Aleksandr Blok

poeta ruso

Aleksandr Aleksandrovich Blok (en ruso: Александр Александрович Блок), nado en San Petersburgo o 28 de novembro de 1880 e finado na mesma cidade o 7 de agosto de 1921, foi un poeta ruso representante do simbolismo no seu país.

Infotaula de personaAleksandr Blok

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Александр Александрович Блок Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1880 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte7 de agosto de 1921 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Endocardite (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaLiteratorskie mostki Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso (–1917)
República Socialista Soviética Federativa de Rusia (1917–) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Rusia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , filósofo , xornalista de opinión , escritor , tradutor , dramaturgo , crítico literario Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoElexía, poesia narrativa (pt) Traducir e epistolografía Editar o valor em Wikidata
MovementoSimbolismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaBlok (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeLjubow Dmitrijewna Blok (pt) Traducir (1903–) Editar o valor em Wikidata
FillosAleksandr Kuleshov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAleksandr Blok (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Alexandra Beketova (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 0fdd5c78-b73b-44fe-a10b-50a0e3bb32ef Discogs: 1400119 IMSLP: Category:Blok,_Aleksandr Find a Grave: 9454905 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nacido no seo dunha familia de intelectuais refinados descendentes de Johann von Blok, quen fora médico persoal do tsar, súa nai, A. A. Beketova era escritora e seu pai foi profesor de dereito en Varsovia e máis tamén seu avó materno fora reitor da Universidade Estatal de San Petersburgo. Seus pais separáronse pouco despois de el nacer, vivindo el a maior parte do tempo co seu avó materno A. N. Beketov nas súas propiedades de Shakhmatovo, preto de Solnechnogorsk, a uns 65 quilómetros de Moscova. A súa nai volveu casar cando el tiña nove anos e o rapaz foi vivir coa parella pasando os veráns co seu avó. A lectura da filosofía de Vladimir Soloviev e da poesía de Fiodor Tiutchev e Afanasi Fet foi a principal influencia dos seus primeiros escritos, que aparecerían posteriormente no libro Ante Lucem. En 1903 casou con Lyubov Dmitrievna Mendeleeva, filla do recoñecido químico Dmitri Mendeleev, figura na que se basea para escribir o seu primeiro libro publicado Versos sobre a fermosa señora (1904-1905) no que transfigura á súa dona no ideal do eterno feminino. As imaxes místicas e idealizadas deste o seu primeiro libro fixeron del o cabeza dos simbolistas rusos. Durante o último período da súa vida enfatizou máis os temas políticos, salientando o destino mesiánico do seu país: Vozmezdie (O castigo, 1910-1921),Rodina (A patria, 1907–16); Skify (Os escitas, 1918). Influenciado polas doutrinas de Soloviev, adquiriu temores de tipo apocalíptico alternando entre a esperanza e o desespero. Púxose de parte da revolución rusa pero para 1921 estaba desilusionado con ela.