occidente. Polo seu filme Shchors, Dovzhenko recibiu o Premio Stalin (1941). Oito anos despois recibiu outro Premio Stalin por Michurin.

Durante a segunda guerra mundial traballou como xornalista de guerra para o exército soviético. Tras pasar varios anos escribindo, coescribindo e producindo filmes nos Mosfilm Studios en Moscova, converteuse en novelista. En vinte anos de carreira cinematográfica, Dovzhenko dirixiu persoalmente só sete filmes. Foi o mestre dos novos cineastas soviéticos Larisa Shepitko e Serhiy Paradzhanov.

O 25 de novembro de 1956, morreu por un ataque ao corazón na súa casa de Peredelkino. A súa dona, Yulia Solntseva continuou o seu legado, producindo filmes e completando proxectos que Dovzhenko non foi capaz de crear. Tralo seu pasamento, púxoselle o seu nome aos Dovzhenko Film Studios de Kíiv.

Filmografía editar

  • Yagodki lyubvi, 1926
  • Vasya – reformator, 1926
  • Sumka dipkuryera, 1927
  • Zvenigora, 1928
  • Arsenal, 1928
  • Zemlya, 1930
  • Ivan, 1932
  • Aerohrad, 1935
  • Bukovina, Zemlya Ukrainskaya, 1939
  • Shchors, 1939
  • Osvobozhdeniye, 1940
  • Bitva za nashu Sovetskuyu Ukrainu, 1945
  • Pobeda na Pravoberezhnoi Ukraine i izgnaniye nemetsikh zakhvatchikov za predeli Ukrainskikh sovietskikh zemel, 1945
  • Michurin, 1948
  • Proshchay, Ameryko, 1949
  • Poema o more, 1959

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dovzhenko, Alexandr (ed. Marco Carynnyk) (1973). Alexandr Dovzhenko: The Poet as Filmmaker, MIT Press. ISBN 0-262-04037-9
  • Kepley, Jr., Vance (1986). In the Service of the State: The Cinema of Alexandr Dovzhenko, University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-10680-2
  • Liber, George O. (2002). Alexander Dovzhenko: A Life in Soviet Film, British Film Institute. ISBN 0-85170-927-3
  • Nebesio, Bohdan. "Preface" to Special Issue: The Cinema of Alexander Dovzhenko. Journal of Ukrainian Studies. 19.1 (Summer, 1994): pp. 2–3.
  • Perez, Gilberto (2000) Material Ghost: Films and Their Medium, Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6523-9
  • Abramiuk, Larissa (1998) The Ukrainian Baroque in Oleksandr Dovzhenko's Cinematic Art, The Ohio State University (UMI).

Ligazóns externas editar