Alejandro Jodorowsky

Alejandro Jodorowsky Prullansky (o seu nome propio tamén aparece referido frecuentemente como Alexandro[1][2][3]), nado en Tocopilla o 17 de febreiro de 1929, é un artista chileno de orixe xudía-ucraína e nacionalizado francés en 1980, que destaca como escritor, lector de tarot, xamán, psicomago, caricaturista. Fundou, con Roland Topor e Fernando Arrabal, o Grupo Pánico.

Alejandro Jodorowsky
AlcumeJodo
Nacemento17 de febreiro de 1929 e 7 de febreiro de 1929
Lugar de nacementoTocopilla
NacionalidadeChile e Francia
EtniaPobo xudeu
Alma máterUniversidade de Chile
Ocupaciónescritor, director de cinema, dramaturgo, guionista, montador, escritor de ciencia ficción, filósofo, poeta, director teatral, mimo, actor, compositor, guionista de cómics, artista, monicrequeiro, escultor, ensaísta, pintor, debuxante, realizador, produtor de cinema, autor de banda desenhada, artista de banda deseñada e autor de cómics
PaiJaime Jodorowsky Groismann
NaiSara Felicidad Prullansky Arcavi
CónxuxeBernardette Landru, Valérie Tremblay e Pascale Montandon-Jodorowsky
FillosAdan Jodorowsky, Brontis Jodorowsky e Axel Jodorowsky
IrmánsRaquel Jodorowsky
Coñecido porO Incal, El Topo, A Montanha Sagrada e The Saga of The Meta-Barons
PremiosYellow Kid Award, Oficial das Artes e das Letras, Pablo Neruda Order of Artistic and Cultural Merit, Leopard of Honour e Premio Máquina do Tempo
Na rede
IMDB: nm0423524 Allocine: 11724 Allmovie: p96113
Facebook: alejandrojodorowsky Twitter: alejodorowsky Musicbrainz: 5a7ac986-0e4b-4223-ab54-d3a1878c9de2 Discogs: 1058919 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Alejandro Jodorowsky e Diego Moldes, París, 2008

Traxectoria editar

Jodorowsky chegou a México tras pasar seis anos ó lado de Marcel Marceu en París (1953), cando escribiu secuencias das súas obras The Mask e The Cage. Ó chegar a México en 1960, iníciase na meditación Zen co mestre Ejo Takata e na psicoloxía con Erich Fromm en Cuernavaca (México). Anos despois, ó volver a París, fundou o movemento pánico con Topor e Fernando Arrabal.

En 1967, o pai do seu secretario particular ofreceulle cartos para realizar a súa seguinte obra teatral. Rodou con el o seu primeiro filme, Fando y Lis, adaptación da obra homónima de Arrabal. A obra, protagonizada por Sergio Kleiner, Sergio Ramos “El Comanche”, a súa esposa Valerie e Juan José Arreola, proxectouse no festival de Acapulco en México, e Jodorowsky tivo que fuxir del por intento de linchamento.

En 1971 apareceu a súa segunda incursión cinematográfica: El Topo, western de culto instantáneo, no que participaron como actores o seu fillo Brontis, Alfonso Arau e Mara Lorenzio.

El Topo deulle recoñecemento internacional, grazas a que John Lennon, a través do seu representante Allen Klein, lle ofreceu distribuír e financiar parte do seu seguinte proxecto: The Holy Mountain (73). A estrela principal sería George Harrison, que declinou a oferta cando Alejandro lle presentou a esixencia de mostrar un primeiro plano do seu ano.[Cómpre referencia]

The Holy Mountain levouno a emprender o seu proxecto máis ambicioso, a dirección da película Dune. Jodorowsky traballou nela durante máis de cinco anos, invitando a participar a Orson Welles e Salvador Dalí (quen cobraría 100.000 dólares por unha hora e que aceptou a contragusto a oferta no seu hotel de Barcelona),[Cómpre referencia] baixo a dirección artística do debuxante francés Jean “Moebius” Girard.

Tras atrasar o proxecto varias de veces, a compañía produtora retirouse, deixando máis de 3.000 debuxos realizados por Moebius, que, anos despois, se converterían na alma do cómic L´Incal.

Despois de pasar cinco anos sen dirixir, filma Tusk (78), unha produción francesa rodada na India. Contra a súa vontade,[Cómpre referencia] dirixe The Rainbow Thief (90), protagonizada por Omar Sharif e Peter O’Toole, un dos seus maiores fracasos debido ás presións da compañía, que tomou o control do filme.[Cómpre referencia]

Jodorowsky rodou en México a súa cuarta longametraxe: Santa Sangre (1989), producida por Claudio Argento e protagonizada polos seus fillos Cristóbal e Adán.

Actualmente Jodorowsky vive en Vincennes, París, onde dá clases de tarot e conferencias sobre os seus descubrimentos (a psicomaxia e a psicoxenealoxía) no Cafe Le Temeraire do Boulevard Doumesnil.[Cómpre referencia]

O escritor galego Diego Moldes é autor da única tese doutoral feita sobre o seu cine en castelán: La imaginación simbólica en la obra cinematográfica de Alejandro Jodorowsky (Universidade Complutense, Madrid, 2010).

Notas editar

  1. Véxase a autoentrevista Arquivado 06 de xuño de 2010 en Wayback Machine. publicada na súa páxina web oficial, na cal se dirixe a si mesmo como Alexandro.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2010. Consultado o 11 de setembro de 2010. 
  3. http://www.arthurmag.com/2010/03/31/fabulas-panicas-panic-fables-by-alexandro-jodorowsky-67-68/

Obra editar

Cinematografía editar

  • Fando y Lis (México, 1970)
  • El Topo (México, 1971)
  • La Montaña Sagrada (México, 1973)
  • Tusk (1980)
  • Santa Sangre (1989)
  • El Ladrón del Arcoíris (1990)

Banda deseñada editar

  • Aníbal 5 (México, 1966), co debuxante Manuel Moro Cid.
  • El Incal (Francia, 1980), co debuxante Jean Giraud.
  • Alef-Thau (Francia, 1982), cos debuxantes Arno e logo Al Covial.
  • El Lama blanco (Francia, 1988), co debuxante Georges Bess.
  • La casta de los Metabarones (Francia, 1992), co debuxante Juan Giménez.

Literatura editar

  • Cuentos pánicos (Editorial Novaro, 1963), ilustrado por Roland Topor
  • Teatro pánico (Editorial Novaro, 1965)
  • Juegos pánicos (Editorial Novaro, 1965)
  • El Topo, fábula pánica con imágenes (Editorial Novaro, 1970), guión orixinal da película El Topo * Fábulas pánicas (1977), reimpresións das tiras publicadas no xornal Heraldo de México
  • Las ansias carnívoras de la nada (Grijalbo, 1991) Novela.
  • La trampa sagrada: Conversaciones con Gilles Farcet (Grijalbo, 1991)
  • Donde mejor canta un pájaro (Grijalbo, 1994) Novela.
  • Psicomagia, una terapia pánica (Siruela, 1995)
  • Garra de Ángel (1996),con ilustracións de Moebius
  • Antología pánica (1996), recompilación de textos por Daniel González-Dueñas
  • Los Evangelios para sanar (Siruela, 1997) Ensaio.
  • La sabiduría de los chistes (Obelisco, 1997), ilustracións de George Bess, Ensaio.
  • El niño del jueves negro (Siruela, 1999) Novela.
  • Albina y los hombres-perro (Siruela, 2000) Novela.
  • La trampa sagrada (2000) Libro de entrevistas. Edición ampliada: Editorial Chandra, 2007.
  • No basta decir (Visor, 2000) Poesía.
  • La danza de la realidad (Siruela, 2001) Memorias.
  • El loro de siete lenguas (Siruela, 2001) Novela.
  • El paso del ganso (Visor, 2001) Relatos.
  • La sabiduría de los cuentos (Obelisco, 2001) Ensaio.
  • La escalera de los ángeles (Obelisco, 2001) Ensaio.
  • El tesoro de la sombra (Siruela, 2003) Memorias.
  • Fábulas pánicas (2003), reimpresións
  • El dedo y la luna (Obelisco, 2004) Ensaio.
  • Piedras del camino (Obelisco, 2004) Poesía.
  • La vía del tarot (Siruela, 2004) Ensaio.
  • Yo, el tarot (Siruela, 2004) Ensaio e poesía.
  • El maestro y las magas (Siruela, 2006) Memorias.
  • Solo de amor (Visor, 2006) Poesía.
  • Teatro sin fin (tragedias, comedias y mimodramas) (Siruela, 2007)
  • Correo terapéutico (2008) Ensaio.
  • Manual de Psicomagia (consejos para sanar tu vida) (Siruela, 2009)
  • Pasos en el vacío (Visor, 2009) Poesía.
  • Tres cuentos mágicos (para niños mutantes) (Siruela, 2009) Contos.
  • Poesía sin fin (Editorial Huacanamo, 2009) Poesía completa.
  • Metagenealogía (Siruela, 2011) Ensaio.

Teatro editar

  • La fantasma cosquillosa (farsa iniciática) (1948)
  • La princesa Araña (1958)
  • Melodrama sacramental (1965)
  • Zaratustra (aventura metafísica) (1970)
  • El túnel que se come por la cola (auto sacramental pánico) (1970)
  • El Juego que todos jugamos (1970)
  • El mirón convertido (tragedia pánica) (1971)
  • El Ensueño (Paráfrasis de la obra de Augusto Strindberg) (1971)
  • Pedrolino (mimodrama ballet) (1998)
  • Ópera pánica (cabaret trágico) (2001)
  • Escuela de ventrílocuos (comedia absurda) (2002)
  • Las tres viejas (melodrama grotesco) (2003)
  • Hipermercado (paporreta infame) (2004)
  • El sueño sin fin (drama sublime) (2006)
  • Sangre real (drama antiguo) (2007).
  • Teatro sin fin (tragedias, comedias y mimodramas) (Ediciones Siruela, Madrid, 2007). Antoloxía teatral dos títulos anteriores.
  • Le gorille (El gorila) (2009), obra teatral inspirada no relato Informe para una academia (Ein Bericht für eine Akademie, 1917), de Franz Kafka. Estrea mundial: Maelstöm ReEvolution festival, Bruxelas, 2009. Estrea en París: Le Gorille, d’Alejandro Jodorowsky d’après Franz Kafka, Le Lucernaire (théâtre Rouge) (2010) e The gorilla The Leicester Square Theatre, Londres (2010). En decembro de 2011: Cidade de México El gorila e o 29 de xaneiro de 2012 en Madrid.