Albuixech
Albuixech (escrito coa actual normativa do catalá: Albuixec, oficialmente: Albuixech), é un concello da Comunidade Valenciana, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 3.793 habitantes (2008). O topónimo é de orixe árabe, Abu-Saak.
Albuixec (ca) Albuixech (ca) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarcas da Comunidade Valenciana | Horta Nord | ||||
Capital | Albuixech | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.343 (2023) (987,05 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4,4 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 7 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Ramón Nonato | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Vicente Andreu Castelló (2007–) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46550 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46014 | ||||
ARGOS ID (en) | 46014 | ||||
Páxina web | albuixech.es |
Xeografía editar
Situado na comarca da Horta Nord, atópase a 9 km da capital Valencia. É un municipio da zona costeira da horta de Valencia, distando a 2 km do centro urbano, é baixa e areosa, cunha extensión de praia de varios quilómetros. Albuixech limita coas localidades de Massalfassar, Museros e Albalat dels Sorells todas da Horta Nord.
Demografía editar
Albuixech conta cunha poboación de 3.793 habitantes en 2007.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.514 | 1.924 | 2.047 | 2.248 | 2.301 | 2.310 | 2.407 | 2.641 | 2.974 | 2.963 | 3.032 | 3.000 | 3.646 | 3.793 |
Economía editar
A economía do concello está baseada tradicionalmente na agricultura. Os cultivos de horta lógranse en rotacións intensivas moi variadas que producen tres colleitas anuais. Na actualidade gañaron peso as industrias fincadas no poligono do Mediterrani e entre elas algunhas multinacionais como Vossloh (antiga Alstom).
Gastronomía editar
O arroz é a base da cociña máis tipicamente valenciana, predominante en todo o litoral, e o prato máis coñecido é a paella, aínda que tamén destacan o "arroz abanda" (arròs abanda) prato mariñeiro ao que da o sabor dominante o peixe e os mariscos ou o "arròs amb fesols i naps", con carnes de vacún, de porco e, ás veces de pato da Albufeira.