Aleix Vidal

futbolista español

Aleix Vidal Parreu, nado o 21 de agosto de 1989 en Valls, é un futbolista catalán. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Sevilla FC.

Aleix Vidal
Información persoal
Nome Aleix Vidal Parreu
Nacemento 21 de agosto de 1989 (34 anos)
Lugar de nacemento Puigpelat
Altura 1,76 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual Sevilla
Número 11
Carreira xuvenil
2000–2001 Valls
2001–2002 Barcelona
2002–2003 Cambrils
2003–2004 Gimnàstic
2004–2006 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2009 Espanyol B 2 (0)
2009Panthrakikos (cedido) 8 (0)
2009–2010 Pobla de Mafumet 31 (7)
2009–2010 Gimnàstic 2 (0)
2010–2011 Mallorca B 35 (6)
2011 Almería B 1 (2)
2011–2014 Almería 120 (17)
2014–2015 Sevilla 31 (4)
2015–2018 Barcelona 30 (3)
2018– Sevilla 5 (0)
Selección nacional
2013– Cataluña 3 (0)
2015– España 1 (0)
Na rede
Instagram: av22oficial UEFA: 250073985 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 17 de outubro de 2018.
Selección: actualizado a 26 de decembro de 2015.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Vidal asinou co RCD Espanyol en 2007 pero non chegou a debutar co primeiro equipo, rematando a súa única tempada no equipo cunha cesión ó Panthrakikos grego. O 31 de agosto de 2009, asinou co Gimnàstic de Tarragona da Segunda División,[1] pero pasou a maior parte da tempada no seu filial, o Pobla de Mafumet.

No verán de 2010, Vidal fichou polo RCD Mallorca B da Segunda División B. Ó remate da tempada, tras o descenso do equipo, fichou por outro filial, a UD Almería B.[2]

Almería editar

Vidal fixo o seu debut co primeiro equipo do Almería o 27 de agosto de 2011 contra o Córdoba CF.[3] Pouco despois incorporouse de forma definitiva ó primeiro equipo. Na súa segunda tempada, anotou catro goles en 37 partidos para axudar ó equipo a volver á Primeira División dous anos despois.

O 6 de agosto de 2013, Vidal renovou o seu contrato co Almería ata o ano 2017.[4] Fixo o seu debut na Primeira División o 19 de agosto de 2013 na derrota do Almería por 2-3 contra o Villarreal CF,[5] e anotou o seu primeiro gol un mes máis tarde, na derrota por 2-4 contra o Atlético de Madrid.[6]

Sevilla editar

O 16 de xuño de 2014, Vidal fichou polo Sevilla FC a cambio de 3 millóns de euros, e asinou co equipo andaluz un contrato de catro anos.[7] En Sevilla conseguiu a UEFA Europa League na tempada 2014-15, tras a vitoria por 3-2 contra o Dnipro Dnipropetrovsk.

Barcelona editar

O 7 de xuño de 2015, Vidal asinou un contrato de cinco anos co FC Barcelona, despois de que o equipo catalán pagase 18 millóns de euros polo seu traspaso.[8]

Estatísticas editar

Club Tempada Liga Copa Europa Total
PX Goles PX Goles PX Goles PX Goles
Gimnàstic 2009–10 1 0 0 0 - - 1 0
Mallorca B 2010–11 35 6 - - - - 35 6
Almería 2011–12 41 5 2 0 - - 43 5
2012–13 41 6 4 1 - - 45 7
2013–14 38 6 4 1 - - 42 7
Total 116 15 10 2 - - 130 19
Sevilla 2014–15 31 4 4 0 12 2 47 6
Carreira 187 27 14 2 12 2 213 31

Palmarés editar

Club editar

Sevilla

Notas editar

  1. "Gimnastic: se incorpora Aleix Vidal" [Gimnastic: Aleix Vidal added]. esFutbol. 1 de setembro de 2009. Consultado o 1 de setembro de 2009. 
  2. "Noticias del Fútbol Almeriense: El Almería B ficha a Aleix Vidal, del Mallorca, y a Javi Manzano, del Poli Ejido". Noticias del Fútbol Almeriense. 16 de xuño de 2011. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  3. Córdoba 1–1 Almería Arquivado 01 de xullo de 2012 en Archive.is; RFEF, 27 de agosto de 2011
  4. Aleix Vidal seguirá vestindo de vermello e branco ata xuño de 2017 Arquivado 10 de agosto de 2013 en Wayback Machine.; 6 de agosto de 2013
  5. Valiant Villarreal open with win Arquivado 18 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.; 19 de agosto de 2013
  6. Atleti maintain perfect start Arquivado 23 de outubro de 2013 en Wayback Machine.; 14 de setembro de 2013
  7. Aleix Vidal pasa reconocimiento médico con el Sevilla; 16 de xuño de 2014
  8. "Aleix Vidal signs up till 2020". Barcelona's official website. 7 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2015. Consultado o 7 de xuño de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar