Aleksandar Đorđević

Aleksandar "Saša" Đorđević (en serbio cirílico: Александар Ђорђевић Саша, transcrito habitualmente como Sasha Djordjevic), nado o 26 de agosto de 1967 en Belgrado, Iugoslavia (actual Serbia) é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto serbio. Está considerado un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia da Euroliga. Cunha altura de 1,88 metros xogaba na posición de base. Actualmente traballa como adestrador do Fenerbahçe Beko.

Saša Đorđević
Fenerbahçe Beko
Información persoal
Nacemento 26 de agosto de 1967 (56 anos)
Iugoslavia Belgrado, Iugoslavia
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Adestrador
Información da carreira
Canteira Radnicki/Partizan
Internacional Iugoslavia Iugoslavia
Historial de equipos
Partizan (1983–1992)
Olimpia Milano (1992–1994)
Fortitudo Bologna (1994–1996)
Portland Trail Blazers (1996)
FC Barcelona (1997–1999)
Real Madrid (1999–2002)
Scavolini Pesaro (2002-2005)
Olimpia Milano (1995)

Traxectoria editar

Base titular da selección de baloncesto de Iugoslavia dos anos 1990, participou activamente na consecución de importantes éxitos internacionais como a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1996 de Atlanta, a medalla de ouro no Mundobasket de Grecia de 1998, e tres medallas de ouro en tres edicións do Eurobasket.

Chegou a xogar en Portland Trail Blazers da NBA na tempada 1996-97, aínda que o seu paso polo equipo foi breve xa que só xogou 8 partidos (61 minutos en total) nos que fixo unha media de 3,1 puntos por encontro. Tras o seu retiro como xogador profesional, iniciou a súa carreira como adestrador no club italiano Armani Jeans de Milán. En maio de 2003 obtén a nacionalidade española por carta de natureza outorgada polo consello de ministros.

Equipos editar

Palmarés editar

Títulos internacionais de Selección editar

  • 1 Medalla de Prata nos Xogos Olímpicos de 1996.
  • 1 Medalla de Ouro no Mundobasket de Grecia'1998.
  • 3 Medallas de Ouro no Eurobasket de Roma'1991, Atenas'1995 e Barcelona'1997.
  • 1 Medalla de Bronce no Eurobasket de Atenas 1987.
  • 1 Medalla de Ouro no Mundobasket Júnior de Bormio'1987.
  • 1 Medalla de Ouro no Eurobasket Júnior de Gmunden'1986.
  • 1 Medalla de Ouro no Eurobasket Xuvenil de Rousse'1985.

Títulos internacionais de Club editar

Títulos nacionais de Club editar

Distincións individuais editar

  • Elixido "Mellor Xogador" do Eurobasket de Barcelona de 1997.
  • Gañador do concurso de triplos do "ULEB All Star" de Valencia'1994.
  • Gañador do concurso de triplos do "FIBA All Star" de Tel Aviv'1997.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar