Alcantarilla é un municipio español da Rexión de Murcia, situado na comarca da Huerta de Murcia. O seu termo municipal ten unha extensión de 16,24 km² e a súa poboación é de 41.326 habitantes (2010), cunha densidade de 2529,8 hab/km², sendo a máis alta da Rexión. A altura sobre o nivel do mar no centro urbano varía entre os 55 e os 95 metros.

Modelo:Xeografía políticaAlcantarilla
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°58′20″N 1°12′34″O / 37.972222222222, -1.2094444444444Coordenadas: 37°58′20″N 1°12′34″O / 37.972222222222, -1.2094444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia Editar o valor em Wikidata
CapitalAlcantarilla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación43.049 (2023) Editar o valor em Wikidata (2.741,97 hab./km²)
Xeografía
Superficie15,7 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude71 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación730 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataLázaro Mellado Sánchez Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal30821 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE30005 Editar o valor em Wikidata

Páxina webalcantarilla.es Editar o valor em Wikidata
A Roda de Alcantarilla co Museo etnolóxico ao fondo.

As festas son en maio e a patroa de Alcantarilla é a Nosa Señora da Saúde.

Ten tamén grande arraigamento a súa Semana Santa, onde procesionan 11 Irmandades e Confrarías agrupadas na Xunta de Irmandades Pasionarias de Alcantarilla. Entre elas, a Real Irmandade do noso Pai Xesús Nazareno e Cristo do Calvario.

Nas proximidades do seu termo municipal aséntase a Base Aérea de Alcantarilla, base do EZAPAC (Escuadrón de Zapadores Paracaidistas do Exército do Aire) e da Escola Militar de Paracaidismo Méndez Parada.

O nome vén do árabe Al-qantara, ponte; co diminutivo castelán, quere dicir pontiña (aínda que realmente e ao estar pouco estendido pouca xente sabe isto). Denominárona Qantara-Asqabach, ou Ascayata, traducido como a ponte máis próxima, á que alude Al-Idrisi, entre Murcia e Librilla, no camiño de Almería no século XII.