Alberto Cova

atleta italiano

Alberto Cova, nado en Inverigo (Como) o 1 de decembro de 1958 é un atleta italiano retirado, especialista en probas de fondo (5.000 e 10.000). Logrou a medalla de ouro na proba de 10.000 m nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles.

Infotaula de personaAlberto Cova

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Inverigo, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro da Câmara dos Deputados da República Italiana (pt) Traducir
5 de abril de 1994 – 8 de maio de 1996
Lexislatura: 12th Legislature of Italy (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Altura172 cm Editar o valor em Wikidata
Peso53 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , fondista , atleta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoForça Itália (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivacorrida de fundo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1988Xogos Olímpicos de 1988
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14354564 Olympic.org: alberto-cova Editar o valor em Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Os Ánxeles 1984 10.000 m
Campionato do Mundo de Atletismo
Ouro Helsinqui 1983 10.000 m
Campionato de Europa de Atletismo
Ouro Atenas 1982 10.000 m
Prata Stuttgart 1986 10.000 m

Alberto comezou a correr na súa cidade natal (Inverigo). O seu físico miúdo fíxolle decantarse polas probas de fondo (5.000 e 10.000 metros) e polo cross. A súa forma de correr caracterizouse polo seu tremendo sprint final.

Campionato de Europa Atenas 1982 editar

No verán de 1982 celebrábase en Atenas o Campionato de Europa de Atletismo ao aire libre no que Cova se inscribiu nas probas de 5.000 e 10.000 m.

A carreira dos 10.000 m transcorreu cun ritmo lento (14´04"55 os primeiros 5.000 m) polo que á altura do 7º quilómetro un grupo de 12 corredores permanecía compacto na cabeza, nese momento o portugués Carlos Lopes avivou o ritmo quedando o grupo reducido a tan só catro corredores: Lopes, Martti Vainio, Werner Schildhauer e Cova. Na derradeira volta o portugués desfóndase pasando o finés Vainio a marcalo ritmo pero seguido de preto polo alemán oriental e por Cova. Así entran os tres na recta final onde Cova impón o seu explosivo final para lograr a medalla de ouro cun tempo de 27’41”03, Schildhauer e Vainio completarían o podio.

Na proba dos 5.000 m Cova é descualificado tras ter algúns empuxóns na carreira con outros rivais.

Campionato do Mundo Helsinqui 1983 editar

O estadio olímpico de Helsinqui foi o escenario da Iª edición do Campionato do Mundo de Atletismo.

A final dos 10.000 m transcorreu a un ritmo aínda máis lento que no Campionato de Europa (14’07”11 os primeiros 5.000 m). Ao toque da campá un grupo de cinco corredores encabeza a carreira: son os compoñentes do podio de Atenas, mais o tanzano Shahanga e outro alemán oriental Kunze. Nun primeiro instante Schildhauer intenta marchar do grupo logrando unha distancia de 30 m, pero na entrada na recta final atópanse todos reagrupados. Alberto volve amosar o seu tremendo sprint e logra in-extremis a medalla de ouro (28’01”04). Schildhauer (28’01”18) volve adxudicarse a prata secundado polo seu compatriota Kunze (28’01”26). Cabe destacar que esta foi unha das finais máis apertadas da historia dos 10.000 m con tan só 22 centésimas separando aos tres primeiros.

Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984 editar

Un mes antes da celebración dos Xogos Olímpicos o portugués Fernando Mamede lograra reducir o mítico récord de Henry Rono en case 9 segundos (27’13”81), polo que en ausencia dos rivais alemáns orientais (a causa do Boicot), Mamede e Cova eran os principais favoritos para o ouro. A metade de carreira Mamede totalmente desfondado abandona a proba, quedando a carreira nun enfrontamento entre Vainio e Cova. Cova vencerá con suficiencia sendo Vainio segundo, posteriormente o finés foi descualificado por dar positivo no control antidopaxe posterior. Por iso o podio final foi: Cova 27’47”54 – Mc Leod 28’06”22 – Musyoki 28’06”46

Palmarés editar

  • Campión de Italia: 5.000 m (1980,1981,1983 e 1985), 10.000 m (1981 e 1982), 3.000 m en pista cuberta (1981,1982 e 1984), Cross (1982,1983,1984,1985 e 1986).
  • Campión de Europa: 10.000 m (1982)
  • Campión do Mundo: 10.000 m (1983)
  • Campión Olímpico: 10.000 m (1984)
  • Subcampión de Europa: 10.000 m (1986)
  • Subcampión de Europa Indoor: 3.000 m (1982)

Marcas persoais editar

  • 5.000m: 13:10.06 Oslo 27-7-85
  • 10.000m: 27:37.59 Lausana 30-6-83